Páginas vistas en total

lunes, 18 de enero de 2016

TRIVIAL MUSICAL. Concerto 5 de febreiro


Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro venres 5 de febreiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.

 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.

 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as

 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 1 de febreiro (ata as 10:00 horas).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: qué instrumento é?

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Cal das 9 sinfonías de Dvorak é conhecida como “a do novo mundo”? 

¡¡¡Moita sorte!!!

 Febreiro                                                                                           


Data: venres 5 de febreiro, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Antoni Wit, director

Alexandra Kuls, violín

Programa:

1ª Parte

A.     Panufik (1914-91). Lullaby (Canción de cuna)

M. Karlowics (1876-1909). Concierto para violín en La mayor Op. 8

2ª Parte
Dvorak (1841-1904). Sinfonía nº8 en Sol mayor Op. 88

No hay comentarios:

Publicar un comentario