Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2013

TRIVIAL MUSICAL - CONCERTO DO 8 DE MAIO DE 2013

Imaxe
Hola a tod@s! TRIVIAL MUSICAL En estreita colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), a Biblioteca do Conservatorio e a  Sociedade Filarmónica Ferrolana,  ofertará dez entradas para asistir ao vindeiro concerto do día 8 de Maio e para o que teredes que contestar de xeito correcto a pregunta do mes deste blog, que a continuación poderedes ver. Como hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte:  bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos a devandita entrada, no caso de que acertedes a devandita pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso esperamos).  Recordamos que o v

Recital de Violín

O martes 23 de abril ás 19h teremos o pracer de poder escoitar á xove violinista Diana Poghosyan, que ofrecerá un recital no auditorio do conservatorio, tocando música de Bach, Beethoven, Sarasate ou Vieuxtemps. Diana ós seus 14 anos xa conta cunha traxectoria impresionante, destacando entre outras a súa participación como solista coa Real Filarmonía de Galicia ou coa Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia.

Concerto de guitarra

O 19 de abril o guitarrista Rubén Caneiro ofrecerá un recital no auditorio José Arriola do conservatorio. Será ás 19:30 horas.

I MESA REDONDA DE MUSICOLOXÍA - MÉRCORES 24 DE ABRIL

Imaxe
Hola a tod@s! A continuación vos presento unha actividade da aula de Historia, ao frente da cal está o noso profesor D. Crisanto Gándara para o vindeiro Mércores 24 de Abril a celebrar as 19:30 h. no Auditorio José Arriola do noso Conservatorio co título "I Mesa redonda de Musicoloxía", onde poderemos asistir a presentación do libro "Historia da Música en Galicia" a cargo da súa autora e que é profesora de Historia da Música do CMUS de Ourense, Dna. Lorena López Cobas, co cal seguro que disfrutaremos. A continuación,  realizarase unha serie de exposicións de traballos feitos por alumnos da dita asignatura e que seguro que son do voso interés: "La música en la Iglesia protestante de Ares"- Saúl García "Pianos en Meirás" - Pablo Morán "El método para clarinete de Lutgardo López del Toro" - Desirée Prieto Fraga Moderador - Xosé Crisanto Gándara Seguro que disfrutaredes.

Curso Violín (26 de Abril) e Violoncello (23 de Abril)

Imaxe
Hola a tod@s! Gracias a colaboración do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" e da Orquestra de Cámara Galega, queremos anunciar un excelente curso para tod@s @s alumn@s de Violín e Violoncello que así o desexen: unha oportunidade única de ter a dúas profesoras e solistas dun nivel internacional , como poderedes comprobar polos seus curriculums. A continuación vos deixamos uns links para que poidades descargar os trípticos para poder matricularvos e enviar as solicitudes ao Conservatorio de Ferrol polos medios admitidos para tal fin: Tríptico Curso Violín Tríptico Curso Violoncello As prazas son límitadas e celebrarase en horario de tarde os días respectivos. As condicións as podedes ver nos trípticos anteriores, pero o recordamos: 50 euros/sesión de 50 minutos para alumn@s de G.P., 30 euros/sesión de 25 minutos para alumn@s de G.E. e os oíntes é GRATUITO. No caso do curso de Violín, sempre e cando existan alumn@s suficientes, podería haber a posibilid

TRIVIAL MUSICAL - CONCERTO DO 16 DE ABRIL DE 2013

Imaxe
Hola a tod@s! TRIVIAL MUSICAL En estreita colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), a Biblioteca do Conservatorio e a  Sociedade Filarmónica Ferrolana,  ofertará dez entradas para asistir ao vindeiro concerto do día 16 de Abril e para o que teredes que contestar de xeito correcto a pregunta do mes deste blog, que a continuación poderedes ver. Como hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte:  bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos a devandita entrada, no caso de que acertedes a devandita pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso esperamos).  Recordamos que o