Páginas vistas en total

martes, 25 de octubre de 2011

TRIVIAL BIBLIO-MUSICAL

¡Hola a tod@s!

Dentro da semana das Bibliotecas, queremos inagurar unha nova actividade: o TRIVIAL BIBLIO-MUSICAL. Desexamos motivar @s diferentes alumn@s do Centro a acudir e utilizar a nosa Biblioteca, ademáis de darlle a utilización habitual, queremos que a vexades tamén como un lugar de busqueda de recursos e información, coñecemento, enriquecemento cultural...

Para iso, en cada mes, propoñeremosvos esta actividade na que poderán participar @s alumn@s que sexades soci@s da Biblioteca (é dicir, con número e carnet da mesma) e teredes que contestar de xeito correcto a pregunta que vos fagamos e que terá que ver con temas que se ensinan no noso Conservatorio; para tod@s @s que acerten a pregunta haberá un agasallo.

Esta mes a pregunta é a seguinte:

¿Qué músico empeñado en emular a Paganini, truncou a súa carreira como pianista ao atar o dedo medio da súa man dereita para asegurar a independencia dos dedos ao tocar e o único que acadou foi unha parálisis na súa man que cerceñiu os seus sonos de concertista para sempre?

Todas as respostas, deberédelas enviar o mail da nosa Biblioteca: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
No mail de resposta, deberá incluir o voso nome completo, número de teléfono e número de carnet da Biblioteca (no caso dos menores de idade, poderán enviar a resposta os seus titores/pais/nais correspondentes cos datos d@ seu fill@ antes mencionados)

O LIMITE PARA O ENVÍO DAS RESPOSTAS SERÁ O VINDEIRO 10 DE NOVEMBRO


BOA SORTE

lunes, 24 de octubre de 2011

24 de Outrubro de 2011 - Día da Biblioteca

O día 24 de Outubro vense a celebrar o Día da Biblioteca, iniciativa que xurde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil no ano 1997

Nesta ocasión o lema elixido é  "Biblioteca escolar, última xeración"; a partir del, a ilustradora galega Emma Ríos fai unha interpretación, no seu persoal estilo, do mundo de soños e de información, de integración e de convivencia que pode constituír a Biblioteca Escolar e o cal podedes ver na critaleira da Biblioteca.

Como parte desta "celebración", inaguraremos un "Trivial Biblio-Musical" nesta semana, onde faremos unha pergunta e, mediante mail, esperamos as vosas respostas; para a resolución de dito "misterio", podedes utilizar todos os medios da Biblioteca José Fontenla Leal. Todas as repostas correctas, terán un agasallo. Estade atentos o noso Blog

Saúdos

Equipo de Coordinación da Biblioteca Jose Fontenla Leal

domingo, 23 de octubre de 2011

A intelixencia musical

Gracias a aportación do profesor de Guitarra, Sergio Pena, aquí vos deixamos un artigo de interese aparecido no Semanal de fai dúas semanas.

Esperamos que vos guste.


lunes, 17 de octubre de 2011

Concerto de acordeón

O pasado 15 de setembro tivo lugar no Cmus Xan Viaño de Ferrol, un concerto a cargo da acordeonista Iria García Pintos que en breve será titulada polo Conservatorio Superior de Música da Coruña.





O programa de concerto foi o seguinte:


Like a Water- Buffalo. Yuji Takahashi

Gulag. Victor Vlasov

Boite a Rythme. Franck Angelis

Metamorphoses. Torbjörn Lundquist

Alone. Erkki Jokinen

Estrea AGC

O pasado mes de xullo tivo lugar no Cmus de Lugo o Ciclo XVI da Asociación Galega de Compositores, na que se fixeron varias estreas entre as cales está unha obra para acordeón só da compositora Ermitas García Ríos, interpretada polo acordeonista Suso Iglesias.

Momento do concerto



Ermitas García e Suso Iglesias


viernes, 14 de octubre de 2011

Novidade do mes: "El oído musical : La preparación auditiva del niño" - Willems, Edgar

Algúns traballos pedagóxicos sobre o valor e o papel psicofísico desempeñado polos exercicios corporais exerceron unha notable influencia na pedagoxía musical e, dende fai uns cen anos, ésta enriqueceuse con valiosas experiencias e con novas e axeitadas suxerencias para favorecer o desenrolo musical da infancia. Neste sentido e na súa materia, a presente é unha das obras máis significativas da nosa época e o seu tema é tratado cunha rara habilidade, tanto técnica, como anímica, analítica e emotiva. O autor, tras analizar os distintos modos de audición e o que el chama «a intelixencia auditiva», intenta crear relacións entre as sonoridades e os movementos e establecer analoxías entre a comprensión e o esforzo constructivo, entre a sensibilidade e a intelectualidade dos nenos, entre o alumno e o profesor, entre a ciencia e a vida. Todo elo, exponse de xeito moi claramente ordeado, nun estilo salpicado de vívidas imaxes e animado con singulares cualidades de observación, de penetración psicolóxica e de vitalidade desbordante. Tratase, pois, dunha lectura que interesa vivamente e que ten grande utilidade pedagóxica e artística, pois ven a completar dun xeito variado e nova a cuestión da educación por e para a música, que se fixo especialmente necesaria na nosa época.

Desexo que vos guste

Curso 2011-12: Xa estamos de volta

Hola a tod@s:

Comezamos un novo curso e dende a Biblioteca queremos invitarvos un ano máis a participar nas diferentes actividades do Centro e que dende a Biblioteca tratemos de organizar.
Temos previsto seguer co Ciclo "Música e Cine" e vos teremos informados das vindeiras películas e as datas da súa emisión; tamén, todos os meses, dende o noso blog trataremos de dinamizar a vosa Biblioteca con actividades que impliquen a súa utilización, tanto dos medios físicos, como virtuais, a disposición de toda a comunidade educativa que forma parte da mesma, como a resolución de preguntas que poidamos plantexar dende aquí e esperamos dar premios a todos aqueles que acerten as ditas respostas: xa vos teremos informados.
Faremos certas mencións, breves comentarios... a algúns libros, partituras, CD´s... ou calqueira outro documento que se rexistre na Biblioteca que o Equipo de Coordinación da Biblioteca considere de certa relevancia.
Este ano, tamén, pretendemos facer un concurso para a creación dunha mascota e un lema para Biblioteca, para o cal vos invito que estedes atentos as novidades que poidamos publicar neste Blog.
Pensamos que pode haber máis actividades e vos iremos informando.
Quedamos a vosa disposición
Saúdos

O Equipo de Coordinación da Biblioteca