Páginas vistas en total

lunes, 11 de marzo de 2013

III FESTIVAL "XAN VIAÑO" PARA NOVOS MÚSICOS DE CORDA FROTADA E PULSADA

   Hola a tod@s!

   Dende a Biblioteca querémosvos anunciar, unha vez máis, a celebración do concurso bianual "Xan Viaño" para Novos Intérpretes no que poderán participar aqueles alumn@s de Grao Elemental dos Conservatorios Públicos da Comunidade Autonoma de Galicia que estén cursando como instrumento aqueles que pertenzan as familias de Corda Pulsada e Frotada (ou friccionada).

   María José, a profesora de Arpa do CMUS Xan Viaño e organizadora do evento, quere recordar que o Concurso ten dous elementos moi importantes: un é a exposición - venta de instrumentos, libros, partituras... que farán os amabilímos Antonio e Moisés, empregados de Mundimúsica, que son parte moi importante para que se poida celebrar dito evento e, por outro lado, o Festival onde @s nov@s alumn@s poderán amosar as súas cualidades, co mellor de sí. Ademais, queremos remarcar que o importante deste Festival, non é o feito de gañar, xa que, unha dos aspectos que consideramos importantes, é o feito de xuntar a tod@s @s alumn@s de Galicia e que poidan compartir a súa ilusión pola música e polos seus instrumentos.

   Para calqueira consulta, podedes consultar o tríptico que podedelo baixar dende aquí: Tríptico Corcurso Xan Viaño (ATENCIÓN A TODOS AQUELES QUE O BAIXARON CON ANTERIORIDADE AO 2/4/2013: O NUMERO DE CONTA TIÑA UN ERRO. AGORA ESTÁ MODIFICADO: 2080-0200-42-3040110894)

   Ánimo e sorte a tod@s



  

No hay comentarios:

Publicar un comentario