Páginas vistas en total

martes, 18 de diciembre de 2012

HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO

Hola tod@s!

Dende o equipo de Normalización e Dinamización Lingüistica e da Biblioteca José Fontenla Leal, queremos facer partícipes a todos do homenaxe que se fixo na Biblioteca do noso Centro o día 12/12/12 as 12:00 h . en consonancia cunha iniciativa que se formulou e se fixo eco nas Bibliotecas que están adscritas no PLAMBE.

No noso Centro e de xeito moi humilde quixemos ser partícipes lendo un par de poemas de Celso Emilio Ferreiro; ahí tedes as fotos do día en cuestión.

Gracias a todos os profes que colaboraron e fixeron un oco dentro dese día, xa que estabamos de Avaliación, sobre todo a Iria Rico, Responsable do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüistica, e a Quique, Responsable da Biblioteca, como se pode apreciar nas seguintes fotos.

GRACIAS



(Perdoade o error informático por causa allea a nós)

DESEÑO DA MASCOTA DA BIBLIOTECA E DO CENTRO: BUSCANDO A XANVI

Hola a tod@s:


Dende o Departamento de Convivencia e da Biblioteca queremos promover unha actividade a toda a comunidade educativa do noso Centro; dita actividade consiste na elaboración dunha mascota que represente ao Conservatorio e a Biblioteca.


A continuación deixovos as bases para que lle botedes un vistazo.



CONCURSO DESEÑO DE MASCOTA
CMUS XAN VIAÑO DE FERROL
BUSCANDO A
XANVI
Buscamos a Xanvi, a mascota que nos represente e acompañe na vida e actos do conservatorio. A Xanvi gústalle a música (canta e toca calquera instrumento), as artes, a lectura, Galiza e a súa cultura. Xanvi é simpático e moi bo amigo, ecoloxista e pacífico, e defende valores de liberdade, solidaridade e igualdade.
BASES
·         Calquera persoa ou grupo pode participar (pais, nais, alumn@s, profes, amig@s, familia…), cantos máis mellor!
·         A mascota creada debe ser orixinal.
·         Poderanse presentar o número de propostas que se desexe por persoa ou grupo.
·         O deseño, que debe ser presentado en tamaño Din A4 ou en formato dixital, pode ser elaborado con calquera técnica de debuxo.
·         Os debuxos deben ser presentados na conserxería do centro nun sobre pechado. Na parte de atrás do debuxo, aparecerán os datos persoais do autor: nome e apelidos, correo electrónico e número de teléfono. No caso de presentarse en formato dixital deberán ser enviados á dirección de correo acendan@edu.xunta.es incluíndo tamén na mensaxe nome e apelidos, e número de teléfono.
·         Todos os traballos presentados serán expostos na biblioteca do centro.
·         A data límite de recepción de deseños é o 25 de xaneiro do 2013.
·         O premio estará formado por material escolar e musical, ademais de ser publicado na revista do centro e no blog da Biblioteca. O premio será outorgado nunha cerimonia especial dentro dos actos programados na semana da Paz (última semana de xaneiro 2013), na que se fará pública a presentación de “Xanvi”.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Actuación do pequecoro no Jofre.

Hola a tod@s:
O próximo Luns 17 de Decembro as 17:30 actuará o Pequecoro no teatro Jofre de Ferrol.
O exito está asegurado!!!!
Non o podedes perder.
Moitas Gracias.

martes, 11 de diciembre de 2012

TALLER DE HIP-HOP

Hola a tod@s:

O vindeiro día 18 de Decembro vaise celebrar na Biblioteca do noso Centro un Taller de Hip-Hop a cargo de García MC de 18:00 a 20:00.

Tod@s @s que estén interesados, poden matrícularse de xeito gratuíto no centro.

A continuación, deixamosvos o curriculum do interprete-docente:


GARCÍA MC
(Musico de Rap e Activista)
Comeza rapeando en galego letras propias, con 13 anos, directamente influenciado por unha das bandas fundacionais do Rap en galego: 5 Talegos. Ao pouco, aínda na adolescencia, pasa a formar parte do proxecto musical rapeiro Ghamberros, editando un traballo discográfico en 2004 ao remate desta aventura. Existía xa pois dende o 2003 o Colectivo HipHopDios Ke Te Crew formación da cal pasa a formar parte co proxecto Ghamberros así como boa parte de 5 Talegos, sumándose nos seus espectáculos tódalas vertentes da Cultura HipHop: Breakdance, Graffiti, Dj´ing, Beat Box... Con DKTC editáronse ata o momento tres traballos discográficos: Xénese 2006, Adianto/Maxi: Chove 2010 e Humanose 2011. Actualmente participa activamente tanto en Dios Ke Te Crew como no proxecto de "Foliada Rap and Punk" Labregos do Tempo dos Sputniks, leva ademais 8 anos impartindo Obradoiros e Cursos sobre Cultura HipHop/Rap principalmente para adolescentes, sobre todo para equipos de Normalización Lingüística en centros formativos. Musicou poemas de Celso Emilio Ferreiro en clave rapeira como "Deitado frente ó mar..." ou "Son un pasmón". Formou parte da Radio Kalimera (a radio libre de Compostela), ten participado ademais en diferentes mesas redondas e coloquios como defensor da Cultura Libre. A título individual levou o seu Rap en Galego a lugares como Copenhangue, Guiné-Bissau e México. Ou a Cuba xunto con DKTC. Participa así mesmo en ducias de discos de grupos eclípticos da música galega contemporánea. Actualmente traballa no que vai ser o seu primeiro traballo discográfico en solitario que levará por título "Abaixo e De Pé" e sairá a luz este nadal.

http://www.facebook.com/GarciaRapMc

lunes, 10 de diciembre de 2012

Na presente edición do Certamen Internacional Intercentros, temos que felicitar, de novo, ás nosas representantes!!!
Lembrades que Tania Villasuso foi a gañadora o pasado ano? Pois este ano,  fantásticas as nosas nenas de novo. ;-))
Carolina Herrera, Iria Folgado e Marta Sánchez eran as nosas representantes na final autonómica. As tres fixeron un gran papel, e Iria e Marta resultaron 1ª e 2ª na eliminatoria de Galicia!!!!

Así, Iria desprazouse a Madrid a mostrar o seu talento na final nacional, como fixera Tania o pasado curso.

Tocou en quinto lugar, de 16 finalistas de tódalas comunidades autonómicas. Interpretou completo o cuarteto de Mozart, versión oboe e piano, acompañada por Graham Jackson. Coma sempre, tocou fantásticamente, con moito talento e un pulso e agóxica dignos de profesional. A súa coidada afinación e unha posta en escena correcta, valéronlle a SEGUNDA PRAZA na xeral, e un PREMIO Á MELLOR INSTRUMENTISTA DE VENTO MADEIRA.


domingo, 9 de diciembre de 2012

RECOMENDACIÓN DE DECEMBRO - "La digitación pianística"

Hola a tod@s:

Este mes faremos referencia a unha nova adquisición da nosa Biblioteca que seguro interesa a muitos dos nos@s alumn@s que estudian Piano; referímonos ao libro do ilustre pianista Albert Nieto "La digitación pianística".

 portada del Libro: La digitación pianística

¿Pode haber un intérprete que non sentira o efecto beneficiososo dunha boa dixitación? Coidamos que non. Á que vai ao dedo e a obra, á que se adecúa ao corpo e o instrumento ca música... Ata non dar con ela, un sufre. Todo permanece desligado: corpo, instrumento e música porque o corpo está tenso, o piano non canta e a obra cala. Ao atopar unha dixitación xusta, establecese a unión e a obra está en marcha. Este libro podenos axudar a atopar respostas inspiradoras. Albert Nieto trata de amosarnos aquelas dixitacións que den no clavo.

Esperamos que vos guste e axude.