Páginas vistas en total

domingo, 22 de abril de 2012

Día do Libro: Recomendación de lectura

Hola a tod@s:
Con motivo da celebración do Día do Libro, mañá Luns 23 de Abril, a profesora do noso Centro, Begoña Alvarez, quere facer unha colaboración e recomendación no noso Blog que pensamos pode ser do voso interés.
Esperamos que vos guste.

Hola a tod@s:
Hai pouco caeu nas miñas mans unha novela e quero recomendárvola: “ La décima sinfonía” de Joseph Gelinek. (2008). Plaza & Janés

Trátase da historia dun musicólogo que se ve envolto na procura dunha suposta derradeira sinfonía de Beethoven descoñecida ata agora. Daniel Paniagua, o protagonista, obsesionado por tan preciada xoia, camiña tralas pistas da mesma e sen comelo nin bebelo vese inmerso nunha trama chea de intriga, enganos e misterio.
Paréceme adoitado facer un comentario sobre a identidade oculta do autor da novela. Joseph Gelinek é o pseudónimo elexido por un pianista e musicólogo español para a publicación das súas novelas. Reproduzco unas palabras do autor dunha das poucas entrevistas concedidas vía Messenger: … la música es magia y misterio, por eso creo que la combinación de música y thriller va bien…

Esta lectura vai recomendada a partires dos 14 anos.
E como non, non podemos esquencer aos mais novos. Para vós teño unha colección que vos gustará:

Colección : “Musicando con…” Libros e CD’s
Autoras: Montse Sanuy e Violeta Monreal. Edita: Susaeta

Nesta colección atopamos entre outras obras musicais: “ La Flauta mágica”, “ El cascanueces” , “Fidelio” ou “La cenicienta”.

Os entusiasmará coñecer a vida dos seus autores que foron nenos e nenas coma vós. E as historias que se contan escoitando a súa música.

Desexo que pasedes un bó rato con eles…

E lembrade:

“Alimentade o voso intelecto e a vosa imaxinación cun bó libro”
                                                                                                                       
¡ Ata Pronto!

DÍA DO LIBRO

Hola a tod@s:

Co motivo da conmemoración do Día do Libro, mañá Luns 23 de Abril de 2012, na Biblioteca do noso Conservatorio e ca colaboración do establecemento Ferrolán situado na Calle Real, "Central Librera", haberá unha exposición e venta de libros de carácter musical que poden interesar a toda a comunidade educativa, cuns títulos e precios moi interesantes, xa que sobre o PVP, o establecemento fará un 10 % de desconto.

Esperamos vervos e que sexa do voso agrado

Feliz Día do Libro

martes, 17 de abril de 2012

TRIVIAL BIBLIO-MUSICAL

¡Hola a tod@s!

A continuación faremos a pregunta correspondente a este mes para o Concurso do Trivial Biblio-Musical da nosa Biblioteca.

Esperamos as vosas respostas no e-mail do noso Blog: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com

Recordade que no mail de resposta, deberá incluir o voso nome completo, número de teléfono e número de carnet da Biblioteca (no caso dos menores de idade, poderán enviar a resposta os seus titores/pais/nais correspondentes cos datos d@ seu fill@ antes mencionados).

A pregunta deste mes é:

¿Qué compositor francés é o autor da "Sinfonía Fantástica", ca que se comeza a principios do século XIX a música programática?

O LIMITE PARA O ENVÍO DAS RESPOSTAS SERÁ O VINDEIRO  30 DE ABRIL

Sorte a tod@s

miércoles, 4 de abril de 2012

RECOMENDACIÓN DO MES

Un mes máis, temos unha recomendación dun interesante libro da nosa Biblioteca

‘El triunfo de la música’ - Tim Blanning

Se viramos a  vista cara atrás, veremos que o valor dun artista cambiou moito ao longo da Historia. Ata ben entrada a Idade Media, as obras de arte eran anónimas e cando comezaron a a aparecer os primeiros nomes aos pes das pezas, ninguén lles deu máis importancia ca que podía ter un zapateiro. Eran tempos nos que a obra eclipsaba á persoa, sendo este pouco máis cun mensaxeiro dos deuses, un  máis que transportaba a divinidade a través das súas creacións.

No 1700 os artistas xa tiñan sinatura, aínda que o seu poder era máis ben escaso. Mozart, hoxe considerado un dos máis reverenciados compositores da Historia da Música, foi expulsado da Corte do Arzobispo de Salzburgo. Naquela época, o seu virtuosismo só o chegou a convertir nun servo das altas esferas. Vida e milagros dos artistas e xenios do antaño.




A Editorial Acantilado acaba de publicar “El triunfo de la música”, unha obra do profesor de Historia Moderna de Europa na Universidade de Cambridge, Tim Blanning, que no 2007 gañou o Premio Literario "Enid McLeod", ademáis de ser profesor nunha das máis pretixiosas institucións como é o Sidney Sussex College e do Royal Academy of Arts. Neste volumen, Blanning analiza os cambios que dende principios do século XVIII ata agora ,favoreceron a figura do músico. Cen anos despois das desgracias de Mozart, o poderoso Guillermo I fixo un viaxe para asistir ao estreo do Anel e ofrecer a Wagner todo tipo de homenaxes. Hoxe en día os músicos son estrelas multimillonarias con máis poder cos políticos. Xa no século XXI, Bono regala consellos aos políticos de medio mundo e, ao parecer, moitos deles o escoitan con atención. É evidente que os tempos cambiaron e Blanning dá fe delo.

Tim Blanning examina neste brillante libro como todo, dende o culto ao romántico ata a tecnoloxía e os viaxes, alimentou o inexorable crecemento da música en Occidente convirtiéndola no arte mási dominante. Ésta é unha historia fascinante de poder, mecenazgo, creatividade e xenio que abrangue cantantes de baladas, grandes compositores, lendas do jazz e deuses do rock.

Cunha didáctica introducción, que repasa a historia documentada, na que se repasa, entre otros apuntes, a prohibición dos faraóns de Exipto de alterar as cancións tradicionais, o a acción de Orfeo na Grecia clásica ante os argonautas, a perseveración de Platón porque a música se incluíra nos estudos, pasando pola prohibición de Calvino e Ulrico Zuinglio, que consideraban que a música ofrecía demasiado placer e lascivia, ou polas dificultades para ser músicos de autores como Claudio Monteverdi, John Sebastian Bach e Joseph Haydn, o autor adentrase na Historia da Música, buscando os cambios que houbo ata chegar a actualidade.

Espero que vos guste