TRIVIAL MUSICAL. Concerto 15 de febreiro


Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro luns 15 de febreiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro venres 5 de febreiro (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: cómo se chama este instrumento?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: en qué período estilístico clasificarías a Schubert?
¡¡¡Moita sorte!!!

 Febreiro                                                                                           

Data: luns 15 de febreiro, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre

 
QUARTETTO DI ROMA

Programa:

1ª Parte

W. A. Mozart (1756-91). Cuarteto K465 en Do mayor “Disonante”

F. Schubert (1797-1821). Movimiento de Cuarteto nº 12 en Do menor, D703

2ª Parte

G. Puccini (1858-1924). Los Crisantemos. Andante mesto

G. Verdi (1813-1901). Cuarteto en mi menor

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS