Páginas vistas en total

lunes, 3 de febrero de 2014

TRIVIAL MUSICAL - CONCERTO 6 DE FEBREIRO 2014



Hola a tod@s!
TRIVIAL MUSICAL



En estreita colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), a Biblioteca do Conservatorio e a Sociedade Filarmónica Ferrolana, ofertan dez entradas para asistir ao vindeiro concerto do día 6 de Febreiro e para o que teredes que contestar de xeito correcto a pregunta do mes deste blog, que a continuación poderedes ver.

Como hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos para facervos saber que sodes os/as agraciados/as, no caso de que acertedes a devandita pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso esperamos).
A data límite para recibir os vosos mails, é do vindeiro Xoves 6 de Febreiro (ata as 10:00 horas).

Recordamos que o vindeiro concerto da Sociedade Filarmónica é o vindeiro Xoves 6 de Febreiro de 2014 no Teatro Jofre ca seguinte programación:




ORQUESTA SINFONICA DE GALICIA  
Michal Nesterowicz, director
David Etheve, violonchelo
Programa:

David del Puerto (1964- ): Cap de Quers
R. Schumann (1810-56): Concierto para violonchelo
K. Penderecki (1933- ): Agnus Dei
M. Karlowicz (1876-1909). Eternal Songs, op.10 (Odwieczne piesni)

Fecha: jueves 6 de febrero, a las 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre

A data límite para recibir as respostas, será o vindeiro Xoves 6 de Febreiro (ata as 10:00 h.).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL
Cal destas afirmaciónes é verdadeira?
1. A clave de sol escribese na segunda liña
2. A escala ten oito sons
3. A branca é unha nota
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL
A cualidade do son pola que podemos percibilo con maior ou menor nitidez é:
1. O timbre
2. A altura
3. A intensidade

Podedes consultar o Calendario de Concertos da Sociedade Filarmónica Ferrolana na súa páxina web: www.filarmonicaferrolana.es/
SORTE!!!!!!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario