Páginas vistas en total

domingo, 31 de mayo de 2015

CONCERTO DIDÁCTICO: PEDRO E O LOBO

O pasado xoves 28 de maio pola mañá o Conservatorio organizou un concerto didáctico con dous pases para escolares no Teatro Jofre.
 
Representación no Jofre o pasado xoves 28
 
 O ANPA colaborou co Conservatorio levando o decorado da posta en escena e grabando a representación.
 
Os artistas que fan "Pedro e o Lobo" posible
 
O vindeiro mércores 3 de xuño poderemos velos no Auditorio do Conservatorio "Xan Viaño" ás 20:30.
 
¡Animádevos!

sábado, 30 de mayo de 2015

ANPA: CAMISETAS PARA A PEQUE ORQUESTRA

 O xoves 28 de maio pola tarde, o ANPA fixo entrega á Peque Orquestra, dunhas camisetas para todos os seus membros.
 
Jorge Montes, director da Peque Orquestra, con Chacho e Carmela, membros do ANPA
 
Logo: "A Peque Orquestra do Xan Viaño"

 

jueves, 28 de mayo de 2015

PEQUE CORO: ACTOS DE CONMEMORACIÓN V ANIVERSARIO

 
O vindeiro venres 29 de maio ás 17:30 farase a plantación das cinco cereixeiras para conmemorar os cinco anos de vida do Peque Coro.
 Así mesmo, o sábado 30, día da grabación do seu CD de recordo, ás 10:45 farase entrega e colocación no vestíbulo do Conservatorio dunha placa en honor ao Peque Coro.
 Estamos todos convidados a asistir e participar nos actos.
 
Saúdos

miércoles, 27 de mayo de 2015

ENCUENTRO DE MÚSICA Y ACADEMIA DE SANTANDER

 
 Desde a "Fundación Albéniz"  envían os  avances da programación do “XV Encuentro de Música y Academia de Santander. Cantabria 2015” e o calendario do “XVIII Concurso Internacional de Piano de Santander”. 
 
 
 
 A información contida na documentación está suxeita a cambios polo que recoméndase consultar a programación na prensa diaria local mais en: www.encuentrodesantander.es  e www.concursodepianodesantander.com
 
 Para cualquera información adicional ou dúbida:
 
Marta Ruiz Rodríguez
Fundación Albéniz Santander
Concurso Int’l de Piano de Santander
Administración
Hernán Cortés 3 - entlo. 39003 - Santander  (España)
Tlf: +34 942 311 451      Fax: +34 942 314 816

CURSO DE INTERPRETACIÓN CORAL: DAVID AZURZA, 15-17 DE MAIO

 O curso de interpretación coral impartido por David Azurza entre os días 15 e 17 de maio e organizado por Teresa Castrillón Díaz (Xefa do Departamento de Linguaxe Musical) foi todo un éxito.
 Había dous categorías para inscribirse nel: a de coralista, na que participaron 50 nenos e nenas e a de interpretación na cal inscribíronse una ducia de mestres.
 O resultado deses tres días de curso puidémolo disfrutar o domingo ao mediodía, cun pequeno concerto dos participantes e dirixido por David Azurza. Cóntannos que o público gozou moitísimo e incluso foron partícipes cun dos temas que cantaron seguindo as indicacións de Azurza.


 
Dous momentos da actuación
 
 O acto rematou coa entrega duns preciosos detalles tanto a David Azurza como a Alexandra Pita (pianista acompañante).
A continuación subimos un video con un tema do concerto editado polo ANPA: "Mantxakun"

lunes, 25 de mayo de 2015

PEQUE CORO: CONCERTO V ANIVERSARIO

 O pasado 7 de maio ás 19:00 no Auditorio do noso Conservatorio tivo lugar o concerto que deu o Peque Coro polo seu quinto aniversario.

 
 
 Comentaremos que o Auditorio quedouse pequeno para todo o público que asistiu e que foi moi emotivo. Ao longo do programa foron acompañando ao peque coro -ademais do piano de Alexandra Pita- antigos peque coristas cos seus instrumentos. Case ao final do concerto, a súa directora tiña unha sorpresa para todo o Peque Coro pois os profes subiron ao escenario e cantaron xunto con eles "The sun is shining", unha canción moi especial para o coro.
 
A continuación colgamos un par de videos editados para a ocasión polo ANPA: primeiro o tema "Can you hear me?" de Bob Chilcott, unha peza moi coñecida no mundo coral que fala dun neno xordo que se comunica con nós a través do movemento das súas máns, con acenos; a continuación "Vois sur ton chemin".
 
 


Preciosa celebración

martes, 19 de mayo de 2015

TMM EN CONCERTO: Xoves 21 ás 20.00

 
O rincón anuncia algo importante: tralo seu primer posto no IV Concurso de Bandas Sonoras volve TMM
 
21 de maio ás 20:00 Audición no Xan Viaño
29 de maio ás 12:00 Trasancos / Telleiras
 

 
Estamos todos invitados

lunes, 18 de mayo de 2015

TRIVIAL MUSICAL - Concerto 21 de maio (amplíase o prazo)

Aínda quedan algunhas entradas sen adxudicar así que o prazo para concursar amplíase ata mañá ás 20:00

 
                                    Maio                                                 


Data: Xoves 21 de Maio ás 20:30

Sala: Auditorio
Orquesta Sinfónica de Galicia

Orquesta Joven
ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA Y ORQUESTA JOVEN  
Dima Slobodeniouk, director
Barbara Hannigan, soprano
 

Programa:
H. Abrahamsen (1952- ): Let me tell you
C. Monteverdi (1567-1643): Ave Maris Stella
O. Respighi (1879-1936): Pinos de Roma

viernes, 15 de mayo de 2015

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O mércores tivo lugar no Auditorio do Conservatorio a celebración do Día das Letras Galegas 2015 organizado polo noso ENDL. No acto estreáronse as obras ganadoras do concurso de composición e fixéronse entrega dos premios.

 Manuel Rei Romeu, autor de Alfonso Daniel Castelao dedicounos unhas palabras no exemplar que donou á nosa biblioteca.

Manuel Rei Romeu: Alfonso Daniel Castelao, Ed. A nosa terra.

"A todas as persoas interesadas na obra de Castelao, usuarios desta Biblioteca.
Con agradecemento e agarimo, esta interpretación "esencial" da súa vida e obra.
Ferrol, maio de 2015"
 
Moitísimas grazas ao autor e ás demáis persoas que organizaron e participaron no evento.

Galería de imaxes
 


 
 


 
Durante un tempo estivo na entrada do Auditorio una "Proposición de lei, por iniciativa Lexislativa Popular sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Castelao polo pobo galego" para a recollida de firmas.

martes, 12 de mayo de 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 
"VEN Á CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS!
Tocarán Cristian, Crisanto e Andrés Pazos entre outros.
Explicarán algúns cadros do noso querido Castelao.
Entregarán os premios do Concurso de Creación Musical.
¡¡Non o perdas!! O Mércores 13 de Maio ás 17:00"
 
 
 
Estamos todos invitados
 

ANPA: DÍAS DAS LETRAS GALEGAS (17 maio)


¡O rincón xa transformouse para celebrar o Día das Letras Galegas!
 
Á esquerda temos unha bandera de Galicia que por certo a costureira foi unha nai do centro (Esther López). Sobre a mesa hai unha pequena mostra de instrumentos típicos como tarrañolas e unha pandeireta (cedidas por Catuxa, profe de Linguaxe Musical e directora do Peque Coro) e unha gaita, un pandeiro e un tamboril (cedidos polo seu pai). Tamén unha lechera cedida por outra nai (Mar Iglesias López)
 As preciosas esculturas son do escultor Piñeiro que ten a galeria de arte en Naron  (Ciudad Europa)

O adorno floral consta de toxo, camelia, cornetas, xesta, carballo, castaño, margaritas, loureiro
ruda, menta, ortiga e lavanda, todo flora autóctona de Galicia.
 Na mesa atoparedes diversos libros en galego. Se queredes podedes sentarvos no orixinal banco-piano a ler un pouco.
 
Feliz Día das Letras Galegas

NOVO FONDO: Choven palabras no futuro

 
Desde a Secretaría Xeral de Cultura achegan ao noso centro un exemplar da obra Choven palabras no futuro, o libro que conmemora o 25 aniversario de Gálix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, froito da colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a propia Gálix.
Na creación desta obra participan 25 autoras e autores galegos relevantes na literatura xuvenil e infantil como Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz, Xosé Neira Vilas, Marilar Aleixandre, María Solar ou Xosé A. Perozo, e ilustradores como David Pintor e Xosé Tomás.
Agardan que este exemplar poida ser empregado tanto polo alumnado como polo profesorado e que contribúa á difusión e ao recoñecemento da literatura infantil e xuvenil galega.
 
O exemplar xa está disponible para empréstito na sección Infantil (I 64).

miércoles, 6 de mayo de 2015

O PEQUE CORO FAI 5 ANOS

Estes días "o rincón" estará dedicado ao "Peque Coro" pois fai xa cinco anos desde que comezou a súa andaina.
Atoparedes tres fotografías enmarcadas  do Peque Coro, un resumo da súa actividade estes anos, recortes de periódicos, programas, ... e agradecementos do ANPA a súa directora Catuxa Pita e pianista acompañante Alexandra Pita.


Para celebralo mañá xoves 7 de maio darán un concerto ás 19:00 no Auditorio de Conservatorio:
 
Parabéns Peque Coro

martes, 5 de mayo de 2015

TRIVIAL MUSICAL - Concerto do 21 de Maio


En estreita colaboración e grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 21 de Maio. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 18 de Maio (ata as 20:00 horas).

 PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: 

¿Cómo chámase este símbolo musical e qué fai nunha partitura?

 
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL:
Unha das obras do programa do concerto do día 21 non corresponde ao século XX, ¿saberías a qué estilo musical pertence?
 

¡¡Moita sorte!!
 

                                   Maio                                

Data: Xoves 21 de Maio ás 20:30
Sala: Auditorio
Orquesta Sinfónica de Galicia

Orquesta Joven
ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA Y ORQUESTA JOVEN  
Dima Slobodeniouk, director
Barbara Hannigan, soprano
 

Programa:
H. Abrahamsen (1952- ): Let me tell you
C. Monteverdi (1567-1643): Ave Maris Stella
O. Respighi (1879-1936): Pinos de Roma



  Máis información da programación en http://www.filarmonicaferrolana.es/


Sáudos