Páginas vistas en total

jueves, 26 de marzo de 2015

CONCURSO: "NÓS LEMOS, E TI?"


CONCURSO  DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL   2015

“Nós lemos, e ti?” 

Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL (2 de abril), a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, xunto coas súas catro seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso “Nós lemos, e ti?”.
 

PARA PARTICIPAR:
 
  1. Poden participar todos os lectores e lectoras que estean cursando Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou dende a biblioteca.
  2. Reunir membros da familia ou amigos que queiran participar.
  3. Escoller un libro en galego cada un e co móbil ou cunha cámara facerse unha selfie. É imprescindible que se vexan os libros.
  4. Deberá acompañar á selfie un breve texto explicando o motivo polo que o/a participante escolleu ese libro. Tamén deberá constar o nome e apelidos do/a participante, o domicilio, poboación, teléfono, ano de nacemento e nome do centro docente ou biblioteca, do titor/a ou bibliotecario/a, domicilio, poboación, teléfono e correo electrónico. 
  5. Os centros docentes e bibliotecas deberán seleccionar un máximo de tres traballos por curso segundo o seu bo criterio e entregalos directamente ou ben remitilos por correo postal ou correo electrónico antes do día 2 de abril aos seguintes enderezos en función da súa residencia:
GÁLIX. Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil
      Centro de Emprendemento Creativo de Galicia. Cidade da Cultura de Galicia. 
Monte Gaiás, s/n. 15707 Santiago de Compostela. Tel.: 881 99 61 09 galix@galix.org 

  1. Establécese un premio para cada unha das seguintes categorías e ámbito lingüístico:
   Primeiros lectores (1º, 2º e 3º de Primaria)
   Lectores avanzados (4º, 5º e 6º de Primaria)
   Superlectores (1º e 2º de Secundaria).

Cada un dos premios estará dotado cun diploma e lote de libros para os premiados e a entidade (biblioteca ou centro docente) que presente os traballos. 

  1. O xurado cualificador estará integrado por representantes de cada unha das seccións de OEPLI.
  2. O fallo do Premio terá lugar no mes de xuño e a entrega dos premios será nas sedes de cada unha das seccións da OEPLI.
  3. Non serán devoltos os orixinais aos seus respectivos autores e autoras unha vez rematado o concurso. A OEPLI poderá empregar as selfies gañadoras en diferentes soportes e usos relacionados co DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, sen que este feito dea dereito a retribución algunha  para os concursantes. Será imprescindible enviar a correspondente autorización dos pais/titores para a súa reprodución e difusión na páxina web e facebook da Organización.
  4. A simple presentación de orixinais para o concurso supón a aceptación e conformidade coas presentes bases.
______________
 
 O calendario está un pouco apretado pero se desaxades participar podedes facelo antes do día 2 de abril a través do correo electrónico da biblioteca bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com.
 
 ¡Animádevos!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario