Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2011

Recital final de G.P Tamara Santamariña

Imaxe
O vindeiro mércores día 1 de xuño as 20:00 h, a alumna de 6º curso de acordeón Tamara Santamariña, ofrecerá o seu recital de final de G.P no auditorio do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol, interpretando obras de G. Wuench, B. Precz, Y. Kobayashi, T. Lundquist e F. Gurbindo. Estades todos convidados.

Concerto da "Capella Groningen"

Imaxe
Para todos os bos amantes da boa música, en especial, da música coral e, para máis datos, da época  renancentista (música dos Paises Baixos durante o reinado dos reis españois Carlos I e Felipe II), recomendamosvos a asistencia ao concerto que o coro holandés "Capella Groningen" dirixido polo galego Enrique López-Cortón vai a levar a cabo en Galicia nas seguinte cidades: o día 10 de Xuño ás 20h na Colegiata de Sta. María en Coruña - o día 11 de Xuño ás 12h na Catedral de Santiago - o día 12 de Xuño ás 20h na Iglesia de San Francisco en Betanzos. Espero que vos guste. Entrada libre.

Tarde de tango no Xan Viaño

Imaxe
Onte, día 23 de maio de 2011, tivemos unha magnífica tarde de tango no conservatorio Xan Viaño de Ferrol, cos concertos da orquestra de grao profesional e o cuarteto Tiempo Cuatro, organizados pola ANPA. Gracias a todos pola asistencia.  Orquestra de grao profesional Cuarteto Tiempo Cuatro

Curso de Acordeón 2011- Profesor Fernando Fraga

Imaxe
Curso de acordeón impartido polo profesos Fernando Fraga no CMUS Xan Viaño de Ferrol a finais de Marzo e principios de Abril do 2011.  Andrea de la Fuente  Jesús, Mario, Irimia, Andrea Serantes e Manolo Cociña  Primeira fila: Sara, Irene, Tamara e Serafín  Irene  Concentración total  Tamara  Sara  Seguindo as obras...  Jesús  Serafín Grupo do curso de Acordeón 

Inaguración do blog da Biblioteca Jose Fontenla Leal do CMUS "Xan Viaño"

Benvidas e benvidos ao blog da Biblioteca José Fontenla Leal, a Biblioteca do noso centro. Comeza con el un novo foro onde podedes, e pídovos que o fagades, verter todas aquelas suxestións, propostas, actividades e ideas que teñan que ver en primeiro lugar coa Biblioteca, os seus fondos e as melloras que se podan levar a cabo nela e en segundo lugar có conxunto do Conservatorio. Estámos a facer dende vai varios anos un traballo de dinamización da Biblioteca no que estiveron e están implicados case que todo o profesorado. É un esforzo moi importante e non podo deixar de agradecerlles a todos eles o seu traballo. Agora só queda que vos o utilicedes porque para iso se creou... Parabéns a todas e todos. O Director