Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2014

O RINCÓN DO COMPOSITOR: W. A. MOZART

Imaxe
   Como xa seguramente adiviñaríades esta quincena "O rincón do compositor" estará dedicado a W. A. Mozart. Retrato de W.A.Mozart   Mozart tamén é coñecido na historia por ser o primeiro músico en abandonar a situación de servidumbre como mestre de capilla e concertos da corte arzobispal en Salzburgo -definitivamente en 1781-  e intentar sobrevivir polos seus medios como compositor independiente. Como todos sabedes fracasou mais foi un exemplo seguido por outros músicos.  Nel rincón atoparedes xunto cun retrato de Mozart neno ó piano un repaso pola obra e curta vida deste xenio da música.    "Foi un neno prodixio" ¡Esperamos que vos guste!

OUTRA RECOMENDACIÓN DE DECEMBRO: MOZART E "A FRAUTA MÁXICA"

Imaxe
Mozart escribiu "A Frauta Máxica" ( Die Zauberflöte ) o mesmo ano do seu morte (1791) no medio dunha situación persoal difícil (problemas económicos e de saúde, preocupacións familiares) e a unha gran velocidade: estrenouse o 30 de setembro do 1791 en Viena  dirixida polo propio Mozart. Desde hai uns sete anos antes, Mozart xa formaba parte do movemento francmasónico que estendeuse rápidamente ó longo do século XVIII por Europa ó calor da Ilustración e de feito  moitos interpretan este conto de fadas coma unha complexa obra esotérica e iniciática. De calquera xeito, esta mestura de fantasía e símbolos masones amosa unha nova concepción da ópera de Mozart quen parecía quer mesturar nela todas as ideas musicais do XVIII. O argumento é o seguinte: o príncipe Tamino perseguido por unha serpe entra nas terras da raíña da Noite, quen aparece ensinándolle un retrato da súa filla Pamina secuestrada polo  perverso Sarastro. Tamino namórase ó ver a imaxe da rapaza, entón a Raíña

CONCERTO BENÉFICO A FAVOR DO BANCO DE ALIMENTOS

Imaxe
Aquí subimos o cartel e o programa do Concerto benéfico do vindeiro 18 de decembro a favor do Banco de Alimentos. Comentarvos que as entradas estarán disponibles a partir do martes 9 na taquilla do Teatro Jofre.          

O RINCÓN DO COMPOSITOR: MARIN MARAIS

Imaxe
  Rincón do compositor: Marin Marais   Nesta primeira quincena de Decembro "O rincón do compositor" estará dedicado a Marin Marais, un dos grandes do barroco francés. Nel rincón atoparedes -ademáis do instrumento cedido amablemente para a ocasión pola alumna do centro Laura Gómez Martínez-, uns apuntes sobre a historia e a evolución da actual viola, información sobre o compositor (a súa vida e obra co algunha anécdota) e o emprego da súa música no cine.   Marais é especialmente coñecido polo seu traballo ca viola dá gamba     A continuación compartimos un video para que escoitedes a sonoridade da viola da gamba: a obra é " Les Voix Humaines" de Marin Marais con Petr Wagner á viola dá gamba. ¡Esperamos que vos guste!              

RECOMENDACIÓN DE DECEMBRO: "Sémélé" de MARIN MARAIS

Imaxe
 Enlazando co rincón do compositor, a recomendación desde mes dedicarémola a Marin Marais.    En 2007 Hervé Niquet á cabeza de Le Concert Spirituel  recuperou para a súa grabación " Sémélé" , a derradeira ópera dun dos grandes compositores do reinado de Luis XIV: Marin Marais. Coñecido sobre todo pola súa música de cámara para  viola dá gamba , Marais tamén asinou varias tragédies lyriques para á Académie Royale de Musique.     " Sémélé" que foi estreada en 1709 ofrece moitos atractivos para quen lle guste a música barroca: un chispeante prólogo en honor a Baco, arias cheas de orixinalidade, unha inspiradísima escena infernal, divertissements variados e  ricos en carácter e o momento culminante dun terremoto que xa anticipa as grandes páxinas de Rameau.       Séméle: Duo " Chantons Ses Glorieux Exploits "   Le Concert Spirituel . Hervé Niquet Sémélé: Shannon Mercer - Dorine: Bénédicte Tauran - La Grande Prêtresse d