Páginas vistas en total

martes, 20 de enero de 2015

O RINCÓN DO COMPOSITOR: TCHAIKOVSKY

Como xa sabedes Tchaikovsky é o autor que nos ocupa estes días e a él está dedicado o rincón do ANPA:
"O rincón do compositor": Piotr Ilich Tchaikovshy (1840-1893)
 Nesta ocasión atoparedes moitas fotografías e documentos relacionados ca vida e época na que viveu este autor ruso: fotos e retratos, correspondencia do autor, deseños dalgúns dos decorados dos seus ballets, facsímiles de partituras... 
 Á esquerda do rincón, rodeada de libros de literatos rusos (Chejov, Babel, Tolstoi, Gógol...) está a biografía do autor.
 
Nadezhda von Meck, patrocinadora e amiga do compositor
Fotografía do Museo Tchaikovshy, en Klin (Rusia)

Na dereita da mesa tedes una pequena pantalla onde podedes ver e escoitar o ballet "O lago dos cisnes" na dirección de Nuréyev e a súa sinopse dos seus catro actos.
Ballet "O lago dos cisnes"
¡Esperamos que vos guste!

No hay comentarios:

Publicar un comentario