TRIVIAL MUSICAL- CONCERTO 12 DE MAIO DE 2014



Hola a tod@s!
TRIVIAL MUSICAL
En estreita colaboración e grazas a Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio oferta dez entradas para asistir ao vindeiro concerto do Luns 12 de Maio e para o que teredes que contestar de xeito correcto a pregunta que poderás ver máis abaixo neste blog.

Como hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos para facervos saber que sodes os/as agraciados/as, no caso de que acertedes a devandita pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso esperamos. A data límite para recibir os vosos mails, é do vindeiro  Luns 12 de Maio (ata as 12:00 horas).

Recordamos que o vindeiro concerto da Sociedade Filarmónica celebrarase o vindeiro Luns 12 de Maio de 2014 no Teatro Jofre as 20:30 ca seguinte programación:
SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA
CAMERATA BOCCHERINI
Massimo Spadano, director
Programa:

G.F. Haendel (1685-1759) Salomón (obertura) Entrada de la Reina de Saba
G.F. Haendel (1685-1759) Concerto Grosso op.3 n.4
G.F. Haendel (1685-1759) Concerto Grosso op.3 n.2
A.Vivaldi (1678-1741) Las cuatro estaciones
 
Fecha: luns 12 de maio, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre

A data límite para recibir as respostas, será o vindeiro Luns 12 de Maio (ata as 12:00 horas). 

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL
¿Quén foi o compositor de “As Catro Estacións”?
1.      G. Frescobaldi
2.      L. Beethoven
3.      A. Vivaldi

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL
O ciclo de concertos no que se inclúen “As Catro Estacións” Op. 8, pertencen a unha colección de doce concertos cun título que é:
1.       Concerti divertente
2.       Il cimento dell'armonia e dell'inventione
3.       Sinfonías concertantes per violino e archi

Podedes consultar o Calendario de Concertos da Sociedade Filarmónica Ferrolana na súa páxina web: www.filarmonicaferrolana.es/
SORTE!!!!!!!!!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS