Páginas vistas en total

sábado, 29 de noviembre de 2014

XXVIII PREMIO INTERNACIONAL DE PIANO "CIDADE DE FERROL"

O coreano Jaeyeon Won gana o Premio Internacional de Piano de Ferrol.
 
 
O ganador do Premio Internacional de Piano, onte á noite no seu actuación no Auditorio de Ferrol.
Ángel Manso (La Voz de Galicia)

 
Adxuntamos link por se queredes ler a noticia na Voz de Galicia:
 

lunes, 24 de noviembre de 2014

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

"Matriarcas" é un adianto do que será o segundo disco de Guadi Galego, titulado "Lúas de outubro e agosto". É a súa homenaxe ás mulleres. Dende a biblioteca compartimos este precioso video.
 
 
 
Disfrutádeo
 
 

sábado, 22 de noviembre de 2014

XXVIII CONCURSO INTERNACIONAL DE PIANO "CIDADE DE FERROL"


 Adxuntamos un link onde atoparedes máis información: http://www.pianoferrol.com/index.html






22 DE NOVEMBRO: DÍA DA MÚSICA E DOS MÚSICOS

 É emocionante pensar que unha parte do mundo, á marxe das súas causas, coincide nun día para celebrar a Música. Dende a Biblioteca aproveitamos para facer unha recomendación musical neste día: se tedes 1'25'' podedes escoitar "Balulalow", de Benjamin Britten, unha deliciosa peza do seu "Ceremony of Carols" Op. 28.

 
 
 Esperamos que vos guste.

jueves, 20 de noviembre de 2014

O RINCÓN DO COMPOSITOR: DÍA DA MÚSICA


 Dende o 18 ata o 30 de Novembro o "rincón do compositor" estará dedicado a Sta. Cecilia, patrona dos músicos, pois como sabedes a súa festividade celébrase o 22 deste mes.
 
 Nesta ocasión atoparedes unha homenaxe ó Día da Música a través da orquestra cunha referencia á súa historia e a figura do director. 
 
Teatro Xan Viaño MMXIV
 
 Nel teatro pódense ver grabacións feitas no Auditorio do Conservatorio e que tedes recollidas na "cartelera":


Cartelera
 
 ¡Esperamos que vos guste!

viernes, 14 de noviembre de 2014

GATO CON BOTAS - TEATRO COLON - CORUÑA



 

Aquí vos deixamos unha proposta moi interesante do Teatro Colón da Coruña que se vai a celebrar durante os días 21 e 22 de Novembro. Trátase da posta en escena do conto " O Gato con botas" onde todo tipo de público (nenos e non tan nenos) poderá disfrutar dunha velada de teatro (a cargo do grupo "Theatron"), música (interpretada pola "Orquestra de Cámara Galega" e composta polo compositor galego Rogelio Groba Groba), baile e escenografía (baixo a supervisión e realización de bailarinas profesionais e de "Video Mapping").


Esperamos que vos guste

O RINCÓN DO COMPOSITOR: VERDI

 Neste mes de Novembro, o ANPA inaugurou "O rincón do Compositor", un espazo no vestíbulo do Conservatorio que ó longo do curso estará dedicado a diferentes autores e que renovarase os días 1 e 15 de cada mes. Nesta ocasión o elixido foi Verdi. Adxuntamos algunhas das fotos que o ANPA cedeunos amablemente:


 
Aproveitamos tamén para subir algunhas fotos das últimas actividades feitas polo ANPA:
 
El ANPA somos tod@s


Un mar de papiroflexia
 
Samaín no Conservatorio
 



I CONCURSO DE DEBUXO E CONTOS "MÚSICA PARA A PAZ"

 O equipo de Dinamización de Convivencia do CMUS "Xan Viaño" de Ferrol, convoca o I Concurso de Debuxo e Contos "Música para a Paz" que pretende difundir a importancia da música como linguaxe universal e transmisor dos valores de paz, convivencia, amor e igualdade.
 Consultade as bases e animádevos a participar. Tedes ata o 16 de xaneiro (inclusive) para participar.




lunes, 10 de noviembre de 2014

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 
Mes da Ciencia nas bibliotecas escolares
‘Biblioteca escolar... matemático!!!’ é o lema co que este ano as bibliotecas escolares animan os alumnos e alumnas a ampliar o seu coñecemento sobre ciencias, concretamente a saber máis das matemáticas.
 Con este obxectivo, as bibliotecas escolares convértense no mes de novembro nun fervedoiro de iniciativas variadas e orixinais, entre as que se inclúen exposicións bibliográficas, guías de lectura sobre obras relacionadas coas ciencias, selección de recursos electrónicos, obradoiros de experimentos científicos, concursos de fotografía matemática, sesións de xogos e mais de lectura e cálculo, que se poden consultar en www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/. 
 
 Ademais, para este comezo do curso, a Asesoría de bibliotecas escolares da Consellería puxo ao dispor dos centros educativos unhas maletas viaxeiras científicas sobre matemáticas, ás que se sumarán outras sobre ciencias naturais, bioloxía e xeoloxía, así como de física e química.
 
 Finalmente, os pasados días 7 e 8 de novembro celebráronse en Santiago de Compostela as V Xornadas de bibliotecas escolares ás cales asistiu a Biblioteca "José Fontenla Leal" e nas que se presentaron, entre outras, diversas experiencias arredor das matemáticas. Aquí podedes descargar o programa:  PROGRAMA

 Nos vindeiros días colgaranse os videos das conferencias e outros materiais de interese en redeBE: ttp://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=21. Se tedes ocasión non vos perdades a Conferencia inicial de Ricardo Gómez "A mazá (envelenada) de Brancaneves".

viernes, 7 de noviembre de 2014

TRIVIAL MUSICAL – Concertos 19 de Novembro e 4 de Decembro

 


  En estreita colaboración e grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ós concertos do Mércores 19 de Novembro e do Xoves 4 de Decembro.  Para participar tedes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.

  Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte:
bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com. As entradas entregaranse por orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.

 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). Tamén no correo tedes que especificar un dos dous concertos e no caso de que queirades ir aos dous incluíde a vosa orde de prioridade. Unha vez vistas as vosas peticións e por orden de chegada das vosas respostas, realizaremos o reparto dunha entrada por contestación acertada e, sempre que sobren, asignaremos unha segunda entrada para aqueles que desexen asistir aos dous concertos. A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro Luns 17 de Novembro (ata as 20:00 horas).
 
 Recordamos que os vindeiros concertos da Sociedade Filarmónica celebraranse no Teatro Jofre cas seguintes programacións:
 
Data: Mércores 19 de Novembro, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
 
 

Real Filharmonía de Galicia 
James Dahlgren, director y concertino

Programa:
F. J. Haydn (1732-1809). Sinfonías 6 "Le Matin", 7 "Le midi" y 8 "Le soir"

 
 

Data: Xoves 4 Decembro, a las 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre

 
ORQUESTA SINFONICA DE GALICIA  
Michal Nesterowicz, director
Nemanja Radulovic, violín
 
 
Programa:
E Chausson (1855-99): Poéme
M. Ravel (1875-1937): Tzigane, rapsodia para violín e orquestra
X. Pagés i Corella (1971- ): Desde el fondo del espejo
E. Elgar (1857-1934). Variaciones Enigma

 
 
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL

¿Cal dos seguintes instrumentos é o instrumento máis grave?

1.          Violín

2.          Contrabaixo

3.          Viola

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL

¿Qué resposta identifica o estilo musical de F. J. Haydn?

1. Barroco

2. Clasicismo

3. Segunda Escuela de Viena



Lembrade que a data límite para recibir as respostas será o vindeiro Luns 17 de Novembro (ata as 20:00 horas).
 

Podedes consultar o calendario de Concertos da Sociedade Filarmónica Ferrolana na súa páxina web: www.filarmonicaferrolana.es

¡¡¡Moita sorte!!!

sábado, 1 de noviembre de 2014

Recomendación de Novembro: B.S.O. de “Tous les matins du monde”


Tous les matins du monde
 Este mes,  imos recomendarvos a banda sonora da película “Tous les matins du monde” (Todas as mañás do mundo).

 A película (Alain Corneau, 1991) conta con actores coma Gérard Depardieu ou Anne Brochet e é un drama de época que transcorre na Francia do século XVII. Conta a historia dun mestre de viola (Sainte-Colombe) e a súa relación cun alumno na corte de Luis XIV (o aínda novo Marin Marais): unha verdadeira xoia para os melómanos.

  A banda orixinal da película foi composta por Jordi Savall (Premio Nacional de Música 2014, ó que renunciou) e inclúe unha selección de pezas de Marin Marais, Sainte Colombe, François Couperin e Jean-Baptiste Lully:
1.       Marche pour la cérémonie des Turcs (J.B. Lully)
2.       Improvisation sur les Folies d’Espagne (M. Marais): extraits
3.       Prélude pour Mr. Vauquelin (J. Savall)
4.       Gavotte du Tendre (Sainte Colombe)
5.       Une jeune fillete (Mélodie populaire –arrangemente J. Savall)
6.       Les Pleurs (Sainte Colombe): version viole seule de J. Savall
7.       Concert à deux Violes “Le Retour” (Sainte Colombe)
8.       La Rèveuse (M. Marais)
9.       Troisième Leçon de Ténèbres à 2 voix (F. Couperin)
10.    L’Arabesque (M. Marais)
11.    Fantaisie en mi mineur (Anonyme XVIIe siècle – J. Savall)
12.    Les Pleurs (Sainte Colombe): versión à 2 violes
13.    Le Badinage (M. Marais)
14.    Tombeau  pour Mr. de Sainte Colombe (M. Marais)
15.    Muzettes I-II (M. Marais)
16.    Sonnerie de Ste. Geneviève du Mont-de-Paris (M. Marais)

 Jordi  SAVALL – Fabio BIONDI – Christophe COIN – Montserrat FIGUERAS – Maria-Cristina KIEHR – Rolf LISLEVAND – Pierre HANTAÏ – Jéròme HANTAÏ

Le CONCERT  des NATIONS

Direction: JORDI SAVALL

  

Esperamos que vos guste e animádevos a ver a película