Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2015

245 ANIVERSARIO DE BEETHOVEN

Imaxe
Fonte: www.google.es    Hoxe hai 245 anos que foi bautizado  Beethoven e arriba tedes a simpática imaxe ca que google celebra o seu aniversario.   Ímolo celebrar enlazando cun concerto histórico en 1989 da súa 9ª Sinfonía. Se non tedes tempo para escoitala enteira, hoxe podemos dedicalo ao seu derradeiro e coñecido movemento "Coral" co texto do poeta Friedrich von Schiller ( Ode an die Freude) [1:06 aproximadamente]...   Fonte: www.youtube.com

PROGRAMA "BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS"

Imaxe
Fonte: edu.xunta.es  ¿Eres alumno/a do Conservatorio e gustaríache colaborar na biblioteca?   Se estás interesado/a ou queres informate do programa podes mandar un correo a: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com cos teus datos para poder poñernos en contacto contigo. Tamén podes falar directamente ca coordinadora (Águeda). Prazo para apuntarvos no programa: 15 de xaneiro inclusive .     Abaixo enlazamos ca súa publicación na páxina de educación da Xunta: Convocatoria do Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2015/16

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: I CICLO DE PROXECCIÓNS AUDIOVISUAIS, 15 de decembro

Imaxe
Sala Audiovisual Biblioteca Municipal Central (Plaza de España, nº 2)   Día 15 de decembro de 2015 - 19:30 h SERGEI PROKOFIEV (1891-1953) Sinfonía nº 1 Op. 25 Classical   ALFRED SCHNITTKE (1934-1998) Concierto para viola   PRESENTACIÓN E COLABORACIÓN   JOSÉ MANUEL MARTÍNEZ GARCÍA

ANPA: CAMISETAS PARA A PEQUE BANDA

Imaxe
  Este é o precioso logo deseñado para a Peque Banda . A deseñadora é unha nai profesora de debuxo; aproveitando o seu bo facer o ANPA encargouna o logo e este é o xenial resultado.   Marta González Pérez, nai duns dos rapaces da Banda, ensina a súa creación.    Esta foi a entrega das camisetas aos profesores da Peque Banda: Javi, Soraya e mais Óscar. Noraboa a tod@s polo traballo.

ANPA: FELIZ NADAL 2015

Imaxe
Así quedou a decoración do vestíbulo feita polo ANPA para desexar un Feliz Nadal.   Xan Viaño na estela de Nadal " Selfies Navideños: realiza con tus amigos un selfie navideño y envíalo por wasap al ANPA. Lo colocaremos en el vestíbulo del conser a modo de tarjeta navideña " Animádevos ;) Este foi o resultado:  

CONCERTO DE NADAL 2015

Imaxe
O vindeiro xoves 17 de decembro ás 20:00 no Auditorio de Ferrol haberá o concerto de Nadal deste ano no que participarán a Peque Orquestra, a Peque Banda, o Taller de Música Moderna e a Banda de Grao Profesional. Estamos todos invitad@s . Se o desexades tamén podedes colaborar na recollida de alimentos para o banco de alimentos Rías Altas de Ferrol.  Máis información no Facebook do Conservatorio

II CONCURSO DE DEBUXO E CONTOS "MÚSICA PARA A PAZ"

Imaxe
 "O equipo de Dinamización de Convivencia do CMUS "Xan Viaño" de Ferrol, en colaboración co ANPA, convoca o II Concurso de Debuxo e Contos " Música para a Paz " que pretende difundir a importancia da música como linguaxe universal e transmisor dos valores de paz, convivencia, amor e igualdade".  Consultade as bases e animádevos a participar. Tedes ata o 20 de xaneiro (inclusive) para participar e todos os participantes recibirán un agasallo. Bases del concurso

ANPA: ENTRADAS PARA CONCERTO

O ANPA ten a voso dispor 20 entradas cedidas pola ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA para o concerto do día 12-12-2015 ás 20 horas no PALACIO DA ÓPERA DA CORUÑA   Programa   Pedídeas no: anpaxanviano@gmail.com  

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: I CICLO DE PROXECCIÓNS AUDIOVISUAIS

Imaxe
Sala Audiovisual Biblioteca Municipal Central (Plaza de España, nº 2)    Día 3 de decembro de 2015 - 19:30 h JOHANN S. BACH (1685-1750) La pasión según San Juan (Muerte de Jesús y sepultura)   Tolzer Knabenchor. Director: Gerhard Schmidt-Gaden Concertus Musicus Wien. Director: Nikolaus Harnoncourt   Día 10 de decembro de 2015 - 19:30 h WOLFGANG A. MOZART (1756-1791) Réquiem   Día 15 de decembro de 2015 - 19:30 h SERGEI PROKOFIEV (1891-1953) Sinfonía nº 1 Op. 25 Classical   ALFRED SCHNITTKE (1934-1998) Concierto para viola   PRESENTACIÓN E COLABORACIÓN   JOSÉ MANUEL MARTÍNEZ GARCÍA  

NOVO FONDO: CADERNOS DE MÚSICA PARA DISCAPACIDADES

Imaxe
 A Fundación Música Abierta fíxonos entrega dun exemplar da colección de " Cuadernos de música para discapacidades " e o CD " Música Abierta ".  Xa o temos incorporado aos nosos fondos bibliográficos e así se poderá traballar con alumn@s (discapacitados ou non) que desexen afondar nas estéticas contemporáneas.  Podedes atopalo na materia de Recursos Musicais: R.M 44(0-12).  Tríptico informativo:   Anverso  y  Reverso

CATÁLOGO DE PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS

Imaxe
Desde onte un ficheiro co catálogo das Publicacións Periódicas disponibles na biblioteca estará na mesa do profesor encargado a disposición dos usuarios.   Fontes especializadas comentan que unha confusión coa nosa signatura "Percusión e piano" é imposible ao ter unha localización diferente na biblioteca, ser de diferente natureza (non son partituras) e non poder emprestarse. As revistas con moitos números que pola súa edición poden almacenarse cómodamente en andéis atoparédelas na balda da foto da dereita (tamén por orde alfabética). As demáis Publicacións Periódicas atópanse no caixón correspondente a súa inicial nos revisteros (lembrade que para a catalogación os artigos non se ten en conta).                                Revisteros                        Balda coas Publicacións 

25 NOVEMBRO: ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
    Fonte: YouTube.com   Para saber un poco máis: Naciones Unidas

22 DE NOVEMBRO: DÍA DA MÚSICA E DOS MÚSICOS

Imaxe
Este ano celebramos este día tan especial cunha grabación histórica. Fonte: YouTube Glenn Gould, Variaciones Goldberg BWV 988. Aria da Capo (1981)   Parabéns a tod@s

VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Imaxe
 Os pasados días 20 e 21 de novembro tiveron lugar as VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Desde a Asesoría de Bibliotecas irán colgando os materiais en redeBE . Non deixades de ver a intervención de Xurxo Mariño: " Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo ". 

VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Imaxe
  Fonte: Bibliotecas Escolares de Galicia Nos vindeiros 20 e 21 de novembro celebraranse en Compostela as VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA , unha actividade de formación permanente do profesorado, organizada conxuntamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de bibliotecas escolares, e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (a través do CAFI). Agárdase a asistencia dun milleiro de profesoras e profesores de toda Galicia, coma en anos anteriores.    O programa previsto contempla un bo feixe de experiencias de bibliotecas escolares galegas que funcionan como "bases de exploracións", en alusión ao lema da campaña de bibliotecas escolares deste curso 2015/2016, así como experiencias de traballos por proxectos coordinados por distintas bibliotecas escolares. Acudirán, así mesmo, expertos de distintos ámbitos que axudarán á reflexión sobre os novos retos que deben enfrontar as bibliote

CONFERENCIA A CARGO DE CRISANTO GÁNDARA: "Los cornetas que van al lado de los gefes"

Imaxe
Grazas ao noso reporteiro do ANPA, os que non tivemos a sorte de poder asistir podemos disfrutar da crónica da brillante conferencia que deu o noso compañeiro Crisanto Gándara Eiroa o pasado xoves.     O título da súa conferencia é cita dunha reseña ca que se atopou na súa investigación nun documento do século XIX cando aínda non estaba regulamentado o emprego das "g" e " j". Hai uns seis anos, e sen desvelar como chegou ás súas mans, veu a luz un cornetín dos que empregan os exércitos para indicar ás tropas ordes concretas. Mediante ese cornetín proporcionou ao público unha viaxe no tempo enlazando feitos históricos puntuais co instrumento. Falou da súa afinación, a razón do seu emprego nos exércitos... ata que chegou o intre en que desvelou que aquel cornetín en concreto fora encargado pola persoa responsable da banda militar de cornetas de Ferrol, e que o seu debut foi o 23 de marzo de 1883 para a procesión do venres do Santo Encontro.    Para

CONFERENCIA A CARGO DE LUCINIO MEDEL: "Xan Viaño, maís aló da vangardia musical"

Imaxe
  Facémonos eco da Conferencia que dará Lucinio Medel o vindeiro mércores 18 de novembro ás 20 horas na Sociedade Galega de Historia Natural. O seu título: "Xan Viaño, máis aló da vangarda musical".

XXIX EDICIÓN CONCURSO INTERNACIONAL DE PIANO "CIDADE DE FERROL"

Imaxe
 Fonte: web oficial    Adxuntamos o enlace para máis información: http://www.pianoferrol.com/

CICLO DE CONFERENCIAS

Imaxe
Fonte: CMUS Xan Viaño Facebook  O noso compañeiro Xosé Crisanto Gándara Eiroa , profesor de Historia da Música dará unha conferencia o vindeiro xoves 12 de novembro ás 19:30 na Sala Audiovisual da Biblioteca Central de Ferrol no Ciclo de Conferencias que organiza a "Sociedad Filarmónica Ferrolana". O seu título: " Los cornetas que van al lado de los Gefes: un instrumento ferrolano de 1883 ". Estamos tod@s invitad@s .

RECOMENDACIÓN DE NOVEMBRO: O PEQUE CORO DO XAN VIAÑO

Imaxe
Este é o resultado sonoro da gravación que fixo o Peque Coro o pasado Maio no Auditorio José Arriola do Cmus Xan Viaño de Ferrol polo noso compañeiro Sergio Pena.   A presentación do CD, coma sempre moi coidada,  inclúe no seu interior unha preciosa foto de todos os pequecoristas xunto con Catuxa Pita Evia (peque directora) e Alexandra Pita Evia (peque pianista). Chama a atención a marca de auga coa partitura do tema " No Viaño " e a póla dunha cerexeira que tanto significado teñen para o Coro.   Abaixo copiamos o seu contido, que como podedes ver inclúe pezas compostas por dous de nosos compañeiros (Bego e Teo).   Contenido 1. Canon de Bego. Begoña Álvarez co Trío Dumas: Martín Suárez Álvarez (violín), Marta Formoso Pico (chelo), Elisa Esperante Guimaré (piano) 2. Vamos Bebendo. Teo Ramírez 3. Dodi Li. Nira Chen. Arranxo de Dorren Rao 4. Si cien sierras. David Azurza 5. El perro de San Roque. David Azurza 6. No Viaño. Leonard Bernstein Saxof

PRESENTACIÓN DO CD DO PEQUE CORO GRAVADO EN MAIO

Imaxe
  O noso reportero do ANPA remítenos a crónica da presentación do CD do Peque Coro  que tivo lugar o pasado 24 de Xuño.  A directora do Peque Coro  Catuxa convocou aos pequecoristas para facer entrega do CD que gravaron en maio (no Auditorio José Arriola por Sergio Pena) así como da orla de fin de curso.  O ANPA agasallou a Catuxa e a Alexandra, e como non aos nenos e nenas, cunha tarta de chocolate co logo do Peque Coro polo seu quinto aniversario e que deuse boa conta dela.   Tarta agasallo do ANPA  Catuxa dedicou unhas palabras de agradecemento a todas as persoas que dunha forma ou outra fan posible que o coro siga adiante con tanto éxito. Tamén presentou o CD que con tanto agarimo fixérono.     Tamén quiso facer unha entrega especial á nosa compañeira e compositora da canción revelación da tempada o " Canon de Bego " Begoña Álvarez. Foi ovacionada cun gran aplauso.   Catuxa facendo entrega do CD a Bego  

ASOCIACIÓN MUSICAL MUSICREQUES

Imaxe
Fonte: https://www.facebook.com/AsociacionMusicalMusicreques/?fref=ts   O próximo mércores, en representación do CMUS Xan Viaño, Musicreques fará dous concertos didácticos para os escolares do Concello de Ferrol. Esperamos que lles guste moito o conto musical de "Iván e o lobo gris".   Para máis información: Asociación Musical Musicreques  e Concello de Ferrol

VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Imaxe
Fuente: Bibliotecas escolares de Galicia Nos vindeiros 20 e 21 de novembro celebraranse en Compostela as VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA , unha actividade de formación permanente do profesorado, organizada conxuntamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de bibliotecas escolares, e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (a través do CAFI).   Para máis información e programa da actividade consultade:   Bibliotecas escolares de Galicia

RECOMENDACIÓN DO DÍA: B.S.O. PESADELO ANTES DE NADAL

Imaxe
Fuente: www.filmaffinity.com Non puidemos resistilo e desde a biblioteca facemos este enlace a un anaco da banda sonora da recomendable película dirixida por Henry Selick e producida polo inconfundible Tim Burton " Pesadelo antes de Nadal ". Esperamos que vos guste. Fuente: YouTube.com. Esto es Halloween.   Versión original: This is Halloween

INVITACIÓNS CONCERTO 29 DE OUTUBRO

Imaxe
 Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana o Conservatorio dispón de  12 invitacións na zona de paraíso para o concerto de hoxe xoves 29.  Se estades interesados podedes recoller as invitacións en Conserxería. Se darán por estricta orde de chegada. Lembramos a información: Outubro                                                                                                      Data: xoves 29 de outubro, ás 20:30 horas Sala: Teatro Jofre Orquesta de Cámara Galega   Rogelio Groba Otero, director Alena Baeva, violín solista   Programa   1ª parte: G. F. Handel (1685-1759). Passacaglia en sol menor (HWV 432) G. Tartini (1692-1770). Sonata para violín “Il trino del diavolo” (versión para violín solista e orquestra de cordas) 2ª parte: R. Groba Otero. Divertimento para cuerdas L. Boccherini (1743-1805). Sinfonía en re menor “La casa del diavolo”

VISITAS Á BIBLIOTECA (II)

Imaxe
Durante a derradeira semana tiveron lugar as visitas guiadas á biblioteca para todo o alumnado de 1º de Grao Elemental.   1º C de Grao Elemental despois de buscar partituras  1º A de Grao Elemental co super profe Cristian A experiencia foi moi positiva: os rapaces xa saben o que poden atopar na nosa biblioteca e cómo desenvolverse nela. Xa teñen os seus carnés de usuarios e moitas ganas de facer emprego deles. Tamén levaron a casa un tríptico informativo que podedes descargar desde este blog.   Tríptico informativo   Saúdos desde a biblioteca :)

24 OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

Imaxe
       Colegio de Saunalahti, Finlandia. (Andreas Meichsner)     Copiamos un enlace a Pinterest As 25 bibliotecas públicas máis fermosas do mundo

VISITAS Á BIBLIOTECA

Imaxe
 Onte xoves 22 de outubro comezaron as visitas guiadas á biblioteca para todos os alumnos de 1º de Grao Elemental ¡e hoxe venres foi a quenda de 1º E!   María fixo esta foto tan chula dos alumnos de 1º D cos seus novos carnés de usuarios O calendario do resto das visitas guiadas é o seguinte:    Grupo  C: luns 26 de 19'00 a 19'30  Grupo B: martes 27 de 16'00 a 16'30  Grupo A: mércores 28 de 16'00 a 16'30  Grupo F: mércores 28 de 17'00 a 17'30   ¡Estamos a explorar!

TRIVIAL MUSICAL. Concerto 5 de novembro

Imaxe
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 5 de Novembro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as   A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro   martes

INVITACIONES PARA EL CONCIERTO DO XOVES 22

Imaxe
 Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana o Conservatorio dispón de 10 invitaciones na zona de paraíso para o concerto de mañá xoves 22.  Se estades interesados podedes recoller as invitacións en Conserxería. Se darán por estricta orde de chegada. Lembramos a información. Outubro                                                                                                      Data: xoves 22 de outubro, ás 20.30 horas Sala: Auditorio de Ferrol Orquestra Sinfónica de Galicia     Josep Pons, director Jan-Erik Gustafsson, violonchelo   F. J. Haydn (1732-1809). Concerto para violonchelo en Do M Hob. VII B1   Bizet/ Shedrin: Suite de Carmen     Máis información da programación en: www.filarmonicaferrolana.es

TRIVIAL MUSICAL. Concerto 29 de Outubro

Imaxe
   Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 29 de Outubro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.     A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro martes 27 de Outubro (ata as 10:00 horas).   PREGUNTA G