DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, 2 de abril

Como xa sabedes, o día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil para conmemorar o nacemento de Hans Christian Anderse. A OEPLI, xunto coas súas catro sección - Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil-ClijCAT, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil-GÁLIX, e Galtzagorri Elkartea-, como todos os anos quere conmemorar ese día con todos os alumnos de Primaria e 1º Ciclo de Secundaria de Galicia e para isto convocaron o concurso Nós lemos e ti? que xa colgamos neste blog.
 
 
Como membros do IBBY e coa intención de que en todos os países do mundo se celebre o Día Internacional do Libro Infantil colgamos aquí a mensaxe "Muchas culturas una historia" da escritora MARWA OBAID e o cartel de NASIM ABAEIAN que este ano preparou a sección de Unión de Emiratos Árabes do IBBY e que, coa versión nas catro linguas oficias atoparedes na web da OEPLI.
 
"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias"
Historias internacionais… historias tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe… unha princesa… e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán
Inmutábeis durante séculos
Acompáñannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
Pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha única historia."
 
Escrito por: Marwa Al Aqroubi
Traducido ao galego por Antía Marante e Sabela González.



Un saúdo

 

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS