TRIVIAL MUSICAL - CONCERTO 26 DE FEBREIRO 2014



Hola a tod@s!
TRIVIAL MUSICAL


En estreita colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), a Biblioteca do Conservatorio e a Sociedade Filarmónica Ferrolana, ofertan dez entradas para asistir ao vindeiro concerto do día 26 de Febreiro e para o que teredes que contestar de xeito correcto a pregunta do mes deste blog, que a continuación poderedes ver.

Como hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos para facervos saber que sodes os/as agraciados/as, no caso de que acertedes a devandita pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso esperamos).
A data límite para recibir os vosos mails, é do vindeiro Mércores 26 de Febreiro (ata as 12:00 horas).

Recordamos que o vindeiro concerto da Sociedade Filarmónica é o vindeiro Mércores 26 de Febreiro de 2014 no Teatro Jofre ca seguinte programación:
 
CECILIO TIELES  
piano

Programa:
F. Chopin (1810-1849): Nocturno op. 27, nº 1
M. Mussorgski (1839-1881): Cuadros de una exposición

Pausa

Ignacio Cervantes (1847-1905): La encantadora - Tres golpes - ¡Siempre Sí! - Improvisada - Ilusiones perdidas Los muñecos
José María Vitier (1954): Festiva - Tarde en La Habana
Ernesto Lecuona (1896-1963): La primera en la fuente - A la antigua - Ahí viene el chino
Ernesto Lecuona (1896-1963): Cuatro danzas afrocubanas Negra - .Y la negra bailaba - Lucumí - Comparsa
José White (1836-1918): Potpourri cubano (Transcripción de Nicolás Ruiz Espadero)
Data: Mércores 26 de febreiro, a las 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre

A data límite para recibir as respostas, será o vindeiro Mércores 26 de Febreiro (ata as 12:00 h.).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL
¿Qué é un melónamo?
1.       Unha persoa que ten manía á música
2.       Unha persoa á que lle gusta a música
3.       Un neno que toca melodías cunha man

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL
¿Cal dos seguintes compositores  españois pertenceu ao Barroco?
1.       Soler
2.       Morales
3.       Rodrigo

Podedes consultar o Calendario de Concertos da Sociedade Filarmónica Ferrolana na súa páxina web: www.filarmonicaferrolana.es/
SORTE!!!!!!!!!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS