FEMINISMO E MÚSICA

 "A historia das mulleres na música foi ata tempos recentes unha historia non dita: as instrumentistas, as directoras, as mecenas, as compositoras non aparecían nos libros de historia, nin as súas obras eran tocadas nos concertos, nin atopábamolas nas tendas de discos. A musicoloxía feminista xurde nun principio para enmendar esta carencia"
 
 A musicoloxía feminista interésase polos temas que ata fai ben pouco eran marxinais nos estudos sobre música: as mulleres compositoras, intérpretes, o público femenino, as representacións de xénero... Mais tamén supuxo un cambio de perspectiva para abordar temas clásicos da música. Na obra "Feminismo e música. Introducción crítica" (Madrid: Narcea, 2003) a profesora de Historia da Música Universal da Univerdidade de Girona, Pilar Ramos López, desenvolve unha introdución a esta proposta de análise.
 
 
Unha obra literaria destaca entre todas: é "Feminine endings; music, gender and sexuality" (2001), de Susan Mc Clary. Velaquí preséntanse os obxectivos e o xeito de proceder desta corrente de pensamento.
   En 1991 "Feminine Endings" foi controvertible pola súa mestura sen  precedentes de crítica cultural e estudios musicais, un acercamento que foi chamado "a Nova Musicoloxía".
McClary fai unha ollada a varias composicións  a través dos ollos dunha musicóloga, filtrado a través de ideas feministas. A través de casos de estudio que abarcan desde o canónico -operas de Monteverdi e Bizet- ata o contemporáneo -a arte interpretativa de Diamanda Galas e a canción popular como Madonna e Laurie Anderson- Susan McClary céntrase no xeito do que a música produce imaxes de xénero, desexo, pracer... e explora as metáforas baseadas no xénero que circulan sobre a música (Sarah Beaudoin). 
Según algúns é interesante e deixa moito traballo de campo feito para que outros estudiosos o refinan mais algunhas críticas expoñen que parte do que fixo só foron conxecturas, e ás veces parece saltarse as obvias explicacións sociais con pouco máis que evidencias anecdóticas.
 O traballo agora clásico, presenta unha nova introdución que trata a crítica recepción que recibiu e o debate que inspirou. 
 
 
Para curiosear máis: http://www.uned.es / http://canal.uned.es

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS