TRIVIAL MUSICAL - CONCERTO DO 8 DE MAIO DE 2013

Hola a tod@s!
TRIVIAL MUSICAL

En estreita colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), a Biblioteca do Conservatorio e a  Sociedade Filarmónica Ferrolana,  ofertará dez entradas para asistir ao vindeiro concerto do día 8 de Maio e para o que teredes que contestar de xeito correcto a pregunta do mes deste blog, que a continuación poderedes ver.
Como hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos a devandita entrada, no caso de que acertedes a devandita pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso esperamos). 
Recordamos que o vindeiro concerto da Sociedade Filarmónica é o vindeiro Mércores 8 de Maio de 2013 as 20:30 no Teatro Jofre ca seguinte programación:


ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA  
Rogelio Groba Otero, concertino/director
Rika Masato, violín
Programa: "Unha noite vienesa"

F. Schubert. Andante y Allegro op 18
F. Schubert. Rondó para violín y cuerdas en La Mayor D 438
F. Kreisler. Preludio y Allegro en estilo Pugnani

Pausa

W. A. Mozart. Sinfonía nº 29 en La Mayor
Fecha: miércoles 8 de mayo, a las 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre

Fecha: Mércores 8 de Maio, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre


A data límite para recibir as respostas, será o vindeiro Martes 7 de Maio (ata as 12:00 h. da mañá).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL

Onde se escribe a ligadura:
  1. Ao principio do compás
  2. Enriba das notas que engloba
  3. Diante da liña divisoria

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL
Unha das obras máis famosas e revolucionarias de John Cage leva por título 4´33´´, sendo esta a druación da obra ¿qué soa durante este tempo?
a. O claxón de varios coches
b. Nada
c. Un martelo golpeando un cravo

Podedes consultar o Calendario de Concertos da Sociedade Filarmónica Ferrolana na súa páxina web: www.filarmonicaferrolana.es/
SORTE!!!!!!!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS