Páginas vistas en total

domingo, 17 de febrero de 2013

RECOMENDACIÓN DO MES DE FEBREIRO: "EL CUARTETO"

Hola a tod@s!

Como ven sendo normal cada mes, facemos unha recomendación dun libro ou partitura que consideramos interesante para os nosos lectores, alumnos ou comunidade educativa onde a nosa Biblioteca se atopa. Pero neste mes, queremos facer unha recomendación cultural, máis que unha recomendación da nosa propia Biblioteca, xa que consideramos que todo tipo de arte (pintura, ballet, música, por suposto...), ten cabida no noso blogue. Deste xeito, queremos facer recomendación este mes, dun filme que se ven de estrear nas salas de cine do noso pais e que ten que ver ca música; trátase da película "El Cuarteto", da cal faremos unha pequena sinopse para invitarvos a que vaiades a vela e esperamos que vos guste.

"El Cuarteto"
Director - Dustin Hoffman
Guión - Ronald Harwood
Música - Dario Marianelli
Fotografía - John de Borman
Reparto - Maggie Smith, Tom Courtenay, Billy Connolly, Pauline Collins, Michael Gambon, Sheridan Smith, Luke Newberry e Jumay Hunter
Productora - Headline Pictures - BBC Films - DCM Productions - Finola Dwyner Productions
Xénero - Comedia-Drama
Sinopse - Un grupo de vellos amigos que viven nunha residencia para cantantes de ópera retirados, organizan cada ano, coincidindo co aniversario de Giuseppe Verdi, un concerto para recaudar fondos que lles permitan manter a casa na que viven. Os problemas xurden ca chegada dun novo residente que resucita unha antiga rivalidade entre dos divos.

Esperamos que vos guste























No hay comentarios:

Publicar un comentario