TRIVIAL MUSICAL - Concerto 14 de abril


En estreita colaboración e grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro martes 14 de Abril. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 13 de Abril (ata as 10:00 horas).

 PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:  ¿Cantos pedais ten un piano?

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: ¿Cales son as funcións dos diferentes pedais do piano? (brevemente)

¡¡Moita sorte!!
 

                                   Abril                                       

Data: Martes 14 de Abril ás 20:30
Sala: Teatro Jofre 
 
Jaeyeon Won, piano
GANADOR CONCURSO INTERNACIONAL CIDADE DE FERROL 2014
 
Programa:
L.v. Beethoven (1770-1827) Sonata para piano en Mi Mayor nº.13
F. Schubert (1797-1828) "3 Piezas para piano", D.946
 
pausa
 
W. A. Mozart (1756-91) Fantasía en do menor Kv.475
F. Chopin (1810-49) Sonata para piano nº 2 en si bemol menor
 
 
  Máis información da programación en http://www.filarmonicaferrolana.es/
 
 Un saúdo
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS