Páginas vistas en total

viernes, 9 de noviembre de 2012

RECOMENDACIÓN DE NOVEMBRO - "Los intrumentos del Pórtico de la Gloria"

Hola a tod@s:

Sentimos non haber podido estar con vos durante o verán, nin neste inicio de curso pero podédevos imaxinar a cantidade de cousas que había que facer e non deu moito tempo para continuar dita sección que xa reclamaba algún de vos. PERDÓN.

O libro que recomendamos este mes está dentro da Sección de Manuscritos, o cal implica que aqueles que estén interesados en consultar o libro, debedes falar con Quique, dado o valor da devandita publicación:

Los instrumentos del Pórtico de la Gloria: su reconstrucción y la música de su tiempo

“Los instrumentos del Pórtico de la Gloria: su reconstrucción y la música de su tiempo”

José López-Calo – Coord.

O Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela constitúe a culminación da arte románica dos pórticos das igrexas. No espazo de pouco mási de 50 anos, construíronse, ao longo do Camiño de Santiago, en Francia e en España, os maravillosos pórticos ca representación dos 24 anciáns apocalípticos cos seus instrumentos de corda. Pero en ningún dos pórticos acadan estas representacións, a increíble perfección que o Mestre Mateo supo imprimir as súas esculturas. Este libro recolle os máis importantes estudos realizados para lograr este doble fin: a reconstrucción dos instrumentos esculpidos polo Mestre Mateo e a recuperación da música que entón se interpretaba na Catedral de Santiago.

Esperamos que vos guste

No hay comentarios:

Publicar un comentario