O PEQUE CORO: NO BICO UN CANTAR

  O pasado venres 5 de xuño o "Peque Coro" participou na tercera edición de "No bico un cantar", un impulso que desde 2013 a Consellería estalle a dar ao mundo coral infantil.
Cada edición está dedicada a un poeta galego ilustre: hai tres anos estivo dedicada a Rosalía de Castro, o ano pasado a Curros e este ano o poeta elixido foi Ramón Cabanillas.
 
 A viaxe comenzou o pasado día 5 de xuño venres, ás 8:40 horas, partindo  a expedición desde noso conservatorio en dous buses. Acompañaron ao "Peque Coro" Paco, Marcos, Begoña, Sonia, Catuxa e Alexandra.
 O ANPA fixo un DVD para a viaxe co cal poideron disfrutar da representación de "Pedro e o Lobo", así como do concurso integro de Bandas Sonoras e a celebración das Letras Galegas; así pasaron a viaxe moi acomodadiños.
 
A chegada a Cambados foi sobre a hora prevista -as 10:30 horas-, e levaronlles ao "Salón de Peñas" onde proporcionaron aos coristas camisetas, gorras e o programas coas partituras.
 
   Chegada dos peque coristas

Gorras e camisetas

A continuación, ensaiaron ata  preto das 13:00, e a continuación leváronlles a que coñeceran Combados pasando por Torre de Lobeira na praia. Despois regresaron ao Salón Peña onde xantaron.
As condicións meteorológicas foron excepcionais, rondado os 30 grados e un ceíño ben azulado. 
A organización tíñalles preparado unha viaxe en catamarán para pasear pola ría, visitar as bateas de mexillóns, e mesmo dar de comer ca man ás gaibotas en pleno vó.
Viaxe en catamarán

 Despoís dunha hora de travesia regresaron ao porto e desde alí foron a pé polo pobo ata chegar a Praza de Fefiñáns, onde quitaron fotos, e donde nun principio ía ser o lugar do concerto. A organizacion optou por celebrala nos Xardíns de Torrado, xa que o sol e a calor que facían eran moi elevados.
O Peque Coro na Praza de Fefiñáns
O concerto realizouse en ditos Xardíns de Torrado, onde achegáronse  unha ducia de fans do Peque Coro dende Ferrol.
Fans apoiando ao Peque Coro
 Ao rematar o concerto,  tomarón alí mesmo a merenda.
O Peque Coro chegaba as 22:00 a Ferrol moi felices e contentos.
En palabras do noso subdirector Marcos Galán a organización "foi excelente" e miraron moito polos nenos.

 Por certo, unha bonita sorpresa: á nosa querídisima  Catuxa adicáronlle un dos poemas cantados de Ramón Cabanillas, "Fala unha laverca..."   
 
 
Video editado polo ANPA da visita a Cambados
 
 

Comentarios

  1. Grazas ós fans que sempre nos amosan o seu cariño e entusiasmo!

    E que faríamos sen toda a loxística da ANPA! Fotos, gravacións...ata edición de divertidísimos vídeos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

GRANDES LECTORES 22-23