TRIVIAL MUSICAL - CONCERTO 16 DE XANEIRO DE 2014



 Hola a tod@s!
TRIVIAL MUSICAL




En estreita colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), a Biblioteca do Conservatorio e a Sociedade Filarmónica Ferrolana, ofertan dez entradas para asistir ao vindeiro concerto do día 16 de Xaneiro e para o que teredes que contestar de xeito correcto a pregunta do mes deste blog, que a continuación poderedes ver.

Como hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos para facervos saber que sodes os/as agraciados/as, no caso de que acertedes a devandita pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso esperamos). A data límite para recibir os vosos mails, é do vindeiro Mércores 15 de Xaneiro (ata as 20:00 horas).

Recordamos que o vindeiro concerto da Sociedade Filarmónica é o vindeiro Xoves 16 de Xaneiro de 2014 no Teatro Jofre ca seguinte programación:

LOTUS STRING QUARTET
Programa:

W. A. MOZART.
(1756-91) Cuarteto KV 589
R.STRAUSS (1864-1949): Cuarteto op. 2

Pausa

L.V.BEETHOVEN (1770-1827): Cuarteto op. 131
Fecha: Jueves 16 de Enero, a las 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre

A data límite para recibir as respostas, será o vindeiro Mércores 15 de Xaneiro (ata as 20:00 h.).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL
En canto a súa escritura, ¿en qué se diferencian a ligadura e o calderón? (dibuxo)
A ligadura ten dúas liñas e o calderón, unha
O calderón é un punto e a ligadura ten un punto
A ligadura é un arco e o calderón unha liña curva cun punto no medio

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL
¿Cántos bemoles poden acompañar a unha nota como máximo?
Un
Dous
Tres

Podedes consultar o Calendario de Concertos da Sociedade Filarmónica Ferrolana na súa páxina web: www.filarmonicaferrolana.es/
SORTE!!!!!!!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

GRANDES LECTORES 22-23