TRIVIAL MUSICAL - CONCERTO DÍA 15 DE NOVEMBRO DE 2012



Hola a tod@s!
TRIVIAL MUSICAL


Seguemos co noso Trivial; en estreita colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), a Biblioteca do Conservatorio e a  Sociedade Filarmónica Ferrolana,  se ofertarán dez entradas para asistir a aqueles concertos da antedita Sociedade e teredes que contestar de xeito correcto a pregunta do mes neste blog.
Tendo en conta que hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos para entregarvos a devandita entrada, no caso de que acertedes a correspondente pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso esperamos). 
O vindeiro concerto da Sociedade Filarmónica é o vindeiro Xoves 15 de Novembro as 20:30 no Teatro Jofre ca seguinte programación:


ORQUESTA SINFONICA DE GALICIA  dir.: Jesús López Cobos
  PIOTR ILICH CHAIKOVSKI  violín.: Arabella Steinbacher

Programa:
Capricho Italiano, op. 45
Concierto para violín en Re mayor op. 35
Sinfonía numero 4 en fa menor, op. 36


A data límite para recibir as respostas, será o vindeiro Mércores día 14 de Novembro (ata as 12:00 h. da mañá).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL
¿Cal destes instrumentos é de corda?
A.                 Oboe
B.                 Arpa
C.                 Xilófono
D.                Tuba

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL
¿Quen é o autor da “Consagración da Primavera”?
A.                 Prokofiev
B.                 Debussy
C.                 Stravinsky
D.                 Mussorgsky

Podedes consultar o Calendario de Concertos da Sociedade Filarmónica Ferrolana na súa páxina web: www.filarmonicaferrolana.es/
SORTE!!!!!!!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS