Páginas vistas en total

martes, 16 de diciembre de 2014

O RINCÓN DO COMPOSITOR: W. A. MOZART

   Como xa seguramente adiviñaríades esta quincena "O rincón do compositor" estará dedicado a W. A. Mozart.
Retrato de W.A.Mozart
  Mozart tamén é coñecido na historia por ser o primeiro músico en abandonar a situación de servidumbre como mestre de capilla e concertos da corte arzobispal en Salzburgo -definitivamente en 1781-  e intentar sobrevivir polos seus medios como compositor independiente. Como todos sabedes fracasou mais foi un exemplo seguido por outros músicos.
 Nel rincón atoparedes xunto cun retrato de Mozart neno ó piano un repaso pola obra e curta vida deste xenio da música.
  

"Foi un neno prodixio"


¡Esperamos que vos guste!

lunes, 15 de diciembre de 2014

OUTRA RECOMENDACIÓN DE DECEMBRO: MOZART E "A FRAUTA MÁXICA"

Mozart escribiu "A Frauta Máxica" (Die Zauberflöte) o mesmo ano do seu morte (1791) no medio dunha situación persoal difícil (problemas económicos e de saúde, preocupacións familiares) e a unha gran velocidade: estrenouse o 30 de setembro do 1791 en Viena  dirixida polo propio Mozart.
Desde hai uns sete anos antes, Mozart xa formaba parte do movemento francmasónico que estendeuse rápidamente ó longo do século XVIII por Europa ó calor da Ilustración e de feito  moitos interpretan este conto de fadas coma unha complexa obra esotérica e iniciática. De calquera xeito, esta mestura de fantasía e símbolos masones amosa unha nova concepción da ópera de Mozart quen parecía quer mesturar nela todas as ideas musicais do XVIII.
O argumento é o seguinte: o príncipe Tamino perseguido por unha serpe entra nas terras da raíña da Noite, quen aparece ensinándolle un retrato da súa filla Pamina secuestrada polo perverso Sarastro. Tamino namórase ó ver a imaxe da rapaza, entón a Raíña promete darlle a man da súa filla se a rescata. Xunto a Papageno, home-paxaro, entra esta vez no territorio de Sarastro, mais pronto dase conta de que o mal o encarna realmente a raíña e non Sarastro. Para quedarse lonxe da raíña co seu amada terá que superar unha serie de probas; unha vez superadas os amantes reúnense e o bien triunfa sobre o mal.
 
Nesta ocasión escollimos o "dueto de  Papageno e Papagena" con subtítulos en castelán: Papageno está desesperado porque perdeu ó seu amada e teme quedarse só. Nese intre, a piques de quitarse a vida, aparecen os tres xenios e lle aconsellan empregar o carrillón. Papageno faino e aparece Papagena. Ámbolos dous decláranse o seu amor:
 
  Anton Scharinger como Papageno e Julia Neumann como Papagena. Director Franz Welser-Möst
 
E para rematar mirade qué divertido o montaxe que fixeron en Viena especialmente para os nenos. Se queredes ver outro dueto de Papageno o Papagena atoparédelo no minuto 54:24 aproximadamente.
 
 Desde a Opera Vienna State con Hans Peter Kammerer como Papageno, Ileana Tonca como Papagena e a Wiener Philharmoniker dirixida por Seiji Ozawa.  
 
¡Esperamos que vos guste!
 
 
 

viernes, 5 de diciembre de 2014

CONCERTO BENÉFICO A FAVOR DO BANCO DE ALIMENTOS

Aquí subimos o cartel e o programa do Concerto benéfico do vindeiro 18 de decembro a favor do Banco de Alimentos. Comentarvos que as entradas estarán disponibles a partir do martes 9 na taquilla do Teatro Jofre.
 
 
 
 

 

miércoles, 3 de diciembre de 2014

O RINCÓN DO COMPOSITOR: MARIN MARAIS

 
Rincón do compositor: Marin Marais
 
Nesta primeira quincena de Decembro "O rincón do compositor" estará dedicado a Marin Marais, un dos grandes do barroco francés.
Nel rincón atoparedes -ademáis do instrumento cedido amablemente para a ocasión pola alumna do centro Laura Gómez Martínez-, uns apuntes sobre a historia e a evolución da actual viola, información sobre o compositor (a súa vida e obra co algunha anécdota) e o emprego da súa música no cine.
 
Marais é especialmente coñecido polo seu traballo ca viola dá gamba
 
 
A continuación compartimos un video para que escoitedes a sonoridade da viola da gamba: a obra é "Les Voix Humaines" de Marin Marais con Petr Wagner á viola dá gamba. ¡Esperamos que vos guste!
 
 
 
 
 
 
 

lunes, 1 de diciembre de 2014

RECOMENDACIÓN DE DECEMBRO: "Sémélé" de MARIN MARAIS

 Enlazando co rincón do compositor, a recomendación desde mes dedicarémola a Marin Marais. 
 
En 2007 Hervé Niquet á cabeza de Le Concert Spirituel recuperou para a súa grabación "Sémélé", a derradeira ópera dun dos grandes compositores do reinado de Luis XIV: Marin Marais.
Coñecido sobre todo pola súa música de cámara para viola dá gamba, Marais tamén asinou varias tragédies lyriques para á Académie Royale de Musique.
 
 
"Sémélé" que foi estreada en 1709 ofrece moitos atractivos para quen lle guste a música barroca: un chispeante prólogo en honor a Baco, arias cheas de orixinalidade, unha inspiradísima escena infernal, divertissements variados e  ricos en carácter e o momento culminante dun terremoto que xa anticipa as grandes páxinas de Rameau. 
 





 Séméle: Duo "Chantons Ses Glorieux Exploits"
 
Le Concert Spirituel. Hervé Niquet
Sémélé: Shannon Mercer - Dorine: Bénédicte Tauran - La Grande Prêtresse de Bacchus: Jaël Azzaretti - Junon: Hjördis Thébault - Adraste: Anders J. Dahlin - Júpiter: Thomas Dolié - Mercure: Lisandro Abadie - Cadmus: Marc Labonnette
 
 
¡Esperamos que vos guste!
 
 
 
 
 
 
 
 

sábado, 29 de noviembre de 2014

XXVIII PREMIO INTERNACIONAL DE PIANO "CIDADE DE FERROL"

O coreano Jaeyeon Won gana o Premio Internacional de Piano de Ferrol.
 
 
O ganador do Premio Internacional de Piano, onte á noite no seu actuación no Auditorio de Ferrol.
Ángel Manso (La Voz de Galicia)

 
Adxuntamos link por se queredes ler a noticia na Voz de Galicia:
 

lunes, 24 de noviembre de 2014

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

"Matriarcas" é un adianto do que será o segundo disco de Guadi Galego, titulado "Lúas de outubro e agosto". É a súa homenaxe ás mulleres. Dende a biblioteca compartimos este precioso video.
 
 
 
Disfrutádeo
 
 

sábado, 22 de noviembre de 2014

XXVIII CONCURSO INTERNACIONAL DE PIANO "CIDADE DE FERROL"


 Adxuntamos un link onde atoparedes máis información: http://www.pianoferrol.com/index.html






22 DE NOVEMBRO: DÍA DA MÚSICA E DOS MÚSICOS

 É emocionante pensar que unha parte do mundo, á marxe das súas causas, coincide nun día para celebrar a Música. Dende a Biblioteca aproveitamos para facer unha recomendación musical neste día: se tedes 1'25'' podedes escoitar "Balulalow", de Benjamin Britten, unha deliciosa peza do seu "Ceremony of Carols" Op. 28.

 
 
 Esperamos que vos guste.

jueves, 20 de noviembre de 2014

O RINCÓN DO COMPOSITOR: DÍA DA MÚSICA


 Dende o 18 ata o 30 de Novembro o "rincón do compositor" estará dedicado a Sta. Cecilia, patrona dos músicos, pois como sabedes a súa festividade celébrase o 22 deste mes.
 
 Nesta ocasión atoparedes unha homenaxe ó Día da Música a través da orquestra cunha referencia á súa historia e a figura do director. 
 
Teatro Xan Viaño MMXIV
 
 Nel teatro pódense ver grabacións feitas no Auditorio do Conservatorio e que tedes recollidas na "cartelera":


Cartelera
 
 ¡Esperamos que vos guste!

viernes, 14 de noviembre de 2014

GATO CON BOTAS - TEATRO COLON - CORUÑA



 

Aquí vos deixamos unha proposta moi interesante do Teatro Colón da Coruña que se vai a celebrar durante os días 21 e 22 de Novembro. Trátase da posta en escena do conto " O Gato con botas" onde todo tipo de público (nenos e non tan nenos) poderá disfrutar dunha velada de teatro (a cargo do grupo "Theatron"), música (interpretada pola "Orquestra de Cámara Galega" e composta polo compositor galego Rogelio Groba Groba), baile e escenografía (baixo a supervisión e realización de bailarinas profesionais e de "Video Mapping").


Esperamos que vos guste

O RINCÓN DO COMPOSITOR: VERDI

 Neste mes de Novembro, o ANPA inaugurou "O rincón do Compositor", un espazo no vestíbulo do Conservatorio que ó longo do curso estará dedicado a diferentes autores e que renovarase os días 1 e 15 de cada mes. Nesta ocasión o elixido foi Verdi. Adxuntamos algunhas das fotos que o ANPA cedeunos amablemente:


 
Aproveitamos tamén para subir algunhas fotos das últimas actividades feitas polo ANPA:
 
El ANPA somos tod@s


Un mar de papiroflexia
 
Samaín no Conservatorio
 



I CONCURSO DE DEBUXO E CONTOS "MÚSICA PARA A PAZ"

 O equipo de Dinamización de Convivencia do CMUS "Xan Viaño" de Ferrol, convoca o I Concurso de Debuxo e Contos "Música para a Paz" que pretende difundir a importancia da música como linguaxe universal e transmisor dos valores de paz, convivencia, amor e igualdade.
 Consultade as bases e animádevos a participar. Tedes ata o 16 de xaneiro (inclusive) para participar.




lunes, 10 de noviembre de 2014

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 
Mes da Ciencia nas bibliotecas escolares
‘Biblioteca escolar... matemático!!!’ é o lema co que este ano as bibliotecas escolares animan os alumnos e alumnas a ampliar o seu coñecemento sobre ciencias, concretamente a saber máis das matemáticas.
 Con este obxectivo, as bibliotecas escolares convértense no mes de novembro nun fervedoiro de iniciativas variadas e orixinais, entre as que se inclúen exposicións bibliográficas, guías de lectura sobre obras relacionadas coas ciencias, selección de recursos electrónicos, obradoiros de experimentos científicos, concursos de fotografía matemática, sesións de xogos e mais de lectura e cálculo, que se poden consultar en www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/. 
 
 Ademais, para este comezo do curso, a Asesoría de bibliotecas escolares da Consellería puxo ao dispor dos centros educativos unhas maletas viaxeiras científicas sobre matemáticas, ás que se sumarán outras sobre ciencias naturais, bioloxía e xeoloxía, así como de física e química.
 
 Finalmente, os pasados días 7 e 8 de novembro celebráronse en Santiago de Compostela as V Xornadas de bibliotecas escolares ás cales asistiu a Biblioteca "José Fontenla Leal" e nas que se presentaron, entre outras, diversas experiencias arredor das matemáticas. Aquí podedes descargar o programa:  PROGRAMA

 Nos vindeiros días colgaranse os videos das conferencias e outros materiais de interese en redeBE: ttp://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=21. Se tedes ocasión non vos perdades a Conferencia inicial de Ricardo Gómez "A mazá (envelenada) de Brancaneves".

viernes, 7 de noviembre de 2014

TRIVIAL MUSICAL – Concertos 19 de Novembro e 4 de Decembro

 


  En estreita colaboración e grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ós concertos do Mércores 19 de Novembro e do Xoves 4 de Decembro.  Para participar tedes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.

  Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte:
bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com. As entradas entregaranse por orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.

 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). Tamén no correo tedes que especificar un dos dous concertos e no caso de que queirades ir aos dous incluíde a vosa orde de prioridade. Unha vez vistas as vosas peticións e por orden de chegada das vosas respostas, realizaremos o reparto dunha entrada por contestación acertada e, sempre que sobren, asignaremos unha segunda entrada para aqueles que desexen asistir aos dous concertos. A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro Luns 17 de Novembro (ata as 20:00 horas).
 
 Recordamos que os vindeiros concertos da Sociedade Filarmónica celebraranse no Teatro Jofre cas seguintes programacións:
 
Data: Mércores 19 de Novembro, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
 
 

Real Filharmonía de Galicia 
James Dahlgren, director y concertino

Programa:
F. J. Haydn (1732-1809). Sinfonías 6 "Le Matin", 7 "Le midi" y 8 "Le soir"

 
 

Data: Xoves 4 Decembro, a las 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre

 
ORQUESTA SINFONICA DE GALICIA  
Michal Nesterowicz, director
Nemanja Radulovic, violín
 
 
Programa:
E Chausson (1855-99): Poéme
M. Ravel (1875-1937): Tzigane, rapsodia para violín e orquestra
X. Pagés i Corella (1971- ): Desde el fondo del espejo
E. Elgar (1857-1934). Variaciones Enigma

 
 
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL

¿Cal dos seguintes instrumentos é o instrumento máis grave?

1.          Violín

2.          Contrabaixo

3.          Viola

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL

¿Qué resposta identifica o estilo musical de F. J. Haydn?

1. Barroco

2. Clasicismo

3. Segunda Escuela de Viena



Lembrade que a data límite para recibir as respostas será o vindeiro Luns 17 de Novembro (ata as 20:00 horas).
 

Podedes consultar o calendario de Concertos da Sociedade Filarmónica Ferrolana na súa páxina web: www.filarmonicaferrolana.es

¡¡¡Moita sorte!!!

sábado, 1 de noviembre de 2014

Recomendación de Novembro: B.S.O. de “Tous les matins du monde”


Tous les matins du monde
 Este mes,  imos recomendarvos a banda sonora da película “Tous les matins du monde” (Todas as mañás do mundo).

 A película (Alain Corneau, 1991) conta con actores coma Gérard Depardieu ou Anne Brochet e é un drama de época que transcorre na Francia do século XVII. Conta a historia dun mestre de viola (Sainte-Colombe) e a súa relación cun alumno na corte de Luis XIV (o aínda novo Marin Marais): unha verdadeira xoia para os melómanos.

  A banda orixinal da película foi composta por Jordi Savall (Premio Nacional de Música 2014, ó que renunciou) e inclúe unha selección de pezas de Marin Marais, Sainte Colombe, François Couperin e Jean-Baptiste Lully:
1.       Marche pour la cérémonie des Turcs (J.B. Lully)
2.       Improvisation sur les Folies d’Espagne (M. Marais): extraits
3.       Prélude pour Mr. Vauquelin (J. Savall)
4.       Gavotte du Tendre (Sainte Colombe)
5.       Une jeune fillete (Mélodie populaire –arrangemente J. Savall)
6.       Les Pleurs (Sainte Colombe): version viole seule de J. Savall
7.       Concert à deux Violes “Le Retour” (Sainte Colombe)
8.       La Rèveuse (M. Marais)
9.       Troisième Leçon de Ténèbres à 2 voix (F. Couperin)
10.    L’Arabesque (M. Marais)
11.    Fantaisie en mi mineur (Anonyme XVIIe siècle – J. Savall)
12.    Les Pleurs (Sainte Colombe): versión à 2 violes
13.    Le Badinage (M. Marais)
14.    Tombeau  pour Mr. de Sainte Colombe (M. Marais)
15.    Muzettes I-II (M. Marais)
16.    Sonnerie de Ste. Geneviève du Mont-de-Paris (M. Marais)

 Jordi  SAVALL – Fabio BIONDI – Christophe COIN – Montserrat FIGUERAS – Maria-Cristina KIEHR – Rolf LISLEVAND – Pierre HANTAÏ – Jéròme HANTAÏ

Le CONCERT  des NATIONS

Direction: JORDI SAVALL

  

Esperamos que vos guste e animádevos a ver a película



lunes, 13 de octubre de 2014

24 DE OUTUBRO - DÍA DA BIBLIOTECA



24 de Outubro de 2014 – Día da Biblioteca

          Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa así a liña iniciada no pasado curso, coa que se pretende incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe. Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean.  

          O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado. Podedes ver o cartel na Biblioteca.


 
 
 

          Aproveitamos esta primeira entrada no Blog para invitarvos un ano máis a participar nas diferentes actividades do Centro e nas que dende a Biblioteca organicemos.

          Quedamos a vosa disposición

          Saúdos

          O Equipo de Coordinación da Biblioteca