Páginas vistas en total

jueves, 17 de diciembre de 2015

245 ANIVERSARIO DE BEETHOVEN


 
 Hoxe hai 245 anos que foi bautizado Beethoven e arriba tedes a simpática imaxe ca que google celebra o seu aniversario.
 
Ímolo celebrar enlazando cun concerto histórico en 1989 da súa 9ª Sinfonía. Se non tedes tempo para escoitala enteira, hoxe podemos dedicalo ao seu derradeiro e coñecido movemento "Coral" co texto do poeta Friedrich von Schiller (Ode an die Freude) [1:06 aproximadamente]...
 

miércoles, 16 de diciembre de 2015

PROGRAMA "BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS"

Fonte: edu.xunta.es


 ¿Eres alumno/a do Conservatorio e gustaríache colaborar na biblioteca?
 
Se estás interesado/a ou queres informate do programa podes mandar un correo a: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com cos teus datos para poder poñernos en contacto contigo.
Tamén podes falar directamente ca coordinadora (Águeda).


Prazo para apuntarvos no programa: 15 de xaneiro inclusive.
 
 
Abaixo enlazamos ca súa publicación na páxina de educación da Xunta:

martes, 15 de diciembre de 2015

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: I CICLO DE PROXECCIÓNS AUDIOVISUAIS, 15 de decembro

Sala Audiovisual Biblioteca Municipal Central
(Plaza de España, nº 2)
 
Día 15 de decembro de 2015 - 19:30 h
SERGEI PROKOFIEV (1891-1953)
Sinfonía nº 1 Op. 25 Classical
 
ALFRED SCHNITTKE (1934-1998)
Concierto para viola
 
PRESENTACIÓN E COLABORACIÓN
 
JOSÉ MANUEL MARTÍNEZ GARCÍA

ANPA: CAMISETAS PARA A PEQUE BANDA

 
Este é o precioso logo deseñado para a Peque Banda.
A deseñadora é unha nai profesora de debuxo; aproveitando o seu bo facer o ANPA encargouna o logo e este é o xenial resultado.
 
Marta González Pérez, nai duns dos rapaces da Banda, ensina a súa creación.
 
 Esta foi a entrega das camisetas aos profesores da Peque Banda: Javi, Soraya e mais Óscar.
Noraboa a tod@s polo traballo.

lunes, 14 de diciembre de 2015

ANPA: FELIZ NADAL 2015


Así quedou a decoración do vestíbulo feita polo ANPA para desexar un Feliz Nadal.
 
Xan Viaño na estela de Nadal

"Selfies Navideños: realiza con tus amigos un selfie navideño y envíalo por wasap al ANPA. Lo colocaremos en el vestíbulo del conser a modo de tarjeta navideña"

Animádevos ;)

Este foi o resultado:

 

sábado, 12 de diciembre de 2015

CONCERTO DE NADAL 2015


O vindeiro xoves 17 de decembro ás 20:00 no Auditorio de Ferrol haberá o concerto de Nadal deste ano no que participarán a Peque Orquestra, a Peque Banda, o Taller de Música Moderna e a Banda de Grao Profesional. Estamos todos invitad@s.
Se o desexades tamén podedes colaborar na recollida de alimentos para o banco de alimentos Rías Altas de Ferrol.

 Máis información no Facebook do Conservatorio

sábado, 5 de diciembre de 2015

II CONCURSO DE DEBUXO E CONTOS "MÚSICA PARA A PAZ"

 "O equipo de Dinamización de Convivencia do CMUS "Xan Viaño" de Ferrol, en colaboración co ANPA, convoca o II Concurso de Debuxo e Contos "Música para a Paz" que pretende difundir a importancia da música como linguaxe universal e transmisor dos valores de paz, convivencia, amor e igualdade".

 Consultade as bases e animádevos a participar. Tedes ata o 20 de xaneiro (inclusive) para participar e todos os participantes recibirán un agasallo.

miércoles, 2 de diciembre de 2015

ANPA: ENTRADAS PARA CONCERTO

O ANPA ten a voso dispor 20 entradas cedidas pola ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA para o concerto do día 12-12-2015 ás 20 horas no PALACIO DA ÓPERA DA CORUÑA
 
 
Pedídeas no: anpaxanviano@gmail.com
 

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: I CICLO DE PROXECCIÓNS AUDIOVISUAIS


Sala Audiovisual Biblioteca Municipal Central
(Plaza de España, nº 2)
  
Día 3 de decembro de 2015 - 19:30 h
JOHANN S. BACH (1685-1750)
La pasión según San Juan
(Muerte de Jesús y sepultura)
 
Tolzer Knabenchor. Director: Gerhard Schmidt-Gaden
Concertus Musicus Wien. Director: Nikolaus Harnoncourt
 
Día 10 de decembro de 2015 - 19:30 h
WOLFGANG A. MOZART (1756-1791)
Réquiem
 
Día 15 de decembro de 2015 - 19:30 h
SERGEI PROKOFIEV (1891-1953)
Sinfonía nº 1 Op. 25 Classical
 
ALFRED SCHNITTKE (1934-1998)
Concierto para viola
 
PRESENTACIÓN E COLABORACIÓN
 
JOSÉ MANUEL MARTÍNEZ GARCÍA