Publicacións

NOVIDADES: linguaxe musical

Imaxe
 Grazas a Impromptu editores S.L. temos novidades en linguaxe musical. Podes consultar a súa disponibilidade na  OPAC

NOVIDADES: canto

Imaxe
  Grazas á editorial Dos Acordes e á Fundación Casa-Museo Manuel María temos novidades en canto. Desde a Fundación e Casa-Museo Manuel María envíannos as partituras das cinco cancións finalistas do 2º Concurso Manuel María de composicións musicais acompañadas do cartaz anunciador da 3ª edición dese mesmo concurso. Aproveitamos para difundir esta nova convocatoria do concurso que tan boa acollida tivo nas súas dúas primeiras edicións. Pódese dispor das Bases completas na súa páxina web: Noticias - Casa-Museo Manuel María (casamuseomanuelmaria.gal) E desde a editorial Dos Acordes, tamén en nome dos autores Carlos Villar-Taboada (Universidade de Valladolid) e Carme Tubío Barreira (Universidade Autónoma de Barcelona), envían o libro Cancións Galegas do Festival de Pontevedra, volume I co desexo de ser de utilidade para o alumnado e profesorado do centro:  " o primeiro número dunha serie, con vocación de continuidade, de partituras de cancións inéditas sobre textos galegos, compostos

7 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Imaxe
 O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde, en recoñecemento á saúde como un dereito básico e universal, así como en promover o acceso a unha atención sanitaria de calidade en todas as rexións do mundo, especialmente na poboación con escasos recursos. 

SERVIZOS: venres 5 de marzo de 17h a 18h

Imaxe
       O venres 5 de abril   a   biblioteca permanecerá pechada de 17 a 18 por cuestións organizativas. Desculpade as molestias Un saúdo

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 25 de abril

Imaxe
Teatro Jofre. 25/4/24 ás 20:30 Cañizares Flamenco Quartet Cañizares (guitarra) Juan Carlos Gómez (segunda guitarra) Charo Espino (baile, castañuelas y palmas) Ángel Muñoz (baile, cajón y palmas) Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana alumnos do centro poderán asistir de balde ao concerto. Se queres asistir, mira qué doado é: 1. Data límite para reservar unha entrada:  luns 22 de abril  ás 19:00 2. As entradas se repartirán por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3. As entradas son persoais e intransferibles. A taquilla do Jofre terá un listado cos alumnos que leven entrada. 4. Os alumnos entrarán ao concerto xunto co profesor acompañante quen levará as entradas.

2 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Imaxe
Ler é liberdade. Ler é respirar. Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a  habitar mundos que nunca vas querer deixar.   Ler permítelle ao teu espírito soñar.   Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.   A plenitude do teu universo só medra cando les.   As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa que logo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.   As historias son menciña. Curan. Reconfortan.   Inspiran. Ensinan.   Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso. RICHARD VAN CAMP, AUTOR TRADUCIÓN: MERCEDES PACHECO

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 18 de abril

Imaxe
                                                    REAL FILHARMONÍA DE GALICIA                                                                                                          Fonte: Ataquilla.com Auditorio de Ferrol: 20:30 Date(s) - 18/04/2024. 20:30 - 22:30   Juan Ferrer, clarinete | Christian Vasquez, director L. Rondón, Fantasía Rucaneá* Piotr Ilich Chaikovski, Sinfonía nº 2 en do menor, Op. 17 Pacho Flores, Concerto para clarinete [*Obra encargo da OSG] Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana alumnos do centro poderán asistir de balde ao concerto. Se queres asistir, mira qué doado é: 1. Data límite para reservar unha entrada:  luns 15 de abril  ás 19:00 2. As entradas se repartirán por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3. As entradas son persoais e intransferibles. A taquilla do Jofre terá un listado cos alumnos que leven entrada. 4. Os alumnos entrarán ao concerto xunto co profesor acompañante quen levará as entradas.