TRIVIAL MUSICAL. Concerto 5 de novembro

Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 5 de Novembro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro martes 3 de Novembro (ata as 10:00 horas).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: Unha pregunta de linguaxe musical. Define armadura.
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: ¿Por qué é coñecida a terceira sinfonía como "Heroica"?
 
¡¡¡Moita sorte!!!


Novembro                                                                                               
Data: xoves 5 de Novembro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA

 
Rafael Payaré, director
Jean-Guihen Queyras, violonchelo

 Programa:
 
J. Sibelius (1865-1957): La hija de Pohjola
E. Elgar (1857-1934). Concierto para violonchelo en mi menor Op. 85
L. v. Beethoven (1770-1827): Sinfonía nº 3 “Heroica” en mi bemol mayor, Op. 55

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS