Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2015

IV CONCURSO DE BANDAS SONORAS "TÓCAA OUTRA VEZ, XAN"

Imaxe
O IV Concurso de Bandas Sonoras " Tócaa outra vez, Xan " organizado polo ANPA foi todo un éxito tanto polo número de participantes -un total de 130 alumnos/as- como de público que estivo  moi entregado ó longo das dúas horas do concerto nun Auditorio cheo.    No seguinte enlace tedes o programa: anverso  y reverso    Había tres categorías : Grandes Agrupacións Grao Profesional Grao Elemental    Todos os participantes do concurso levaron de recordo unha bolsa e un diploma moi chulos. O primeiro e segundo postos ademais un premio en metálico de 100€ e 60€ respectivamente.    A continuación unha mostra do que aconteceu a cargo do  Peque Coro (a música da entrada corre a cargo do Taller de Música Moderna): West Side Story polo "Peque Coro" de Xan Viaño No seguinte enlace podemos disfrutar do video do concurso grazas ao ANPA. Unha bonita lembranza.  Por certo, aos gañadores atoparédelos no 00:59:47     CONCURSO BANDAS SONORAS

AXENDA CULTURAL NARÓN: Os tres porquiños, 10 de mayo

Imaxe
"Unha obra musical con bonecos a tamaño real"   Género : infantil Lugar del espectáculo:  Pazo da Cultura Duración : 50 minutos Precios:  Anticipada : 6.50 € / O día da actuación: 8.00 € Información de la billetera:   Domingo 10 de mayo a las 17:00 h. Público:   Infantil ou familiar ( a partir de 2 anos) +Info :  981 102 897   Máis información: Pazo da Cultura (Narón)

IV EDICIÓN "TÓCAA OUTRA VEZ XAN": venres 24 de abril ás 18:00

Imaxe
Esta tarde ás 18:00 no Auditorio do Conservatorio temos unha cita co cine: Estamos todos convidados

23 DE ABRIL: CURTAMETRAXE "The fantastic flying books"

Imaxe
Para conmemorar o Día do Libro subimos unha preciosa curta grazas á suxerencia dos profesores de piano Loreto Pérez e Santiago Ocampo .     ¿Cal foi o último libro que lestes? ¿Cal estades a ler? Feliz día do Libro

III MESA REDONDA DE MUSICOLOXÍA "XAN VIAÑO"

Imaxe
  Non volo perdades

23 DE ABRIL: COLABORACIÓN CA "CENTRAL LIBRERA"

Imaxe
Co motivo da conmemoración do Día do Libro, o vindeiro xoves 23 de abril na Biblioteca do noso Conservatorio, e ca colaboración do establecemento ferrolán "Central Librera"  haberá unha pequena exposición e venta de libros de temática musical que poden interesar a toda a comunidade educativa.    Piano, Historia da música, ópera...   Libros infantís e xuvenís, guitarra eléctrica, música popular urbana...   Os títulos e prezos son moi interesantes xa que sobre o P.V.P. o establecemento fará un 10 % de desconto. A exposición rematará o mércores 29 de abril.   Esperamos que sexa do voso agrado Feliz Día do Libro :)

OUTRA RECOMENDACIÓN DE ABRIL: LUCAS VIDAL (1984)

Imaxe
 O seu estudo de gravación está en Los Ángeles, ten máis de 14 bandas sonoras para Hollywood e cine europeo e apenas 31 anos. É madrileño e a música sempre estivo na súa vida pois o seu avó foi un dos fundadores de Hispavox . Estudiou cunha beca en Berklee College of Music , licenciouse con Summa Cum Laude e foise a Nova York, onde fixo estudos de posgrado na Juilliard.    Lucas Vidal. Fonte: www.isaachernandez.com/  Ten gravadas máis de 100 sesións con orquestra en Abbey Road Studios, AIR Studios, Praga, Los Ángeles, Kiev, España e outros. Ademais de música para cine tamén ten obras para ballet, colaborando co Boston Ballet.   Actualmente vive en Los Ángeles e divide o seu tempo entre a súa empresa " MUMO " (Music and Motion Productions) e "Chroma" en Venice (Los Ángeles) e Madrid.   Se queredes coñecer máis del propoñemos un enlace a IMDb  onde atoparedes a súa filmografía actualizada e outro a unha entrevista que lle fixeron onde fala da súa vi

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Imaxe
 Coma en anos anteriores, as Bibliotecas Escolares de Galicia celebran o Día Mundial do Libro coa edición dun pequeno marcapáxinas en forma de díptico que acolle un texto inédito, neste caso da escritora María Solar , sobre a maxia dos libros, con referencias literarias evocadoras de aventuras e viaxes. Agradecemos a María Solar a súa xenerosidade e a súa recomendación para este día: "Ás veces o destino está no libro que tes ao lado. Só tes que abrilo e gozar".    DÍPTICO DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2015

ESTUDO SOBRE BIBLIOTECAS ESCOLARES DO CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA

Imaxe
          Desde o  Consello Escolar de Galicia encargaron un estudo sobre as bibliotecas escolares na nosa comunidade, que se vai levar a cabo nos vindeiros meses, a través do ICE da Universidade de Santiago. Van facer chegar unhas enquisas a un número importante de centros (públicos e privados), e tamén a centros PLAMBE . Ademais, a uns 70 centros aproximadamente, van enviar persoas que van pasar a enquisa directamente e realizar entrevistas con responsable da biblioteca, equipo da biblioteca, equipo directivo, familias e alumnado.  Segundo parece, o estudo vai ter un carácter xeral, pero tamén vai recoller datos de forma específica sobre os centros PLAMBE.     Desde a Asesoría de Bibliotecas escolares cren que nestes días están empezando a chegar as cartas que envían desde o propio Consello Escolar de Galicia aos centros que van participar neste estudo, e que foron escollidos de forma aleatoria, tendo en conta que estivesen pr

TRIVIAL MUSICAL - Concerto do 30 de Abril

Imaxe
En estreita colaboración e grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 30 de Abril. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.     A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 27 de Abril (ata as 20:00 horas).  P REGUNTA GRAO ELEMENTAL

II CURSO DE MUSICOGRAFÍA DE BRAILLE

Imaxe
O Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra organiza este curso destinado ao profesorado de música de conservatorios, escolas de idiomas e docentes de música do resto das ensinanzas non universitarias. Máis información no enlace da páxina da Xunta onde atoparedes tamén a folla de inscripción:   II CURSO de musicografía de Braille . Para aqueles interesados ou curiosos pola musicografía Braille temos na biblioteca o seguinte volumen que foi doado por Ermitas García Ríos no 2009:     Referencia do fondo  na opac (Recursos Musicais: R.M 11; *R5112) Un saúdo

O RINCÓN DO COMPOSITOR: JOHN WILLIAMS

Imaxe
 Estes días e enlazando coa IV edición do concurso "Tócaa outra vez Xan",  o rincón do compositor estará dedicado ás Bandas Sonoras e á figura do compositor John Williams que tantas partituras ten compostas para o mundo do cine. O rincón do compositor: B.S.O e John Williams (1932- ) Gandalf e Dumbledore Os increibles Mike Wazowski saúdanos Frankenstein e Piratas do Caribe Sulley agoira a Fiona Jurasic Park Víchedes algunas destas películas? Lembrades algúns dos seus temas musicais? Algúns son moi coñecidos.   Ao carón de spiderman e na mesa atoparemos algunhas páxinas sobre o compositor protagonista do rincón John Williams : - A súa infancia e formación - A súa chegada ao mundo do cine - Sinfonías e outros traballos - Williams director de orquestras - Bandas Sonoras e galardóns recibidos - Os seus traballos para a televisión   Durante o tempo que estea o rincón das bandas sonoras se emitirán diversas películas en dúas panta

TRIVIAL MUSICAL: Concerto 14 de abril

Imaxe
Aínda quedan algunhas entradas sen adxudicar así que o prazo para concursar amplíase ata hoxe ás 18:00. Data: Martes 14 de Abril ás 20:30 Sala: Teatro Jofre     Jaeyeon Won, piano GANADOR CONCURSO INTERNACIONAL CIDADE DE FERROL 2014   Programa : L.v. Beethoven (1770-1827) Sonata para piano en Mi Mayor nº.13 F. Schubert (1797-1828) "3 Piezas para piano", D.946   pausa   W. A. Mozart (1756-91) Fantasía en do menor Kv.475 F. Chopin (1810-49) Sonata para piano nº 2 en si bemol menor        Máis información da programación en http://www.filarmonicaferrolana.es/    

ANPA: A FAMILIA FAGOTERA ESTREA SOPORTE

Imaxe
O xoves a Familia Fagotera estreou un soporte para seis fagotes grazas a colaboración de moitas persoas.   Sempre baixo as indicacións e supervisión da profe de fagote Patricia Castro Vazquez o ANPA diseñou e fabricou un soporte para seis fagotes único no mundo xa que os que hai nas tendas ou intert son para un máximo de tres.   Detalle do novo soporte para os fagotes Grazas tamén ao Conservatorio Xan Viaño que proporcionou ao ANPA parte do material para reciclar dunha pizarra vella. O ANPA mercou outro mouco material e as pezas en forma de ferradura as fixo un pai; así puido levarse a cabo este proxecto que era moi necesario pois as clases colectivas de fagote resultaban de alto risco -estamos a falar de que o fagote mais cativo non baixa dos 2000 €-  por carecer de soportes para tantos alum@s que estudan este curso na especialidade de fagote (14 nen@s ). 

PRESENTACIÓN DO CD "ENTRE TANGOS"

Imaxe
     O noso compañeiro Ximo Pallás Fuertes, profesor de contrabaixo, é integrante de EnClave xunto con Mateo Arnáiz (guitarra) e J. Miguel Castro (vibráfono). Aquí tedes a portada e interior do seu CD "Entre tangos": o precioso diseño gráfico corre a cargo de Fernando Castro e o repertorio -a través da figura central de Astor Piazzolla con 6 temas- amosa unha visión moi actual do tango instrumental.   Contenido: Astor Piazzola: 1. Adiós Nonino Máximo Diego Pujol: 2. Tando de Abril - 3.Milonga de Junio. Astor Piazzola: 4. Final Feliz - 5. Invierno Porteño - 6. La muerte del Ángel - 7. Oblivión - Suite Tango: Tango I e Tango II Carlos Gardel: 10. Volver Roland Dyens: 11. Tango en Skaï    A biblioteca dispón dun exemplar doado amablemente por  X i mo  que está dispoñible para empréstito. Lembrade que os audiovisuais tamén pódense prestar 5 días e que no caso de que o fondo aínda non estea catalogado -con tempo ¡lograrémolo!- os empréstitos a

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA - Concierto 10 de abril

Imaxe
Desde a biblioteca queremos lembrar o concierto de mañá  venres 10 de abril. Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana algúns de nosos/as alumnos/as xa teñen á súa entrada.      REAL FILHARMONÍA DE GALICIA   Sergio Alapont, director Paula Murrihy, mezzosoprano Programa:    J. Bautista (1901-61): Sinfonía breve P. Hindemith (1895-1963): Marienleben ( Sechs Lieder ) F. Mendelssohn (1809-47): Sinfonía nº 1  Máis información da programación en www.filarmonicaferrolana.es Un saúdo

Materiais dos Encontros PLAMBE15 e Ángel Carracedo

Imaxe
Os pasados 12 e 13 de marzo de 2015 celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2014/2015 , coa asistencia de 550 profesoras e profesores, responsables das bibliotecas escolares integradas neste programa da consellería.  En redEB , o espazo moodle de Bibliotecas Escolares de Galicia, están dispoñibles xa os materiais destes encontros, co fin de que os equipos de bibliotecas e todo o profesorado interesado poida acceder ás presentacións dos relatores e a outras informacións de interese sobre os contidos do programa.  Entre os materiais dispoñibles, a versión pdf do cómic VIVIR NO SOLO , con guión de Marilar Aleixandre, editado co gallo da celebración do ano 2015 como Ano Internacional dos Solos . Esta publicación, da Delegación Territorial da Sociedade Española da Ciencia do Solo en Galicia , coa colaboración do concello de Santiago de Compostela, foi distribuída nos encontros de forma que puidese chegar, en formato impreso, a t

TRIVIAL MUSICAL - Concierto 10 de abril

Imaxe
 Aínda quedan algunhas entradas sen adxudicar así que o prazo para concursar amplíase ata hoxe ás 20:00.  Un saúdo 

TRIVIAL MUSICAL - Concerto 14 de abril

Imaxe
En estreita colaboración e grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro martes 14 de Abril. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.     A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 13 de Abril (ata as 10:00 horas).  P REGUNTA GRAO ELEMENT