Día do Libro: Recomendación de lectura

Hola a tod@s:
Con motivo da celebración do Día do Libro, mañá Luns 23 de Abril, a profesora do noso Centro, Begoña Alvarez, quere facer unha colaboración e recomendación no noso Blog que pensamos pode ser do voso interés.
Esperamos que vos guste.

Hola a tod@s:
Hai pouco caeu nas miñas mans unha novela e quero recomendárvola: “ La décima sinfonía” de Joseph Gelinek. (2008). Plaza & Janés

Trátase da historia dun musicólogo que se ve envolto na procura dunha suposta derradeira sinfonía de Beethoven descoñecida ata agora. Daniel Paniagua, o protagonista, obsesionado por tan preciada xoia, camiña tralas pistas da mesma e sen comelo nin bebelo vese inmerso nunha trama chea de intriga, enganos e misterio.
Paréceme adoitado facer un comentario sobre a identidade oculta do autor da novela. Joseph Gelinek é o pseudónimo elexido por un pianista e musicólogo español para a publicación das súas novelas. Reproduzco unas palabras do autor dunha das poucas entrevistas concedidas vía Messenger: … la música es magia y misterio, por eso creo que la combinación de música y thriller va bien…

Esta lectura vai recomendada a partires dos 14 anos.
E como non, non podemos esquencer aos mais novos. Para vós teño unha colección que vos gustará:

Colección : “Musicando con…” Libros e CD’s
Autoras: Montse Sanuy e Violeta Monreal. Edita: Susaeta

Nesta colección atopamos entre outras obras musicais: “ La Flauta mágica”, “ El cascanueces” , “Fidelio” ou “La cenicienta”.

Os entusiasmará coñecer a vida dos seus autores que foron nenos e nenas coma vós. E as historias que se contan escoitando a súa música.

Desexo que pasedes un bó rato con eles…

E lembrade:

“Alimentade o voso intelecto e a vosa imaxinación cun bó libro”
                                                                                                                       
¡ Ata Pronto!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS