Páginas vistas en total

lunes, 29 de febrero de 2016

RECORDATORIO TRIVIAL MUSICAL - Concerto 16 de marzo


Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro mércores 16 de marzo. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro mércores 9 de marzo (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: ¿dentro de qué instrumentos clasifícase o piano?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Brevemente, ¿qué diferencias hai entre un piano de cola e un piano vertical?
¡¡¡Moita sorte!!!

 
Marzo                                                                                                  

Data: mércores 16 de marzo, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
 CONCIERTO DE PIANO

Andrey Gugnin, ganador do Concurso Internacional de Piano “Cidade de Ferrol”

Programa:

1ª Parte

Vsevolod Zaderatsky (1891-1953). Preludio y Fuga en Re Mayor

Nikolay Medtner (1880-1951). Sonata Romántica

Mily Balakirev (1837-1910). Islamey

2ª Parte

Jean Sibelius (1865-1957). Piezas Op.85 nº 1, 3, 4; Op. 75 nº 2, 4, 5; Impromptu Op. 5 nº 5

F. Chopin (1810-49). 12 Estudios Op. 25

MÚSICA POR SIRIA. Algunhas actuacións e galería de imaxes

 
 
 Galería de imaxes e videos
 
Cia Campillo
 
Pablo Rodríguez
 
La habitación de la Música
Video: la Habitación de la Música
 
O Peque Coro do Xan Viaño

VI MÚSICA POLA PAZ. Algunhas actuacións e galería de imaxes

 Xa temos algúns recordos do Día da Paz. Se lembrades houbo actuacións durante toda a semana. Aquí recollemos algunhas delas xunto coa tradicional pequena galería de imaxes que intenta transmitir o bo ambiente que houbo.
Grazas un ano máis a todos os que participástedes dalgún ou outro xeito. 
 
 

 
Galería de imaxes
 
 
TMM Plus
 
Canon de Pachelbel

 Os Soldadiños da Paz

Noreia Hermida e Ariadna Landrove 

 Grupo Educación Auditiva 2
 
Momento poético

 Celia Casal                   Carlos Julián Fernández
 
 

viernes, 26 de febrero de 2016

CEDEIRA, 1 DE FEBRERO - Auditorio Municipal de Cedeira 18:00

O pasado 1 de febreiro tivo lugar unha audición dos/as alumnos/as de Conxunto e Música de Cámara do CMUS Xan Viaño no Auditorio Municipal de Cedeira.
 
Andrea Trillo, Eva Fernández, Iria Souto, Emma Urango (chelos)
Oda a la Alegría, Sinfonía 9 (Beethoven)
Juego de Tronos (R. Dawadi)
Bontok-Danza (Polaca)
 
 Iago e Pablo Pérez Pico, trompetas
Andante et Allegretto (G. Balay)

 Mireia Caamaño Fernández (acordeón) e Pablo González Campos (piano)
Gavotte (P. Martini)

 Lara Díaz (piano), Adela Cao (oboe) e Nicolás Filgueroa (fagot)
 Trío Sonata en Sib M (G.F. Haendel)

Iago Aneiros Mandia (acordeón) e José A.Folgueiras (violín)
En la ciudad e Audoxia pasando un río (populares rusas)

 Helga Magallanes (violín), Sara Pico (violín), Eva Somolinos (viola) e Ana García (chelo)
La Reina de Sana (G. F. Haendel)

 
 Sergio Malvar (canto), Vanessa Domínduez (arpa) e Crisanto Gándara (acompañamento)
"Aria de Orfeo" (Cristoph Willibald von Glück)

 Sara Permuy (canto), Diego Díaz (guitarra) e Crisanto Gándara (acompañamento)
"Romance de Durandarte" (Luys de Milán)

E tamén actuaron Sandra Novais (acordeón) e Raquel Pérez (piano) con "Vuelvo al sur" e "Libertango" de Piazzolla, Gavotte in G minor (J. S. Bach) e Bist du bei mir BWV 508 (J. S. Bach/ G. H. Stölzel).

jueves, 25 de febrero de 2016

lunes, 22 de febrero de 2016

NOVA DOAZÓN: AUDIOVISUAIS

Grazas a Teresa Castrillón, profesora de Linguaxe Musical, os audiovisuais da biblioteca increméntanse coa seguinte doazón:
 

Body Percussion, Método Bapne
Percusión corporal e inteligencias múltiples
Javier Romero Naranjo, Didáctica de la Percusión Corporal, 5 vols.

domingo, 21 de febrero de 2016

21 DE FEBREIRO: DÍA DA LINGUA MATERNA

O 21 de febreiro celébrase a instancias da UNESCO o Día Internacional da Lingua Materna

Fonte: Vlabstudio

Enlazamos cunha entrevista feita onte na Voz de Galicia a Ledicia Costas, que foi Premio Nacional de Literatura Infantil en outubro pasado. "Tamén é posible voar alto na nosa lingua"

viernes, 19 de febrero de 2016

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

O vindeiro 24 de febreiro estamos novamente de celebración.
 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contempla, dentro do Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2016, a data do 24 de febreiro como DÍA DE ROSALÍA, co gallo da conmemoración do nacemento da poeta (1837-1885), como unha forma festiva de lembrar a importancia da lingua (o 21 de febreiro celebrábase a instancias da UNESCO o Día Internacional da Lingua Materna), e homenaxear a esta escritora fundamental das nosas Letras.
 
 
E desde o blog da biblioteca enlazamos cun video de Amancio Prada musicando un poema de Rosalía "Adiós ríos, adiós fontes".
 

lunes, 15 de febrero de 2016

RECOMENDACIÓN DE FEBREIRO: B.S.O. "BUSCANDO A NEMO"

Fonte: YouTube.com
 
 ¿Coñeces esta película do ano 2003? Foi dirixida por Andrew Stanton e tivo tanta sona que este ano estrenarán unha secuela "Buscando a Dory".
 
"Buscando a Nemo" ten unha preciosa banda sonora ¿escoitáchela? Foi composta por Thomas Newman e nominada ese ano ao Óscar á mellor banda sonora orixinal.
 
 
 Enlazamos con dúas pequenas mostras da Banda Sonora: "Field Trip" e o marabilloso "Nemo egg" (tema principal)
 
Fonte: YouTube.com
 
Fonte: YouTube.com
 
Por se queres ler máis (e escoitar máis) sobre o compositor, aquí tedes un enlace: Las 10 mejores bandas sonoras de Thomas Newman

viernes, 12 de febrero de 2016

TRIVIAL MUSICAL. Concerto 16 de marzo


Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro mércores 16 de marzo. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro mércores 9 de marzo (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: ¿dentro de qué instrumentos clasifícase o piano?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Brevemente, ¿qué diferencias hai entre un piano de cola e un piano vertical?
¡¡¡Moita sorte!!!

 

Marzo                                                                                                  

Data: mércores 16 de marzo, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
 CONCIERTO DE PIANO

Andrey Gugnin, ganador do Concurso Internacional de Piano “Cidade de Ferrol”

Programa:

1ª Parte

Vsevolod Zaderatsky (1891-1953). Preludio y Fuga en Re Mayor

Nikolay Medtner (1880-1951). Sonata Romántica

Mily Balakirev (1837-1910). Islamey

2ª Parte

Jean Sibelius (1865-1957). Piezas Op.85 nº 1, 3, 4; Op. 75 nº 2, 4, 5; Impromptu Op. 5 nº 5

F. Chopin (1810-49). 12 Estudios Op. 25

sábado, 6 de febrero de 2016

"CITA IMPAGABLE"

 

"Quizá la medida de la lectura no debe ser el número de libros leídos, sino el estado en que nos dejan. ¿Qué demonios importa si uno es culto, está al día o ha leído todos los libros? Lo que importa es cómo se anda, cómo se ve, cómo se actúa, después de leer. Si la calle y las nubes y la existencia de los otros tienen algo que decirnos. Si leer nos hace, físicamente, más reales". Gabriel Zaid