Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2011

PRADES - NOVEMBRO 2011 - LEONARDO

¡Hola a tod@s ! Aquí vos deixamos un link dun video do encuentro do proxecto internacional Leonardo que se celebrou en Prades (Francia) no que participou o noso Conservatorio e ao que acudiron en representación, dous dos nosos profesores: Alexandra Pita e Sergio Pena. http://vimeo.com/32439706 Espero que vos guste.

Richard Galliano Nino Rota

Imaxe
Richard Galliano Plays Nino Rota 2011 Deutsche Grammophon   1 The Godfather : Waltz* 2 La Strada : Tema 3 I Vitelloni : Temi 4 La Strada : I tre suonatori 5 La Strada : La processione 6 Otto e mezzo : La passerella d'addio 7 La Strada : Solitudine di Gelsomina 8 La Strada : Il Circo Giraffa 9 La Strada : Il matto sul filo 10 The Godfather : Love theme 11 La Strada : Gelsomina 12 Le Notti Di Cabiria : Tema 13 La Strada : Zampanò e la vedova 14 La Strada : La partenza del convento 15 La Strada : Addio del m 17 Giulietta Degli Spiriti : (Rosa Avrata) 18 Amarcord : Le manine di primavera 19 Amarcord : Tema 20 Richard Galliano : Nino ____________________ Richard GALLIANO trombone* et accordéon Dave DOUGLAS, trompette John SURMAN, clarinette et saxophone Boris KOZLOV contrebasse Clarence PENN batterie et percussions

Richard Galliano Bach

Imaxe
Ahí van un par de referencias altamente recomendables, sobre os últimos traballos de Richard Galliano . Espero que vos guste. 2010 Universal/Deutsche Grammophon 1 Badinerie (Orchestral Suite n° 2 ) 2-4 Violin Concerto 5 Air (Orchestral Suite n° 3 ) 6 Prélude (Cello Suite n° 1 ) 7-9 Harpsichord Concerto 10 Siciliano (Sonata for Flute and Harpischord n° 2) 11 Allemande (Partita for Solo Flute ) 12-14 Concerto for Oboe & Violin 15 Contrapunctus 1 (The Art of Fugue) 16 Aria ____________________ 
 Richard Galliano accordion ,accordina, bandonéon 
 Jean-Marc Phillips. Sebastien Surel , violin 
 Jean-Marc Apap , viol /alto 
 Raphaël Pidoux cello 
 Stephane Logerot double bass/contrebasse Recorded September 2009 in Paris (France) 
 at Notre Dame du Liban

CONCERTOS SOCIEDADE FILARMÓNICA FERROLANA

¡Hola a tod@s! Gracias a Sociedade Filármónica Ferrolana (www.filarmonicaferrolana.es), 10 alumn@s do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" poderán asistir aos concertos que dende o Centro e dende o noso Blog anunciaremos. Para elo podédevos apuntar en Conserxería ao/s concerto/s que queirades. Os vindeiros Concertos e os seus programas son os seguintes: Vernes 2 de Decembro de 2011 - Teatro Jofre ás 20:30 CAMERATA DE PRAGA PROGRAMA A. Vivaldi: Concierto nº 12 en Do Mayor RV 114 G. Donizetti: Allegro en Do Mayor G. Klein: Partita para cuerdas F. Schubert: Cuarteto de cuerda nº 14 "La muerte y la doncella" Vernes 9 de Decembro de 2011 - Teatro Jofre ás 20:30 PABLO GALDO VIGO - PIANO PROGRAMA PARTE 1 J.S. BACH -Preludio y Fuga n 13 en Fa # Mayor BWV 858, Libro I -Preludio y Fuga n 16 en Sol m, Libro I -Preludio y Fuga en Do Mayor, Libro II -Preludio y Fuga Re menor, Libro II -Preludio y Fuga Do m, Libro II F.CHOPIN -Vals n 9 La b

SEMANA DE SANTA CECILIA

¡Hola a tod@s! Con motivo da festividade de Santa Cecilia, o vindeiro día 22 de Novembro, celebrarase unha serie de actos que a continuación pasamos a detallar e nos que o Conservatorio (incluíndo, como é lóxico a Biblioteca) tomará parte activa. Vernes 18 de Novembro de 2011 20:00 h. - Proxección de curtametraxes a cargo do EDLG Xan Viaño no Salón de Actos do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño". Curtametraxes:  "Vademécum, Sor Felicia" - Marisa Otero "Gústame o café" - Marisa Otero Luns 21 de Novembro de 2011 19:30 h.  - Concerto a cargo da Banda Infantil no Salón de Actos do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" Martes 22 de Novembro de 2011 19:30 h . - Concerto a cargo de David Sanmartín (Saxofón) e Ricardo Blanco (Piano) no Salón de Actos do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" Mércores 23 de Novembro de 2011 19:00 h. - Presentación dun método para Guitarra Eléctrica a cargo do profe

TRIVIAL BIBLIO-MUSICAL - NOVEMBRO

¡Hola a tod@s! Como prometimos, a continuación faremos a pregunta correspondente a este mes para o Concurso do Trivial Biblio-Musical da nosa Biblioteca. Esperamos as vosas respostas no e-mail do noso Blog:  bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com Recordade que no mail de resposta, deberá incluir o voso  nome completo, número de teléfono e número de carnet da Biblioteca (no caso dos menores de idade, poderán enviar a resposta os seus titores/pais/nais correspondentes cos datos d@ seu fill@ antes mencionados) A pregunta deste mes é: ¿En que catedral de que cidade era mestre de capela J. S. Bach cando compuxo os concertos de Brandemburgo? O LIMITE PARA O ENVÍO DAS RESPOSTAS SERÁ O VINDEIRO 30 DE NOVEMBRO Sorte a tod@s

GAÑADOR DO TRIVIAL BIBLIO-MUSICAL DO MES DE OUTUBRO

Hola a tod@s! O pasado mes de Outubro, comezamos un modesto concurso de coñecementos musicais. A resposta correcta a pregunta dese mes era: Robert Schumann O gañador deste mes é (só houbo un): Javier Rivas Rodríguez -  Rogamos que fales con Quique (o Coordinador da Biblioteca) para facerche entrega dun agasallo. Recórdovos que haberá un concurso de Trivial Biblio-Musical todos os meses (excepto no mes de Decembro). Xa podedes ver a pregunta deste mes na seguinte entrada do Blog. Gracias a tod@s pola vosa participación. Saúdos.

Concerto de Nadal

A continuación, amosámovos a "convocatoria" dun Concerto de Nadal, coordinado polas alumnas de derradeiros cursos Elena (Pianista) e Uxía (Violista): CONCERTO DE NADAL O vindeiro Xoves 1 de Decembro ás 19.30 terá lugar un concerto de alumnos para celebrar xuntos o Nadal.   Estaría ben que tocárades una panxoliña, aínda que non pasa nada se non é así. Podedes tocar individualmente ou en grupo, cantar, recitar algo… o que queirades. Se queredes actuar avisa a Elena Piano ou Uxía Viola sen dudalo moito porque o número de actuacións estará limitado. A data límite de apuntarse é o mércores 23 de Novembro.

Presentación dun método para Guitarra Eléctrica

Imaxe
Hola a tod@s! O pasado día 28 de Outubro de 2011 no periódico " El País", publicouse un artigo no que se presentaba un método de Guitarra Eléctrica, no que, un dos profesores que colaborou foi Sergio Pena (o outro é Domingo Rodríguez), profesor no noso Centro. En vindeiras datas, faremos unha presentación deste método na nosa Biblioteca: vos teremos informados. Aquí tedes dito artigo: (...) REPORTAJE Libro de texto para el 'slash' patrio Dos profesores publican el primer método de guitarra eléctrica en gallego SILVIA R. PONTEVEDRA - Santiago - 28/10/2011 El instrumento que ha revolucionado la música desde mediados del siglo XX no tiene apenas libros de texto para los que "empiezan de cero". De todos los niños que "quieren ser Slash", la mayoría se quedan al pie del escenario, zarandeando el móvil como una candela. O bien porque "su vocación era un espejismo" y hay que dedicarle horas, o porque "no tienen dónde apren

TRIVIAL BIBLIO-MUSICAL

¡Hola a tod@s! Dentro da semana das Bibliotecas, queremos inagurar unha nova actividade: o TRIVIAL BIBLIO-MUSICAL. Desexamos motivar @s diferentes alumn@s do Centro a acudir e utilizar a nosa Biblioteca, ademáis de darlle a utilización habitual, queremos que a vexades tamén como un lugar de busqueda de recursos e información, coñecemento, enriquecemento cultural... Para iso, en cada mes, propoñeremosvos esta actividade na que poderán participar @s alumn@s que sexades soci@s da Biblioteca (é dicir, con número e carnet da mesma) e teredes que contestar de xeito correcto a pregunta que vos fagamos e que terá que ver con temas que se ensinan no noso Conservatorio; para tod@s @s que acerten a pregunta haberá un agasallo. Esta mes a pregunta é a seguinte: ¿Qué músico empeñado en emular a Paganini, truncou a súa carreira como pianista ao atar o dedo medio da súa man dereita para asegurar a independencia dos dedos ao tocar e o único que acadou foi unha parálisis na súa man que ce

24 de Outrubro de 2011 - Día da Biblioteca

Imaxe
O día 24 de Outubro vense a celebrar o Día da Biblioteca, iniciativa que xurde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil no ano 1997 Nesta ocasión o lema elixido é  "Biblioteca escolar, última xeración"; a partir del, a ilustradora galega Emma Ríos fai unha interpretación, no seu persoal estilo, do mundo de soños e de información, de integración e de convivencia que pode constituír a Biblioteca Escolar e o cal podedes ver na critaleira da Biblioteca. Como parte desta "celebración", inaguraremos un "Trivial Biblio-Musical" nesta semana, onde faremos unha pergunta e, mediante mail, esperamos as vosas respostas; para a resolución de dito "misterio", podedes utilizar todos os medios da Biblioteca José Fontenla Leal. Todas as repostas correctas, terán un agasallo. Estade atentos o noso Blog Saúdos Equipo de Coordinación da Biblioteca Jose Fontenla Leal

A intelixencia musical

Imaxe
Gracias a aportación do profesor de Guitarra, Sergio Pena, aquí vos deixamos un artigo de interese aparecido no Semanal de fai dúas semanas. Esperamos que vos guste.

Concerto de acordeón

Imaxe
O pasado 15 de setembro tivo lugar no Cmus Xan Viaño de Ferrol , un concerto a cargo da acordeonista Iria García Pintos que en breve será titulada polo Conservatorio Superior de Música da Coruña . O programa de concerto foi o seguinte: Like a Water- Buffalo . Yuji Takahashi Gulag . Victor Vlasov Boite a Rythme . Franck Angelis Metamorphoses. Torbjörn Lundquist Alone. Erkki Jokinen

Estrea AGC

Imaxe
O pasado mes de xullo tivo lugar no Cmus de Lugo o Ciclo XVI da Asociación Galega de Compositores , na que se fixeron varias estreas entre as cales está unha obra para acordeón só da compositora Ermitas García Ríos, interpretada polo acordeonista Suso Iglesias. Momento do concerto Ermitas García e Suso Iglesias

Novidade do mes: "El oído musical : La preparación auditiva del niño" - Willems, Edgar

Algúns traballos pedagóxicos sobre o valor e o papel psicofísico desempeñado polos exercicios corporais exerceron unha notable influencia na pedagoxía musical e, dende fai uns cen anos, ésta enriqueceuse con valiosas experiencias e con novas e axeitadas suxerencias para favorecer o desenrolo musical da infancia. Neste sentido e na súa materia, a presente é unha das obras máis significativas da nosa época e o seu tema é tratado cunha rara habilidade, tanto técnica, como anímica, analítica e emotiva. O autor, tras analizar os distintos modos de audición e o que el chama «a intelixencia auditiva», intenta crear relacións entre as sonoridades e os movementos e establecer analoxías entre a comprensión e o esforzo constructivo, entre a sensibilidade e a intelectualidade dos nenos, entre o alumno e o profesor, entre a ciencia e a vida. Todo elo, exponse de xeito moi claramente ordeado, nun estilo salpicado de vívidas imaxes e animado con singulares cualidades de observación, de penetración ps

Curso 2011-12: Xa estamos de volta

Hola a tod@s : Comezamos un novo curso e dende a Biblioteca queremos invitarvos un ano máis a participar nas diferentes actividades do Centro e que dende a Biblioteca tratemos de organizar. Temos previsto seguer co Ciclo "Música e Cine" e vos teremos informados das vindeiras películas e as datas da súa emisión; tamén, todos os meses, dende o noso blog trataremos de dinamizar a vosa Biblioteca con actividades que impliquen a súa utilización, tanto dos medios físicos, como virtuais, a disposición de toda a comunidade educativa que forma parte da mesma, como a resolución de preguntas que poidamos plantexar dende aquí e esperamos dar premios a todos aqueles que acerten as ditas respostas: xa vos teremos informados. Faremos certas mencións, breves comentarios... a algúns libros, partituras, CD´s... ou calqueira outro documento que se rexistre na Biblioteca que o Equipo de Coordinación da Biblioteca considere de certa relevancia. Este ano, tamén, pretendemos facer un concurso

Recital final de G.P Tamara Santamariña

Imaxe
O vindeiro mércores día 1 de xuño as 20:00 h, a alumna de 6º curso de acordeón Tamara Santamariña, ofrecerá o seu recital de final de G.P no auditorio do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol, interpretando obras de G. Wuench, B. Precz, Y. Kobayashi, T. Lundquist e F. Gurbindo. Estades todos convidados.

Concerto da "Capella Groningen"

Imaxe
Para todos os bos amantes da boa música, en especial, da música coral e, para máis datos, da época  renancentista (música dos Paises Baixos durante o reinado dos reis españois Carlos I e Felipe II), recomendamosvos a asistencia ao concerto que o coro holandés "Capella Groningen" dirixido polo galego Enrique López-Cortón vai a levar a cabo en Galicia nas seguinte cidades: o día 10 de Xuño ás 20h na Colegiata de Sta. María en Coruña - o día 11 de Xuño ás 12h na Catedral de Santiago - o día 12 de Xuño ás 20h na Iglesia de San Francisco en Betanzos. Espero que vos guste. Entrada libre.

Tarde de tango no Xan Viaño

Imaxe
Onte, día 23 de maio de 2011, tivemos unha magnífica tarde de tango no conservatorio Xan Viaño de Ferrol, cos concertos da orquestra de grao profesional e o cuarteto Tiempo Cuatro, organizados pola ANPA. Gracias a todos pola asistencia.  Orquestra de grao profesional Cuarteto Tiempo Cuatro

Curso de Acordeón 2011- Profesor Fernando Fraga

Imaxe
Curso de acordeón impartido polo profesos Fernando Fraga no CMUS Xan Viaño de Ferrol a finais de Marzo e principios de Abril do 2011.  Andrea de la Fuente  Jesús, Mario, Irimia, Andrea Serantes e Manolo Cociña  Primeira fila: Sara, Irene, Tamara e Serafín  Irene  Concentración total  Tamara  Sara  Seguindo as obras...  Jesús  Serafín Grupo do curso de Acordeón 

Inaguración do blog da Biblioteca Jose Fontenla Leal do CMUS "Xan Viaño"

Benvidas e benvidos ao blog da Biblioteca José Fontenla Leal, a Biblioteca do noso centro. Comeza con el un novo foro onde podedes, e pídovos que o fagades, verter todas aquelas suxestións, propostas, actividades e ideas que teñan que ver en primeiro lugar coa Biblioteca, os seus fondos e as melloras que se podan levar a cabo nela e en segundo lugar có conxunto do Conservatorio. Estámos a facer dende vai varios anos un traballo de dinamización da Biblioteca no que estiveron e están implicados case que todo o profesorado. É un esforzo moi importante e non podo deixar de agradecerlles a todos eles o seu traballo. Agora só queda que vos o utilicedes porque para iso se creou... Parabéns a todas e todos. O Director