Páginas vistas en total

jueves, 26 de febrero de 2015

LUAR NA LUBRE: TORRE DE BREOGHÀN, A LUZ DOS MILÉSIANS

Cartel "Torre de Breoghàn". Fonte: www.luar na lubre.com
 
Os vindeiros 21 e 22 de xuño Luar na Lubre e a Orquestra Sinfónica de Galicia estrean no Palacio da Ópera da Coruña o espectáculo "Torre de Breoghàn", un proxecto que musica as invasións galegas de Irlanda a través da lenda dos Milesians. Colgamos o tráiler...
 
"Unha Sinfonía céltico Galaica de Luar na Lubre e a Orquestra Sinfónica de Galicia"
 
 Podedes descargar neste enlace o Tríptico informativo do espectáculo.
Máis información na páxina web de Luar na Lubre
 
 
 Saúdos

miércoles, 25 de febrero de 2015

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: Concerto 26 febreiro

 Desde a biblioteca queremos lembrar o concerto do mañá xoves no Teatro Jofre a cargo do "Cuarteto del Pino".
 
Data: xoves 26 de Febreiro, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre

CUARTETO DEL PINO
 
Programa:
R, Schumann (1810-56): Cuarteto de piano nº 1
J. Brahms (1833-97): Cuarteto de piano nº 1
 
Saúdos

martes, 24 de febrero de 2015

DÍA DE ROSALÍA

  Desde a Sociedade Cultural Medulio anímannos a celebrar o día de Rosalía no Conservatorio Xan Viaño ás 20 horas. Haberá poesía, música e audiovisuais rosalianos. Dous dos nosos compañeiros - Andrés Pazos e Suso Iglesias- participan
Este é o cartel:
 
 ¡Animádevos!

domingo, 22 de febrero de 2015

150 ANOS DO CMUS "MANUEL QUIROGA" DE PONTEVEDRA

    Desde a Dirección Xeral de Educación , Formación Profesional e Innovación Educativa achegan o Cd que contén algunhas das gravacións dos concertos realizados durante a primavera do 2014 con motivo da celebración do 150 aniversario da fundación do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra.
 Como peza inicial de dito Cd aparece a obra para violín e orquesta Follas Vellas, do autor Saúl Chapela, en homenaxe ao eximio violinista que da o nome actual ao conservatorio e que foi galardoada co I premio do Concurso de Composición Manuel Quiroga en 2013, un certame dirixido ao alumnado matriculado en Conservatorios Profesionais e Superiores de Música da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
"150 anos do Conservatorio de Pontevedra (1863-2013)"

 
 O conselleiro de Cultura e Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou o pasado 27 de xaneiro no CMUS Manuel Quiroga o disco do 150 aniversario deste centro histórico
do que se editaron 500 copias.
 No seguinte enlace da Xunta podedes ler máis sobre o contido do Cd e a noticia completa da súa presentación:
http://www.edu.xunta.es

viernes, 20 de febrero de 2015

PREMIO DA MÚSICA MARTÍN CÓDAX na categoría de música infantil

 Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares informan dos premios da Música Martín Códax:

 
O libro-disco de Pablo Díaz, Toc toc, resultou ganador nos Premios da Música Martín Códax 2014, na modalidade de música infantil. Este traballo, con ilustracións de Nuria Díaz, impúxose aos finalistas Te, chocolate, café de Golfiños e Xiqui Xoque, Fiú Fiú de María Fumaça.


  

Un saúdo

miércoles, 18 de febrero de 2015

AXENDA CULTURAL NARÓN: Encontro internacional de narración oral, 19 de marzo

Xoves, 19 de marzo ás 20:30 horas 
Lugar do espectáculo: Pazo da Cultura

 
Duración: 1 hora e 30 minutos
Prezos
9,50 € Público Xeral / 6,65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) - Desempregados
Información da billeteira
Público: Adultos
+ Info: 981 102 897

Máis información en: Padroado de cultura / Amancio Prada

 

AXENDA CULTURAL NARÓN: NABUCCO, 28 de febreiro

 Sábado, 28 de febreiro ás 20:00 h.
Todos os públicos
Concerlírica. Fonte: Padroado de cultura
Lugar do espectáculo: Pazo da Cultura (Narón)
Duración: 2 horas e 35 minutos
Prezos
28 € Público Xeral / 19,60 Abonados, Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos), Desempregados
Entradas a venta nas billeteiras do Pazo da Cultura
 
Para máis información: Pazo da Cultura de Narón

lunes, 16 de febrero de 2015

O REGRESO DE BJÖRK: "Vulnicura" e MoMA

Vulnicura (2015). Foto: Inez van Lamsweerde e Vinoodh Matadin.
Fonte: The Guardian
O novo disco da artista islandesa "Vulnicura" soa xa en internet mentras o MoMA (O Museo de Arte Moderna de Nova York) ultima unha macroexposición "inmersiva" ou "mergullante" (é dicir, bisensorial -vista e oído) dedicada á súa vida e obra.
A mostra do MoMA terá lugar entre o vindeiro 8 de marzo e o 7 de xuño e será unha retrospectiva polo mundo desta polifacética artista -desde o seu "Debut" (1993) ata "Biophilia" (2011)-: máis de vinte anos de proxectos e sete álbums que rexistrarán a súa carreira a través do son, película, ilustración, instrumentos, obxectos, traxes e actuación. Para máis información podedes entrar na páxina do MoMA.
 
Sobre o seu derradeiro álbum "Vulnicura" (2015) ela mesma conta nunha entrevista do 21 de xaneiro en Londres (Jessica Hopper, para Pitchfork) o dolor que foi para ela a composición do disco marcado pola súa separación do cineasta estadounidense Matthew Barney e resultando musicalmente coma un diario íntimo polas súas letras, unha "cronoloxía emocional" transparente coma nunca.
Así presentou o álbum na súa páxina web: 
Fonte: www.björk.com (anuncio de novo álbum)
 Para a vindeira retrospectiva do seu traballo no MoMA creou, xunto co director Andrew Thomas Huang, o traballo "Black Lake", filmado en Islandia durante o verán do 2014. Aquí colgamos o tráiler:
 
Björk, "Black Lake", Trailer. Fonte: Facebook

Gústache Björk?
Saúdos

sábado, 14 de febrero de 2015

O RINCÓN DO COMPOSITOR: PAGANINI

O rincón do compositor: Niccolo Paganini
Estes días Mendelssohn cedeu o seu lugar a Niccolo Paganini (1782-1840), violinista, violista, guitarrista e compositor italiano que moitos coñecen polo seu virtuosismo. Á esquerda da mesa, ao carón da máscara poderemos ler unha biografía do músico e unhas liñas sobre a lenda que naceu con él.
"Acuarela sobre cartón reciclado e máscara veneciana en acero ao carbón-
latón-cobre. Obras de NITO HORUS"
Máscaras e un "violín diabólico"
Á dereita, colgados sobre un telón temos dúas máscaras de entroido italianas e un violín decido amablemente pola nosa compañeira Iria Rico.
O "Carnaval de Venecia" 
E relacionado coas datas nas que estamos, temos dúas follas que nos contan sobre o "Carnaval de Venecia".
A música que ás veces soará:  "Concerto para violín e orquestra nº 1 en Re M Op. 6" e "24 Caprichos para violín solo Op. 1" na interpretación da Orquestra Sinfónica de Londres co Salvatore Accardo e Charles Dutoit.
 
Saúdos

jueves, 12 de febrero de 2015

RECOMENDACIÓN DE FEBREIRO: MUSICREQUES

Asociación Musical "Musicreques" (fonte: http://musicreques.blogspot.com.es/)
 A Asociación Musical "Musicreques" son as nosas compañeiras Alma Cendán González e Loreto Pérez Sánchez que ademáis de ser pianistas profesionais e profesoras superiores deste instrumento no CMUS Xan Viaño de Ferrol, crearon en 2012 esta asociación sen ánimo de lucro para, coma elas mesmas explican no seu blog "promover a música clásica entre os máis pequenos e achegar a música aos centros educativos".
 
 Para iso realizan Concertos Didácticos nos colexios da provincia de A Coruña e como poderíamos adiviñar polo seu nome, nos seus concertos atopamos música de piano en directo mesturada co teatro de monicreques: unha combinación que abraia e encanta aos nenos. Tamén actúan nas Bibliotecas Públicas de Galicia e en diversas salas dos concellos coruñeses destinadas a actuacións e concertos.

 A día de hoxe teñen os seguintes espectáculos (os dous primeiros dispoñen ademáis de guías didácticas que ofrecen a posibilidade de traballar cos nenos antes e despois do espectáculo):

 
 
O quebranoces para bebés

  No seu blog atoparedes máis información sobre cada un destes espectáculos, xogos en rede, unha axenda cos seus concertos, comentarios, un histórico de todas as súas actuacións...todo esto e moito máis en http://musicreques.blogspot.com.es/ 
 
 Seguro que vos encanta :)
 
 Un saúdo desde a biblioteca

martes, 10 de febrero de 2015

14 DE FEBREIRO: DÍA DO AMOR E DA AMIZADE


 O equipo de convivencia e mailo ANPA colaboran nesta semana para celebrar o 14 de febreiro, día do amor e da amizade.

 
 Podemos aproveitar para dicirnos cousas bonitas coas tarxetas que alí atoparedes. As mensaxes poden ser entre alumnos, entre profes, entre profes e alumnos, conserxes, etc... Pode participar toda a comunidade educativa do CMUS Xan Viaño. Iso sí, non esquezades poñer o nome da persoa que escribe e da persona destinataria.
 Entregaránse á volta das vacacións de Entroido.
 
Un saúdo

lunes, 9 de febrero de 2015

TRIVIAL MUSICAL - Concerto do 26 de Febreiro


 En estreita colaboración e grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 26 de Febreiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 23 de Febreiro (ata as 20:00 horas).


 PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:  En linguaxe musical ¿qué é unha liña adicional?

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: ¿Qué instrumentos conforman “Cuarteto del Pino?

¡¡Moita sorte!!
 
 
                                   Febreiro                                

Data: Xoves 26 de Febreiro ás 20:30
Sala: Teatro Jofre
CUARTETO DEL PINO
Programa:
R, Schumann (1810-56): Cuarteto de piano nº 1
J. Brahms (1833-97): Cuarteto de piano nº 1
 
Mais información da programación en http://www.filarmonicaferrolana.es/

jueves, 5 de febrero de 2015

O RINCÓN DO COMPOSITOR: MENDELSSOHN

O rincón do compositor está enmarcado nas columnas do Día da Paz
 Esta quincena o noso inquedo ANPA dedica o rincón do compositor a Felix Mendelssohn (1809-1847). Nel atopamos os retratos del e da súa irmá Fanny Mendelssohn (1807-1847) xunto coas súas biografías.
Interesante a figura de Fanny e os convencionalismos sociais e económicos da época que lle tocou vivir.


Compositor, pianista e director de orquestra
Está recollida a súa biografía xunto cun listado das súas obras.


No rincón se dedican unhas liñas para unha das obras máis soadas de Felix Mendelssohn: a coñecida como"marcha nupcial". Ademáis é unha das obras que podedes escoitar no rincón.
 
Esperamos que vos guste.
Un saúdo

martes, 3 de febrero de 2015

HOMENAXE A RAMÓN PÉREZ COSTALES

 Esta publicación edítase con motivo da homenaxe a Ramón Pérez Costales, promovida polo Concello de Coruña con ocasión do 104 aniversario do seu falecemento e celebrada o derradeiro 19 de xaneiro. Así mesmo, no 2015 cúmprese o 120 aniversario da primeira exposición de Picasso, que tivo lugar na Coruña en febrero de 1895 e foi promovida por Pérez Costales. Consta de 12 textos tanto actuales como da época e doutras tantas imaxes.
Portada: Ramón Pérez Costales. Óleo: Joaquín Vaamonde, Madrid, 1897.
 Museo de Belas Artes da Coruña
O noso compañeiro Xosé Crisanto Gándara Eiroa, profesor de Historia, colabora na coordinación e selección de textos xunto a Rubén Venruteira e na redacción da cronoloxía que foi realizada expresamente para esta publicación.
A biblioteca dispón dun exemplar doado amablemente por él que xa está dispoñible para empréstito na sección de "Historia-Biografías" (H.B 167).
 
Un saúdo