Curso 2011-12: Xa estamos de volta

Hola a tod@s:

Comezamos un novo curso e dende a Biblioteca queremos invitarvos un ano máis a participar nas diferentes actividades do Centro e que dende a Biblioteca tratemos de organizar.
Temos previsto seguer co Ciclo "Música e Cine" e vos teremos informados das vindeiras películas e as datas da súa emisión; tamén, todos os meses, dende o noso blog trataremos de dinamizar a vosa Biblioteca con actividades que impliquen a súa utilización, tanto dos medios físicos, como virtuais, a disposición de toda a comunidade educativa que forma parte da mesma, como a resolución de preguntas que poidamos plantexar dende aquí e esperamos dar premios a todos aqueles que acerten as ditas respostas: xa vos teremos informados.
Faremos certas mencións, breves comentarios... a algúns libros, partituras, CD´s... ou calqueira outro documento que se rexistre na Biblioteca que o Equipo de Coordinación da Biblioteca considere de certa relevancia.
Este ano, tamén, pretendemos facer un concurso para a creación dunha mascota e un lema para Biblioteca, para o cal vos invito que estedes atentos as novidades que poidamos publicar neste Blog.
Pensamos que pode haber máis actividades e vos iremos informando.
Quedamos a vosa disposición
Saúdos

O Equipo de Coordinación da Biblioteca

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

GRANDES LECTORES 22-23