PRESENTACIÓN DO CD DO PEQUE CORO GRAVADO EN MAIO



O noso reportero do ANPA remítenos a crónica da presentación do CD do Peque Coro que tivo lugar o pasado 24 de Xuño.
 A directora do Peque Coro  Catuxa convocou aos pequecoristas para facer entrega do CD que gravaron en maio (no Auditorio José Arriola por Sergio Pena) así como da orla de fin de curso.
 O ANPA agasallou a Catuxa e a Alexandra, e como non aos nenos e nenas, cunha tarta de chocolate co logo do Peque Coro polo seu quinto aniversario e que deuse boa conta dela.
 
Tarta agasallo do ANPA
 Catuxa dedicou unhas palabras de agradecemento a todas as persoas que dunha forma ou outra fan posible que o coro siga adiante con tanto éxito. Tamén presentou o CD que con tanto agarimo fixérono. 
 
 Tamén quiso facer unha entrega especial á nosa compañeira e compositora da canción revelación da tempada o "Canon de Bego" Begoña Álvarez. Foi ovacionada cun gran aplauso.
 
Catuxa facendo entrega do CD a Bego
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS