Páginas vistas en total

viernes, 27 de marzo de 2015

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, 2 de abril

Como xa sabedes, o día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil para conmemorar o nacemento de Hans Christian Anderse. A OEPLI, xunto coas súas catro sección - Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil-ClijCAT, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil-GÁLIX, e Galtzagorri Elkartea-, como todos os anos quere conmemorar ese día con todos os alumnos de Primaria e 1º Ciclo de Secundaria de Galicia e para isto convocaron o concurso Nós lemos e ti? que xa colgamos neste blog.
 
 
Como membros do IBBY e coa intención de que en todos os países do mundo se celebre o Día Internacional do Libro Infantil colgamos aquí a mensaxe "Muchas culturas una historia" da escritora MARWA OBAID e o cartel de NASIM ABAEIAN que este ano preparou a sección de Unión de Emiratos Árabes do IBBY e que, coa versión nas catro linguas oficias atoparedes na web da OEPLI.
 
"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias"
Historias internacionais… historias tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe… unha princesa… e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán
Inmutábeis durante séculos
Acompáñannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
Pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha única historia."
 
Escrito por: Marwa Al Aqroubi
Traducido ao galego por Antía Marante e Sabela González.



Un saúdo

 

 

TÓCAA OUTRA VEZ, XAN - IV edición

 
O periodo de inscripción amplíase ata o 31 de marzo do 2015.
 
Organizado polo ANPA do Conservatorio Xan Viaño, contando ca colaboración do Conservatorio.
Pretendemos que participe toda a comunidade educativa (alumnos, profesores, país, nais,...) do Conservatorio que desexen interpretar un tema dunha banda sonora (B.S.O.), cunha duración máxima de 5 minutos.
Admítese calquera tipo de formación: solistas, orquestra, cámara, coro...
Haberá dúas categorías: Grao elemental e Grao Profesional e un premio para cada unha delas.
A interpretación dos temas levarase a cabo na segunda quincena de abril.
 
Recollida e entrega do formulario de inscripción en conserxería.
 

jueves, 26 de marzo de 2015

ANPA: OFRENDA FLORAL A XAN VIAÑO

 
Hoxe na entrada atopamos unha ofrenda floral a Xan Viaño polo aniversario do seu falecemento.
 Nas columnas atoparemos a súa biografía e o catálogo de obras do autor.
 
"Ofrenda floral do ANPA a Xan Viaño polo vixésimo aniversario
do seu falecemento. O 26 de marzo de 1991"


O ramo de flores está composto de Fresia e Solidago.

 Desde o venres 27 atoparemos fotos do compositor decidas amablemente pola familia.

CONCURSO: "NÓS LEMOS, E TI?"


CONCURSO  DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL   2015

“Nós lemos, e ti?” 

Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL (2 de abril), a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, xunto coas súas catro seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso “Nós lemos, e ti?”.
 

PARA PARTICIPAR:
 
  1. Poden participar todos os lectores e lectoras que estean cursando Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou dende a biblioteca.
  2. Reunir membros da familia ou amigos que queiran participar.
  3. Escoller un libro en galego cada un e co móbil ou cunha cámara facerse unha selfie. É imprescindible que se vexan os libros.
  4. Deberá acompañar á selfie un breve texto explicando o motivo polo que o/a participante escolleu ese libro. Tamén deberá constar o nome e apelidos do/a participante, o domicilio, poboación, teléfono, ano de nacemento e nome do centro docente ou biblioteca, do titor/a ou bibliotecario/a, domicilio, poboación, teléfono e correo electrónico. 
  5. Os centros docentes e bibliotecas deberán seleccionar un máximo de tres traballos por curso segundo o seu bo criterio e entregalos directamente ou ben remitilos por correo postal ou correo electrónico antes do día 2 de abril aos seguintes enderezos en función da súa residencia:
GÁLIX. Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil
      Centro de Emprendemento Creativo de Galicia. Cidade da Cultura de Galicia. 
Monte Gaiás, s/n. 15707 Santiago de Compostela. Tel.: 881 99 61 09 galix@galix.org 

  1. Establécese un premio para cada unha das seguintes categorías e ámbito lingüístico:
   Primeiros lectores (1º, 2º e 3º de Primaria)
   Lectores avanzados (4º, 5º e 6º de Primaria)
   Superlectores (1º e 2º de Secundaria).

Cada un dos premios estará dotado cun diploma e lote de libros para os premiados e a entidade (biblioteca ou centro docente) que presente os traballos. 

  1. O xurado cualificador estará integrado por representantes de cada unha das seccións de OEPLI.
  2. O fallo do Premio terá lugar no mes de xuño e a entrega dos premios será nas sedes de cada unha das seccións da OEPLI.
  3. Non serán devoltos os orixinais aos seus respectivos autores e autoras unha vez rematado o concurso. A OEPLI poderá empregar as selfies gañadoras en diferentes soportes e usos relacionados co DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, sen que este feito dea dereito a retribución algunha  para os concursantes. Será imprescindible enviar a correspondente autorización dos pais/titores para a súa reprodución e difusión na páxina web e facebook da Organización.
  4. A simple presentación de orixinais para o concurso supón a aceptación e conformidade coas presentes bases.
______________
 
 O calendario está un pouco apretado pero se desaxades participar podedes facelo antes do día 2 de abril a través do correo electrónico da biblioteca bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com.
 
 ¡Animádevos!
 

miércoles, 25 de marzo de 2015

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: Concierto 26 de marzo

Desde a biblioteca queremos lembrar o concierto de mañá  xoves 26 de marzo. Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana algúns de nosos/as alumnos/as xa teñen á súa entrada.
 
                                   Marzo                                       

Data: Xoves 26 de Marzo ás 20:30
Sala: Teatro Jofre



ORQUESTA SINFONICA DE GALICIA  
Michail Jurowski, director
Kirill Gershtein, piano

Programa:
H. Parra (1976- ) : Lumières
S. Prokofiev (1891-1953): Concierto para piano nº 2
F. Schubert (1797-1828): Sinfonía nº 8 "Inacabada"

 Máis información da programación en http://www.filarmonicaferrolana.es/

Saúdos

martes, 24 de marzo de 2015

TMM EN CONCERTO: 25 marzo ás 20:00 no Auditorio de Xan Viaño

 
Xa están aquí: Taller de Música Moderna este mércores ás 20:00 no Auditorio.
 
 
 
Para que non esquecedes ;)
 
Un saúdo 

lunes, 23 de marzo de 2015

XI CONCURSO XAN VIAÑO DE CREACIÓN MUSICAL

Como sabedes, o Departamento de Composición do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol convoca o XIº Concurso de Creación Musical, que terá como finalidade a creación dunha
composición curta e está aberto a to@s @s alumn@s do centro.
Na súas bases, o punto segundo di que:
"Entanto que o Día das Letras Galegas 2015 está dedicado a Xosé Filgueira Valverde (1906-1996), valorarase que as composicións inclúan algunha cita das melodías recollidas no seu Cancionero Popular Galego".

A biblioteca dispón dun exemplar (M129) que está disponible para a súa consulta en sala para tod@s @s alumn@s que o precisen.
Asimesmo, para facilitar durante a Semana Santa o traballo dos compositores desde o Departamento dan un enlace da Universidade de Santiago de Compostela o cal da acceso ás súas coleccións bibliográficas dixitalizadas e á produción investigadora e docente dos seus membros . ¿A que é xenial?

Ahí podedes acceder a un pdf coa Tese de doutoramento de D. Xavier Groba González e dirixida polo Dr. D. Carlos Villanueva Abelairas (vol. I) titulado "O legado musical de Casto Sampedro Folgar (1848-1937): O canto galego de tradición oral" onde aparecen lóxicamente pezas do cancionero.

O prazo de presentación das obras rematará na semana do 7 ao 10 de abril de 2015. Tedes toda a información nos trípticos disponibles en Conserxería e que en breve intentaremos colgar aquí tamén.

¡¡Animádevos e moita sorte!! 

O PEQUECORO EN VIVEIRO CON "EL LEÓN DE ORO".

 O Pequecoro de Xan Viaño tralo concerto que deu no sábado pola mañá xunto co Coro Infantil do Conservatorio Profesional de Santiago acudiu a Viveiro para ver ao espectacular coro "El León de Oro" dentro do Programa de Difusión Cultural da Xunta de Cofradías.
 
 O Coro "Los Peques del León de Oro" foi creado en 2000 como parte do proxecto coral "El León de Oro". Subimos abaixo o programa de mán ca súa traxectoria e información sobre a súa directora Elena Rosso Valiña.
 
 O noso enviado especial cóntanos que comentáronlles que o Pequecoro de Ferrol foi alí para verlles.  Foron ovacionados cun gran aplauso e insistiron en compartir escenario con eles. Ao final cantaron xuntos a canción "Can you hear me?". Foi algo emocionante:

 
 A Igrexa de San Francisco foi un marco incomparable, cheo de xente e foron moi amables en todo momento, incluso reservaron bancos para que os nosos pequecoristas estiveran cómodos e a gusto.
Un emotivo momento do concerto.
 
 O noso enviado tamén achega unha copia do programa de mán:
 

 Remitimos ao Blog do Pequecoro no cal a súa directora conta a experiencia en primeira persoa.

Un saúdo
 
 

sábado, 21 de marzo de 2015

ENCONTROS PLAMBE 2015

 
 Os días 12 e 13 de marzo tiveron lugar en Santiago os "Encontros do Plan Mellora de Bibliotecas Escolares 2014-2015" (PLAMBE) e a Biblioteca "José Fontenla Leal" estivo alí. Neste enlace atoparedes os Materiais dos encontros; aínda non están os videos pero en breve publicarán e colgaremos o enlace. Cando estean non vos perdades o video de Ángel Carracedo.
 
Nos Encontros do Plan Mellora de Bibliotecas Escolares 2015 atopamos ao coordinador da Biblioteca de CMUS Profesional de Vigo, Feliciano Carbonell. Xa estamos a colaborar xuntos.
 
Un saúdo

jueves, 19 de marzo de 2015

O RINCÓN DO COMPOSITOR: JOHANN SEBASTIAN BACH

O rincón do compositor: Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Desde o martes 17 de marzo o rincón do compositor está dedicado a Johann Sebastian Bach (1685-1750). Nesta ocasión o retrato de Bach (Haussmann, 1748) preside o rincón e a ámbolos lados hai unhas láminas de José Otero Abeledo (Lalín, 1908- Vigo 1996) máis coñecido como Laxeiro.
Sobre un coxín baixo o retrato atopamos unha batuta, un diapasón e unha pluma. Arredor do coxín candeas amarelas e verdes fainos pensar en todas as notas que Bach puido compoñer durante as noites.
Sobre un piano unha pregaria en honor ao compositor
"Bach nuestro / que estás en la música / santificado sea tu preludio / venga a nosotros tu fuga / hágase, Señor, tu contrapunto / así en la sonata como en el concierto / Perdona nuestras notas falsas
así como nosotros perdonamos a los que las cometen / No nos dejes caer en el reggaetón / líbranos de Clayderman / porque tuya es la inspiración, / la creatividad / y la beatitud música. / Por los siglos de los siglos / Amén"
  
 
 Xunto con dous libros infantís da colección "Érase... la Música" do ANPA o resto do materal exposto está no fondo da biblioteca: 
* Dowley, Tim: Bach, Ed. Ma non troppo, 2001 (H.B 34)
* Du Bochet, Paule e Voake, Charlotte: Johann Sebastian Bach. Ed. Combel, 2007 (I 34)
*  Rachlin , Ann e Hellard, Susan: Bach, Ed. Omega, 1992 ( I 36)
* Wolff, Christoph: Johann Sebastian Bach: el músico sabio (H.B 151)
 
Un saúdo

martes, 17 de marzo de 2015

AXENDA CULTURAL NARÓN: Encontro internacional de narración oral, 19 de marzo

Xoves, 19 de marzo ás 20:30 horas 
Lugar do espectáculo: Pazo da Cultura

 
Duración: 1 hora e 30 minutos
Prezos
9,50 € Público Xeral / 6,65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) - Desempregados
Información da billeteira
Público: Adultos
+ Info: 981 102 897

Máis información en: Padroado de cultura / Amancio Prada

 

CURSO DE VIOLÍN, VIOLA E MÚSICA DE CÁMARA: Enrique Iglesias, 20 e 21 de abril

O Departamento de Corda Frotada facilítanos o cartel e tríptico do Curso de Interpretación Musical de Violín, Viola e Música de Cámara que impartirá el profesor Enrique Iglesias os vindeiros 20 e 21 de abril no Conservatorio Profesional Xan Viaño de Ferrol.
¡Animádevos!
  


 
Un saúdo

sábado, 14 de marzo de 2015

DOAZÓN: EXEMPLARES DO SÉCULO XIX


 Gracias a nosa compañeira Mª Teresa Sánchez de Toca y Acebal, a doazón de hoxe é especial polo seu interese histórico ademáis de musical pois trátanse de exemplares do século XIX en moi bo estado de conservación. En ambos casos atopamos dourado nos cantos das follas, encuadernacións en perfecto estado, as marcas das pranchas e o seu contido completo.
O exemplar da esqueda da foto é un Método de piano ("M91" ):
 
 
"Método completo de piano del Real Conservatorio de Música de María Cristina. Fundada sobre el análisis de los mejores métodos que se han publicado hasta el día así como sobre la comparación de los diferentes sistemas de ejecución de los mejores pianistas de Europa. Por D. Pedro Albéniz, Maestro del espresado (sic) R. Conservatorio, Vocal de la Junta Facultativa del mismo y primer organista de la R. Capilla de S. M."
 
 É un dos métodos máis importantes do século XIX porque foi o primeiro que adoptou o Conservatorio de Madrid (1840). Se queredes afondar máis no tema enlazamos cunha páxina da revista Docenotas onde fálase de dito método: métodos de piano en España no século XIX
O fondo da dereita ("M92") contén 5 pezas para harpa e colgamos como exemplo a portada da primeira peza:
 
 "Fantaisie pour la harpe composées sur des motifs de Guillaume Tell et dédiée à Miss Campbelle par Théodore Labarre Opéra 44. Paris chez E. Troupenas"
O resto do contido do fondo é o seguinte:
 - Fantaisie et Variations pour la Harpe sur des Motifs favoris du compte Ory dédiñees à Mils Cohen par Theodore Labarre Opéra 36

- Variations fáciles pour la harpe sur la Tyrolienne de Guillaume Tella composées pour S.A.R. la Princesse Clémentine d'Orléans par (...) F. Paër

- Fantaisie et Variations pour la Harpe sur la Marche des Grecs du Siège de Corinthe de Rossini dédiées à M. Adolphe Nourril par Th. Labarre Op. 25

- Fantaisie pour la harpe sur des motifs de l'Ópera de Moïse composée par T. Labarre Op. 28
  
Lembrade que os manuscritos e resto de fondos valiosos non se prestan. Soamente pódense consultar na Biblioteca coa autorización escrita do Equipo Directivo.
 
Un saúdo

viernes, 13 de marzo de 2015

TRIVIAL MUSICAL - Concertos 6 e 10 de Abril

Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir a cada un dos concertos dos vindeiros luns 6 e venres 10 de Abril. Para participar teredes que contestar de xeito correcto ás preguntas que atoparedes máis abaixo segundo o concerto.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá para cada unha das datas dúas preguntas segundo o Grao que cursades. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 
 A data límite para recibir os vosos correos:
* para o concerto do 6 de abril: venres 27 de marzo (ata as 10:00 horas).
* para o concerto do 10 de abril: o martes 7 de abril (ata as 10:00 horas).

                      6 de Abril ás 20:30 no Teatro Jofre                              

 
  PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:  Se nun compás temos dúas negras, dos corcheas e un silencio de negra ¿en qué compás podemos estar?

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Define brevemente "Obertura"
ORQUESTA JOVEN DE GALICIA
Director: Andrés Salado

Programa:
Bernardo Freire López (1894-1983): Obertura para "Fuenteovejuna" de Lope de Vega
Bohuslav Martinu (1890-1959): Concerto para óboe H 353
Pausa

A. Ginastera (1916-83): Suite Ballet Estancia
G. Gershwin (1898-1937): Un americano en París

                      10 de Abril ás 20:30 no Teatro Jofre                              

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:  ¿Qué é "dinámica"?

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Arranxa as seguintes voces de muller desde a máis aguda á máis grave: contralto, soprano, mezzosoprano.

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA  
Sergio Alapont, director
Paula Murrihy, mezzosoprano


Programa:  
J. Bautista (1901-61): Sinfonía breve
P. Hindemith (1895-1963): Marienleben (Sechs Lieder)
F. Mendelssohn (1809-47): Sinfonía nº 1 

Máis información da programación en www.filarmonicaferrolana.es

¡¡Moita sorte!!

Un saúdo

jueves, 12 de marzo de 2015

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: Conciertos de Abril

 
 
ABRIL 
Día 6, ORQUESTA JOVEN da OSG
Día 10, REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Día 14, JAEYEON WON, piano (ganador do concurso "Cidade de Ferrol" 2014)
Día 30, ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
 
Non esquezades que grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir a cada un destes concertos. ¡¡Estade atentos porque en breve publicaremos o vindeiro Trivial músical que será dobre!!
 
 
Máis información da programación en http://www.filarmonicaferrolana.es/


Un saúdo

martes, 10 de marzo de 2015

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2014/2015


Os vindeiros 12 e 13 de marzo terán lugar en Compostela (Palacio de Congresos) os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, unha cita anual do profesorado que coordina e representa aos equipos de bibliotecas escolares dos centros integrados neste programa. No presente curso participan deste Rede de bibliotecas escolares que supón o PLAMBE, un total de 550 centros distribuídos por toda a xeografía do país.  
Coma en anos anteriores, a participación nos encontros será do seguinte xeito:
  • 12 de marzo: responsables das bibliotecas dos 33 centros que se incorporaron ao PLAMBE na convocatoria de 2014.
  • 13 de marzo: responsables do resto das bibliotecas do PLAMBE ata un total de 550. 
O programa elaborado desde a Asesoría de bibliotecas escolares, en colaboración co CAFI (Servizo de Formación do Profesorado), conta coa presenza de expertos como Casildo Macías (coordinador da Rede de bibliotecas escolares de Extremadura, coautor do Marco de referencia para las bibliotecas escolares- MEC,2011), Ana Garralón (experta e crítica de literatura infantil e xuvenil), Elisa Yuste (consultora con formación e experiencia no ámbito bibliotecario, editorial cultural e educativo), Ana Basterra (Asesora do ámbito socio-lingüístico no Berritzegune -centro de profesores- de Leioa, en Bizkaia, experta en metodoloxía de proxectos). Presentaranse experiencias de bibliotecas escolares de centros que salientan polas súas boas prácticas, e os participantes poderán tamén acudir a unhas reunións temáticas (sobre a formación audiovisual, as apps na biblioteca escolar , a colaboración entre as bibliotecas escolares e coas bibliotecas públicas ou sobre avaliación dos servizos da biblioteca, entre outras). Poñerá o punto final aos encontros o catedrático de Mediciña Legal da USC, experto internacional en xenética e divulgador científico, Ángel Carracedo, autor do manifesto publicado no pasado novembro, con ocasión do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. 

lunes, 9 de marzo de 2015

AXENDA CULTURAL NARÓN: O ÚLTIMO DRAGÓN, 15 de marzo

Domingo, 15 marzo ás 19:00 h.
Lugar do espectáculo: Pazo da Cultura
 
Sarabela teatro. Fonte: Padroado de cultura
Xénero: Infantil
Duración: 50 minutos
Prezos: 
9,50 € Público Xeral / 6,65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) - Desempregados
Público: Familiar e infantil (a partir de 5 anos)
+ Info: 981 102 897

viernes, 6 de marzo de 2015

ANPA: 8 DE MARZO

Hoxe o ANPA trouxo un atril moi especial polo vindeiro 8 de marzo: o Día internacional da muller.
 
8 de marzo: Día Internacional da Muller .

A esquerda poderemos ler sobre a verdadeira orixe do día internacional da muller. E á dereita, xunto cunha lista feita con moito agarimo das mulleres que traballamos dun xeito ou otro no CMUS Xan Viaño, pódese ler o seguinte:
 
"¡¡¡¡¡CHICAS!!!!!
  Los chicos de este conservatorio
os queremos dar las gracias
por y cada una
de vuestras funciones que desempeñáis.
Mostraros nuestro más profundo y sincero respeto
y que nos sentimos orgullosos de vosotras"
¡¡GRACIAS!!"
 
:)

jueves, 5 de marzo de 2015

O RINCÓN DO COMPOSITOR: VIVALDI

  
O rincón de Antonio Vivaldi (1678-1741)

  Parece que Vivaldi trouxo hoxe a primavera a Ferrol...
 
Vivaldi (retratado na mesa por François Morellon de La Cave -1723-) ven acompañado da súa obra quizás máis emblemática: as súas "catro estacións"; cada un dos instrumentos da mesa representa unha estación: a trompeta, o fagot, o violín e a viola ¿poderías identificalos?
As columnas da Paz enmarcan o rincón e á dereita, no atril poderemos ler a súa biografía (Gran Selección Deutsche Grammophon).
 
Detalle do rincón: as bolboretas disecadas foron
decidas polo alumno Pablo Lourido Iglesias
Os instrumentos foron decidos amablemente por Sebas (profesor de trompeta), Patricia (a profesora de fagot), Iria (unha das nosas profesoras de violín) e a alumna Laura Gómez Martínez (a viola). E non esquecemos a colaboración de Juan e máis Emma, da floraría "La tienda de Emma", que desde o primeiro momento mostráronse moi ilusionados por colaborar co ANPA do Xan Viaño de forma desinteresada e sempre dispuestos a todo.   



  O ANPA proponnos un xogo: cada anxo representa unha estación... ¿saberías cal pode representar a cada estación?  

 
 A música que ás veces soará: "Las cuatro estaciones Op.8" e "L'estro armonico, Op.3" na interpretación de Michel Schwalbé (violín) e a Orquestra Filarmónica de Berlín baixo a batuta de Herbert von Karajan (registro de catalogación na biblioteca).
 
Un saúdo

FEMINISMO E MÚSICA

 "A historia das mulleres na música foi ata tempos recentes unha historia non dita: as instrumentistas, as directoras, as mecenas, as compositoras non aparecían nos libros de historia, nin as súas obras eran tocadas nos concertos, nin atopábamolas nas tendas de discos. A musicoloxía feminista xurde nun principio para enmendar esta carencia"
 
 A musicoloxía feminista interésase polos temas que ata fai ben pouco eran marxinais nos estudos sobre música: as mulleres compositoras, intérpretes, o público femenino, as representacións de xénero... Mais tamén supuxo un cambio de perspectiva para abordar temas clásicos da música. Na obra "Feminismo e música. Introducción crítica" (Madrid: Narcea, 2003) a profesora de Historia da Música Universal da Univerdidade de Girona, Pilar Ramos López, desenvolve unha introdución a esta proposta de análise.
 
 
Unha obra literaria destaca entre todas: é "Feminine endings; music, gender and sexuality" (2001), de Susan Mc Clary. Velaquí preséntanse os obxectivos e o xeito de proceder desta corrente de pensamento.
   En 1991 "Feminine Endings" foi controvertible pola súa mestura sen  precedentes de crítica cultural e estudios musicais, un acercamento que foi chamado "a Nova Musicoloxía".
McClary fai unha ollada a varias composicións  a través dos ollos dunha musicóloga, filtrado a través de ideas feministas. A través de casos de estudio que abarcan desde o canónico -operas de Monteverdi e Bizet- ata o contemporáneo -a arte interpretativa de Diamanda Galas e a canción popular como Madonna e Laurie Anderson- Susan McClary céntrase no xeito do que a música produce imaxes de xénero, desexo, pracer... e explora as metáforas baseadas no xénero que circulan sobre a música (Sarah Beaudoin). 
Según algúns é interesante e deixa moito traballo de campo feito para que outros estudiosos o refinan mais algunhas críticas expoñen que parte do que fixo só foron conxecturas, e ás veces parece saltarse as obvias explicacións sociais con pouco máis que evidencias anecdóticas.
 O traballo agora clásico, presenta unha nova introdución que trata a crítica recepción que recibiu e o debate que inspirou. 
 
 
Para curiosear máis: http://www.uned.es / http://canal.uned.es

miércoles, 4 de marzo de 2015

VIII PREMIO Á EXCELENCIA MUSICAL 2013

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa achega un lote de CDs froito da grabación efectuada nos estudos de gravación Mans de A Coruña polos artistas noveles premiados no "VIII Premio á Excelencia Musical 2013" que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou en colaboración coa Fundación Paideia Galicia durante o mes de decembro de 2013.
 Estes premios, que representan o traballo que se está a facer dende os conservatorios de Galicia, tratan de impulsar a promoción daqueles alumnos que rematan estudos nos conservatorios superiores de música de Galicia coas máximas cualificacións, co fin de premiar o seu esforzo e colaborar ao seu desenvolvemente profesional cunha formación artística de calidade.
Carlos Javier Polo Infante (piano) Primer Premio

Alejandro Peiteado Brea (clarinete) Segundo Premio
 Lorena Méndez Rodríguez (flauta), Tercer Premio
Pablo Álvarez Delgado Primera (piano) Primera Mención de Honra 

No name: Miguel Queixas -batería-, Alfonso Calvo -contrabaixo-,
Iago Mouriño -piano-, Pablo Castaño -saxo Alto-. Segunda Mención de Honra

A biblioteca dispón dun exemplar de cada que está dispoñible para empréstito. Lembrade que os audiovisuais tamén pódense prestar 5 días e que no caso de que o fondo aínda non estea catalogado -¡con tempo lograrémolo!- os empréstitos apúntanse nos libros de actas que o/a profesor/a responsable ten na súa mesa.
 
 
Un saúdo

lunes, 2 de marzo de 2015

TRIVIAL MUSICAL - Concerto do 26 de Marzo


En estreita colaboración e grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 26 de Marzo. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 23 de Marzo (ata as 20:00 horas).

 PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:  ¿Qué é un intervalo?

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: ¿Por qué a Sinfonía nº 8 de Schubert chámase  "Inacabada"?

¡¡Moita sorte!!
 

                                   Marzo                                       

Data: Xoves 26 de Marzo ás 20:30
Sala: Teatro Jofre

Orquesta Sinfónica de Galicia. Fonte: Sociedad Filarmónica Ferrolana
ORQUESTA SINFONICA DE GALICIA  
Michail Jurowski, director
Kirill Gershtein, piano

Programa:
H. Parra (1976- ) : Lumières
S. Prokofiev (1891-1953): Concierto para piano nº 2
F. Schubert (1797-1828): Sinfonía nº 8 "Inacabada"


Saúdos desde a biblioteca

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, 8 de marzo


Rosa Luxemburgo. Fonte: Libre acción poética
O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como facedoras da historia e funde ás súas raíces na loita de séculos da muller por participar na sociedade e na vida política e económica en igualdade co home (Fonte: ONU).
É un momento para non esquecer esa loita e tamén de reflexión sobre os avances acadados, esixir cambios e celebrar os actos de valor e decisión desas mulleres que desenvolven unha extraordinaria e marabillosa función na historia dos dereitos da muller.
 
Aínda que o discurso data de 2007, Isabel Allende ilustra hoxe -xunto a Rosa de Luxemburgo- o noso blog. Isabel participou en marzo daquel ano na Conferencia TED (Technology Entertainment and Design [Tecnoloxía, Entretemento e Deseño]) en Monterey (California), unha conferencia mundial dedicada á difusión de "Ideas que Paga a pena Difundir".
Como di o resumo da súa charla que podedes ler na súa páxina web "Isabel examina a paixón e fala das mulleres que coa súa coraxe e altruismo transformaron o feminismo moderno" envolto no seu sentido do humor engadimos nós.
Tamén podedes ver o video da conferencia na páxina de TED. Son 18 minutos que paga a pena ver: 
 
Un saúdo

domingo, 1 de marzo de 2015

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 26 marzo

 
MARZO
Día 26, ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
 
 Non esquezades que grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana a Biblioteca do Conservatorio dispón de dez entradas para os ganadores do Trivial musical.
 
 ¡¡Estade atentos porque en breve publicarémolo!!

                                   Marzo                                       

Data: Xoves 26 de Marzo ás 20:30
Sala: Teatro Jofre

Orquesta Sinfónica de Galicia. Fonte: Sociedad Filarmónica Ferrolana
ORQUESTA SINFONICA DE GALICIA  
Michail Jurowski, director
Kirill Gershtein, piano

Programa:
H. Parra (1976- ) : Lumières
S. Prokofiev (1891-1953): Concierto para piano nº 2
F. Schubert (1797-1828): Sinfonía nº 8 "Inacabada"

 Máis información da programación en http://www.filarmonicaferrolana.es/

Saúdos