TRIVIAL MUSICAL. Concerto 28 de xaneiro

 
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 28 de Xaneiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.

 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.

 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, ¡iso esperamos!). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as

 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 25 de Xaneiro (ata as 10:00 horas).

 
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: interpretarase un concerto para piano en Fa Mayor, ¿saberías dicir cal é a súa armadura?

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Cal destas obras non compuxo Gershwin?

a.      Un americano en París

b.      L’Orfeo

c.       Porgy y Bess

¡¡¡Moita sorte!!!
 
 Xaneiro                                                                                                   

Data: xoves 28 de xaneiro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

 
ORQUESTA SINFONICA DE GALICIA

 Lorenzo Viotti, director

Dmitry Mayboroda, piano
 
Programa:
J. Rueda (1961-  ): Elephant skin
G. Gershwin (1898-1937): Concierto para piano en Fa Mayor
S. Prokofiev (1891-1953): Sinfonía nº 6 en Mi bemol menor, Op. 111

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS