Páginas vistas en total

lunes, 19 de enero de 2015

OUTRA RECOMENDACIÓN DE XANEIRO: TCHAIKOVSKY "Danza da fada de azúcar" da suite "O Quebranoces" Op. 71a

Estos días o rincón do compositor e o concerto do luns 26 está dedicado a Tchaikovsky; desde a biblioteca imos recomendar un fragmento da obra deste compositor ruso.
"O Quebranoces" foi o terceiro ballet que Tchaikovsky compuxo polo encargo de Ivan Vsevolozhsky, director dos Teatros Imperiais quen quixo de novo contar ca música do compositor tralo éxito de "A bela durminte" (1890).  
O seu libreto parte dunha adaptación de Alejandro Dumas pai  sobre un conto de Hoffmann ("Quebranoces e o rei dos ratos" de 1816). A historia desenvólvese na Navidad de 1850, en Alemania, na casa do juíz Stahlbaum. Os fillos do matrimonio, Clara e Fritz, están a abrir os regalos e aparece o vello Drosselmayer -mago e padriño de Clara- co seu sobriño e tres caixas para ela, nas que hai un Arlequín, unha Colombina e un gran Quebranoces ca forma dun soldadito de madeira.

Deseño de vestiario Ivan Vsevolozhsky
para "O Quebranoces" (1892)
O ballet non tivo o éxito esperado ata mais adiante pero Tchaikovsky seleccionou oito números do ballet xa antes da  súa estrea (decembro, 1892) e creou a "Suite O Quebranoces" Op. 71a (marzo, 1892) para ser interpretada en forma de concerto o que resultou todo un éxito:
 
 I. Obertura miniatura
II. Danzas características
a. Marcha
b. Danza da fada de azúcar
c. Danza rusa (Trepak)
d. Danza árabe
e. Danza china
f. Danza dos Mirlitones
III. Vals das flores
 
 Disney recolleu esta música en 1940 para a súa película "Fantasía" e aproveitamos para colgar a "Danza da fada de azúcar" (con pequeñas variantes respecto á do ballet)
 
 
¡Esperamos que vos guste!

No hay comentarios:

Publicar un comentario