Curso Violín (26 de Abril) e Violoncello (23 de Abril)

Hola a tod@s!

Gracias a colaboración do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" e da Orquestra de Cámara Galega, queremos anunciar un excelente curso para tod@s @s alumn@s de Violín e Violoncello que así o desexen: unha oportunidade única de ter a dúas profesoras e solistas dun nivel internacional, como poderedes comprobar polos seus curriculums.

A continuación vos deixamos uns links para que poidades descargar os trípticos para poder matricularvos e enviar as solicitudes ao Conservatorio de Ferrol polos medios admitidos para tal fin:

Tríptico Curso Violín

Tríptico Curso Violoncello

As prazas son límitadas e celebrarase en horario de tarde os días respectivos. As condicións as podedes ver nos trípticos anteriores, pero o recordamos: 50 euros/sesión de 50 minutos para alumn@s de G.P., 30 euros/sesión de 25 minutos para alumn@s de G.E. e os oíntes é GRATUITO. No caso do curso de Violín, sempre e cando existan alumn@s suficientes, podería haber a posibilidade dunha sesión de clase colectiva para os alumn@s de G.E..



¡Non perdades esta oportunidade!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS