Páginas vistas en total

martes, 26 de enero de 2016

30 XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Fonte:  Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura
 
Nestes días que as bibliotecas escolares seleccionan materiais para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a  Paz, lembramos que Mamá Cabra e Carmen Gil acaban de publicar o libro-disco A bruxa Discordia. Cancións para a paz na coleccción Sonárbore da Editorial Galaxia. As ilustracións son de Iria Fafián.
Galaxia explica que, no contexto social actual, A bruxa Discordia constitúe un álbum ateigado de valores positivos pensado e desenvolvido tendo en conta as necesidades dos nenos e nenas. Mensaxes como a importancia de compartir, de respectar ao próximo ou de convivir en harmonía escritas na súa propia linguaxe e transportadas a través dun dos vehículos máis eficaces: a música.
Material ben acaído para os primeiros lectores e para acompañar no Día da Paz.
Velaquí unha mostra das cancións que inclúe o libro-disco:

 Baile da paz

Esta é a danza
da esperanza,
danza capaz
de sementar paz.

Ombro con ombro
pódese todo.

Dá un taconazo.
levanta o brazo
e con donaire
dálle ao cú aire.

Colle a orella
da túa parella.
Faille cóxegas.
Ponte en crequenas.

Esta é a danza
da esperanza,
danza capaz
de sementar paz.

Agora dá un brinco,
ou mellor cinco!,
e tres palmadas
con gargalladas.

Logo ao compás
anda cara atrás.
E cara adiante,
coma un xigante.

Pinta un momento
paz no vento.
Grita un segundo:
"paz no mundo"
 
Fonte: Asesoría de Bibliotecas para Rede Lectura

No hay comentarios:

Publicar un comentario