Páginas vistas en total

jueves, 8 de enero de 2015

O RINCÓN DO COMPOSITOR: L. VAN BEETHOVEN

 O primeiro "Rincón do compositor" do 2015 está dedicado a Ludwing van Beethoven.

Ludwing van Beethoven (1770-1827)

  Xunto cun retrato de Beethoven temos á esquerda a súa biografía cunha pequena descripción dos tres periodos compositivos nos que habitualmente divídese a súa obra; o seu lado o catálogo da mesma. Tamén temos un metrónomo: a súa dereita podemos ler a súa orixe e evolución e a relación que ten Beethoven co metrónomo Mälzel.
  A música que as veces soará no rincón do compositor será a Sinfonía nº 5 en Do m Op. 67 ou a Sinfonía nº 6 en Fa M, chamada tamén "Pastoral" Op. 68 na interpretación da Orquestra Filharmónica de Berlín baixo a batuta de Herbert von Karajam.
 
 

A casa de Beethoven, en Bonn, hoxe museo.
  Se tedes a sorte de viaxar a Bonn, podedes visitar a casa de Beethoven (Beethoven-Haus, Bonn). A casa onde veu ó mundo Beethoven é todo un símbolo para a cidade de Bonn. O edificio inclúe un museo, a biblioteca de Beethoven e unha sala de concertos que abriu en 1989.
 
 Se non, sempre podemos visitar a súa completísima páxina web !! 
(cunha sección para nenos en castelán).
 
 
 Esperamos que vos guste!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario