Páginas vistas en total

miércoles, 23 de abril de 2014

SEMANA DO LIBRO - DO 22 A 30 DE ABRIL

Hola a tod@s

Un ano máis e grazas a colaboración da Central Librera Ferrolana, celebraremos o Día do Libro (ou do idioma, como se celebra noutros países), cunha exposición de libros con temática musical e que poderedes consultar e, si estades interesados, mercalos cun desconto dun 10% sobre o precio que aparece. Dita exposición estará presente dende o día 22 ata o 30 de Abril no horario de Biblioteca.

Aqueles que estedes interesados en mercar algún exemplar, poñédevos en contacto con Quique (podedes preguntar en conserxería) ou deixade recado en conserxería.

Esperamos que vos guste. 

Aquí tedes un par de fotografías de como queda a nosa Biblioteca ca devandita exposición.




II MESA REDONDA DE MUSICOLOXÍA "XAN VIAÑO"

Hola a tod@s

Por segundo ano consecutivo, celebrarase no Auditorio do noso Centro o vindeiro 24 de Abril as 19:00 a "II Mesa Redonda de Musicoloxía Xan Viaño", gracias a colaboración e organización do profesor de Historia da Música do noso Centro, Crisanto Gándara e algúns dos seus alumnos/as ca seguinte programación: 


Esperamos que vos guste.

TRIVIAL MUSICAL - CONCERTO 28 DE ABRIL DE 2014



Hola a tod@s!
TRIVIAL MUSICAL

En estreita colaboración e grazas a Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio oferta dez entradas para asistir ao vindeiro concerto do Luns 28 de Abril e para o que teredes que contestar de xeito correcto a pregunta que poderás ver máis abaixo neste blog.

Como hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos para facervos saber que sodes os/as agraciados/as, no caso de que acertedes a devandita pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso esperamos. A data límite para recibir os vosos mails, é do vindeiro  Luns 28 de Abril (ata as 12:00 horas).

Recordamos que o vindeiro concerto da Sociedade Filarmónica celebraranse o vindeiro Luns 28 de Abril de 2014 no Teatro Jofre ca seguinte programación:
SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA