Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2016

30 DE XANEIRO: MÚSICA X SIRIA

Imaxe
  No Conservatorio atoparedes fotografías de  Gabriel Tizón , para non esquecer... Fonte: http://gabrieltizon.com/  co permiso do autor  

TRIVIAL MUSICAL. Concerto 15 de febreiro

Imaxe
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro luns 15 de febreiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “ TRIVIAL ”.   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as   A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro venres 

30 XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Imaxe
Fonte:  Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura   Nestes días que as bibliotecas escolares seleccionan materiais para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a  Paz, lembramos que Mamá Cabra e Carmen Gil acaban de publicar o libro-disco A bruxa Discordia. Cancións para a paz na coleccción Sonárbore da Editorial Galaxia . As ilustracións son de Iria Fafián. Galaxia explica que, no contexto social actual, A bruxa Discordia constitúe un álbum ateigado de valores positivos pensado e desenvolvido tendo en conta as necesidades dos nenos e nenas. Mensaxes como a importancia de compartir, de respectar ao próximo ou de convivir en harmonía escritas na súa propia linguaxe e transportadas a través dun dos vehículos máis eficaces: a música. Material ben acaído para os primeiros lectores e para acompañar no Día da Paz. Velaquí unha mostra das cancións que inclúe o libro-disco:   Baile da paz Esta é a danza da esperanza, danza capaz de sementar pa

CONVICENCIA XUNTO CO ANPA: DÍA DA PAZ

Imaxe
O Equipo de Dinamización de Convivencia mailo ANPA organizan hoxe o " VI Música para a Paz " e durante hoxe e o vindeiro xoves haberá actuacións no noso Auditorio. Tamén recóllense alimentos para a Cocina Económica de Ferrol     Os socios do ANPA tamén queren agradecer á Dirección do Conservatorio o seu apoio, axuda e colaboración.   Galería de imáxenes   O recuncho de entrada   O arco deste ano      No atril atoparedes toda a información da celebración    A cristaleira do Auditorio  E no primeiro corredor os/as alumnos/as puideron deixar a súa mensaxe persoal:    

30 XANEIRO: DÍA DA PAZ, PREPARATIVOS

Imaxe
O pasado venres, 22 de xaneiro os socios do ANPA  se organizaron para decorar o Auditorio do conservatorio  Xan Viaño e deixalo listo para conmemorar o Día da Paz . Nais , pais e alumnos/as dende as 15:00 ata 18:00 horas, apaixonados, alegres e moi entregados traballaron arreo. ¡Fixeron un traballo magnifico! Aínda nos teñen algunha sorpresa máis que veremos este luns...   Galería de imaxes  

TRIVIAL MUSICAL. Concerto 5 de febreiro

Imaxe
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro venres 5 de febreiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “ TRIVIAL ”.   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as   A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: PROGRAMACIÓN 2016

Imaxe
A "Sociedad Filarmónica Ferrolana" envíanos a programación de concertos de xaneiro a maio deste ano, que completa a tempada 2015-16.  Desde a Sociedade esperan que o esforzó feito para acadar este nivel de concertos sexa do interés de todos.  Podedes descargar a programación no seguinte enlace: Programación 2016

NOVA DOACIÓN: MATERIAL DE COMPOSICIÓN E LITERATURA MUSICAL

Imaxe
   Grazas ao que foi noso compañeiro e profesor de Linguaxe Musical, Carlos Lara Coira , podemos aumentar os nosos fondos das materias de composición e literatura musical.    Os títulos cos seus correspondentes signaturas son:    - Baricco, Alessandro: Barnum (LI.MU 94) - Fischer-Dieskan, Dietrich: Texte deutscher lieder (LI.MU 95) - Fuchs, Viktor: Die Kunst des Singens (LI.MU 96) - Grosvenor & Meyer: Estructura rítmica de la música (CM.A 27) Kuhn, C.: Historia de la composición musical (CM.C 17) - Formes & Wilbrandt: Contrapunto creativo (CM.CO14) - W. Piston: Armonía (CM.H 20) - de la Motte, Dieter: Armonía (CM. H(1) y (2) - López García, J. L.: Conjunto coral (CR56)    Xa están disponibles para o empréstito. Podedes consultar o resto do catálogo na páxina da OPAC

RECOMENDACIÓN XANEIRO: CRISTIAN SILVA, EGO

Imaxe
  Carátula do CD: "Ego" O noso compañeiro e profesor de gaita  Cristian Silva  lanzou este pasado decembro o seu primeiro disco en solitario. Contenido : I. A insignificante historia do home astronómico II. - Alma de Inverno III. - Cantos roubados IV. - Teño medo dela V. - O conto do pequeño batedor VI. - Momento pop para Marzo VII. - Arrieiros VIII. - Madames IX. - Silva verde X. - Encélado de sal    Só ao ler as letras, comentarios e dedicatorias todo o CD rescende sinceridade e moito traballo. Unha sorte de "ego sum qui sum" [e aquí tédesme].    Para os que queirades ler máis sobre o CD, copiamos o enlace ca entrevista que lle fixera Montse Dopico. Praza Pública   Tamén a entrada que Marco Fernández fixo para o lanzamento do Videoclip: a insignificante historia do home astronómico .   Fonte: www.youtube.com   A biblioteca dispón dun exemplar doado amablemente por Cristian.

11 DE XANEIRO. DÍA DO USUARIO DAS BIBLIOTECAS

Imaxe
Fonte: Desayuno con libros (Facebook) PARA OS/AS QUE TIRAN PROVEITO DAS BIBLIOTECAS En xaneiro as bibliotecas galegas réndenlles homenaxe aos seus usuarios e usuarias Os andeis, libros, obradoiros e exposicións que acotío centran a actividade das bibliotecas cédenlles o 11 de xaneiro todo o protagonismo aos usuarios e usuarias, parte imprescindible deste servizo a prol da extensión da lectura e da información.   Fonte: Cultura de Galicia   Se visitades a páxina teredes enlaces a Axenda de Cultura onde está toda a programación para o Día do Usuario e Usuaria das Bibliotecas.

CONCERTO NAVIDAD 17 DE DECEMBRO

Imaxe
¡Xa temos a crónica do concerto de Nadal que algunhas das agrupacións do Conservatorio fixeron o pasado 17 de decembro no Auditorio de Ferrol!         Como sabedes participaron a Peque Orquestra, a Peque Banda, o Taller de Música Moderna e a Banda de Grao Profesional. O noso corresponsal salienta que foi un éxito de público e de calidade pois a pesar da xuventude dos membros da Peque Banda e da Peque Orchestra souberon estar á altura das circunstancias e dar o mellor deles. Por certo, Grao Profesional agasallou ao público cun bis: a marcha Radetzky :)   Galería de imaxes e algún video   Banda Grao Profesional dirixida por Marcos Banda Grao Profesional dirixida por Oscar Peque Banda dirixida por Oscar   Peque Orquestra dirixida por Jorge Peque Banda dirixida por Oscar Peque Orchestra Peque Orquestra TMM Plus co profesor Crisanto     Videos   Gravación da actuación TMM Plus     Gravación da Peque Banda   Gr

TRIVIAL MUSICAL. Concerto 28 de xaneiro

Imaxe
  Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 28 de Xaneiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “ TRIVIAL ”.   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, ¡iso esperamos!). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as   A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro l

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2016

Imaxe
Fonte: Asesoría de Bibliotecas Desde a Subdirección Xeral de Bibliotecas, da Secretaría Xeral de Cultura (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), edítase un cartel co Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2016 , no que se lembran algunhas das datas máis relevantes neste ámbito para o ano que comeza. A delicadísima ilustración é de Tania Solla     Máis información na fonte: Asesoría de Bibliotecas. Hora de Ler

FELIZ 2016

Imaxe
Fonte: Lecturalia ¿Comezástedes algún libro xa? ¿Algún disco?  ¡Feliz 2016!