Páginas vistas en total

viernes, 17 de abril de 2015

ESTUDO SOBRE BIBLIOTECAS ESCOLARES DO CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA

 
 
 
 
 
Desde o Consello Escolar de Galicia encargaron un estudo sobre as bibliotecas escolares na nosa comunidade, que se vai levar a cabo nos vindeiros meses, a través do ICE da Universidade de Santiago. Van facer chegar unhas enquisas a un número importante de centros (públicos e privados), e tamén a centros PLAMBE. Ademais, a uns 70 centros aproximadamente, van enviar persoas que van pasar a enquisa directamente e realizar entrevistas con responsable da biblioteca, equipo da biblioteca, equipo directivo, familias e alumnado.  Segundo parece, o estudo vai ter un carácter xeral, pero tamén vai recoller datos de forma específica sobre os centros PLAMBE.
    Desde a Asesoría de Bibliotecas escolares cren que nestes días están empezando a chegar as cartas que envían desde o propio Consello Escolar de Galicia aos centros que van participar neste estudo, e que foron escollidos de forma aleatoria, tendo en conta que estivesen presentes os diferentes tipos de centros. É unha oportunidade para darlle visibilidade ao traballo nas bibliotecas escolares, e agardan que tamén aparezan recollidas as principais eivas, de forma que os responsables da administración autonómica (e a sociedade en xeral) teña unha fotografía fidedigna da situación, realizada por un axente externo como é neste caso a universidade e actúe en consecuencia.
    No caso de que nos toque participar, sería bo que os diferentes "axentes" (equipo directivo, familias, alumnado, equipo de biblioteca) cubríramos as enquisas requeridas. Desde a biblioteca vos mantendremos informados.
 
Un saúdo

No hay comentarios:

Publicar un comentario