Páginas vistas en total

viernes, 15 de marzo de 2013

TRIVIAL MUSICAL - CONCERTO DÍA 22 DE MARZO DE 2013

Hola a tod@s!
TRIVIAL MUSICAL

En estreita colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), a Biblioteca do Conservatorio e a  Sociedade Filarmónica Ferrolana,  ofertará dez entradas para asistir ao vindeiro concerto do día 22 de Marzo e para o que teredes que contestar de xeito correcto a pregunta do mes deste blog, que a continuación poderedes ver.
Como hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos a devandita entrada, no caso de que acertedes a devandita pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso esperamos). 
Recordamos que o vindeiro concerto da Sociedade Filarmónica é o vindeiro Xoves 31 de Xaneiro as 20:30 no Teatro Jofre ca seguinte programación:



Gloria Amil Romero y Patricia Rodriguez Rico (sopranos ferrolanas con proyección internacional)
Manuel Burgueras, piano  
Programa:

Arias de Opera y Zarzuela
Fecha: viernes 22 de marzo, a las 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre

A data límite para recibir as respostas, será o vindeiro Verner día 22 de Marzo (ata as 12:00 h. da mañá).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL
¿Cuál de estos signos es el calderón? (dibujo)
  1. Una línea curva con un punto en el medio
  2. Dos líneas verticales y paralelas
  3. Una c con una línea horizontal por encima

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL
 ¿Para qué instrumento solista está destinado el Concierto de Aranjuez de Joaquín Rodrigo?
  1. Flauta
  2. Guitarra
  3. Piano



Podedes consultar o Calendario de Concertos da Sociedade Filarmónica Ferrolana na súa páxina web: www.filarmonicaferrolana.es/
SORTE!!!!!!!!!

lunes, 11 de marzo de 2013

III FESTIVAL "XAN VIAÑO" PARA NOVOS MÚSICOS DE CORDA FROTADA E PULSADA

   Hola a tod@s!

   Dende a Biblioteca querémosvos anunciar, unha vez máis, a celebración do concurso bianual "Xan Viaño" para Novos Intérpretes no que poderán participar aqueles alumn@s de Grao Elemental dos Conservatorios Públicos da Comunidade Autonoma de Galicia que estén cursando como instrumento aqueles que pertenzan as familias de Corda Pulsada e Frotada (ou friccionada).

   María José, a profesora de Arpa do CMUS Xan Viaño e organizadora do evento, quere recordar que o Concurso ten dous elementos moi importantes: un é a exposición - venta de instrumentos, libros, partituras... que farán os amabilímos Antonio e Moisés, empregados de Mundimúsica, que son parte moi importante para que se poida celebrar dito evento e, por outro lado, o Festival onde @s nov@s alumn@s poderán amosar as súas cualidades, co mellor de sí. Ademais, queremos remarcar que o importante deste Festival, non é o feito de gañar, xa que, unha dos aspectos que consideramos importantes, é o feito de xuntar a tod@s @s alumn@s de Galicia e que poidan compartir a súa ilusión pola música e polos seus instrumentos.

   Para calqueira consulta, podedes consultar o tríptico que podedelo baixar dende aquí: Tríptico Corcurso Xan Viaño (ATENCIÓN A TODOS AQUELES QUE O BAIXARON CON ANTERIORIDADE AO 2/4/2013: O NUMERO DE CONTA TIÑA UN ERRO. AGORA ESTÁ MODIFICADO: 2080-0200-42-3040110894)

   Ánimo e sorte a tod@s