Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2014

RECOMENDACIÓN DO MES - XANEIRO

Imaxe
Hola a tod@s: Despois de pasar un certo tempo de ausencia desta sección, trataremos todos os meses de recomendarvos algunhas publicacións, discos... que poidan ser do voso interese.   "A nena e o grilo nun barquiño" é o título do novo disco-libro de Magín Blanco. Trátase do primeiro conto que edita FOL MÚSICA , un libro de 60 páxinas decorado con fermosas ilustracións a cargo de Leandro Lamas (pintor afincado en Narón) e aderezado con estimulantes actividades creativas para nenos, de xeito que poidan pintar, escribir e debuxar no seu propio libro, acompañado dun CD con 13 cancións. Esperamos que vos guste.

TRIVIAL MUSICAL - CONCERTO 16 DE XANEIRO DE 2014

Imaxe
 Hola a tod@s! TRIVIAL MUSICAL En estreita colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), a Biblioteca do Conservatorio e a Sociedade Filarmónica Ferrolana, ofertan dez entradas para asistir ao vindeiro concerto do día 16 de Xaneiro e para o que teredes que contestar de xeito correcto a pregunta do mes deste blog, que a continuación poderedes ver. Como hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos para facervos saber que sodes os/as agraciados/as, no caso de que acertedes a devandita pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso espe