Páginas vistas en total

lunes, 1 de diciembre de 2014

RECOMENDACIÓN DE DECEMBRO: "Sémélé" de MARIN MARAIS

 Enlazando co rincón do compositor, a recomendación desde mes dedicarémola a Marin Marais. 
 
En 2007 Hervé Niquet á cabeza de Le Concert Spirituel recuperou para a súa grabación "Sémélé", a derradeira ópera dun dos grandes compositores do reinado de Luis XIV: Marin Marais.
Coñecido sobre todo pola súa música de cámara para viola dá gamba, Marais tamén asinou varias tragédies lyriques para á Académie Royale de Musique.
 
 
"Sémélé" que foi estreada en 1709 ofrece moitos atractivos para quen lle guste a música barroca: un chispeante prólogo en honor a Baco, arias cheas de orixinalidade, unha inspiradísima escena infernal, divertissements variados e  ricos en carácter e o momento culminante dun terremoto que xa anticipa as grandes páxinas de Rameau. 
 





 Séméle: Duo "Chantons Ses Glorieux Exploits"
 
Le Concert Spirituel. Hervé Niquet
Sémélé: Shannon Mercer - Dorine: Bénédicte Tauran - La Grande Prêtresse de Bacchus: Jaël Azzaretti - Junon: Hjördis Thébault - Adraste: Anders J. Dahlin - Júpiter: Thomas Dolié - Mercure: Lisandro Abadie - Cadmus: Marc Labonnette
 
 
¡Esperamos que vos guste!
 
 
 
 
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario