Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2016

TRIVIAL MUSICAL. Concerto 8 de abril

Imaxe
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro venres 8 de abril. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “ TRIVIAL ”.   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as   A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 4

XIIº CONCURSO "XAN VIAÑO" DE CREACIÓN MUSICAL

Imaxe
  Fonte: google.es Os Departamentos de Composición, Linguaxe Musical e Música Tradicional organizan o XIIº concurso "Xan Viaño" de creación musical.  Os/as alumnos/as que querades consultar os seguintes fondos podédelo facer na biblioteca, dentro do seu horario:  * Cancioneiro Popular Galego (D. Schubarth y A. Santamarina) * Marcial del Adalid  * Cancionero Musical de Galicia de Casto Sampedro.   Podedes descargaros a información aquí:   Bases XII concurso "Xan Viaño" de creación musical  

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA - Concertos marzo

Imaxe
MARZO Día 16,  ANDREY GUGNIN ( ganador do Concurso Internacional de Piano “Cidade de Ferrol” 2015) Día 28, XOVE ORQUESTRA DA OSG     Non esquezades que grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir a cada un destes concertos.   Máis información da programación en http://www.filarmonicaferrolana.es/ Un saúdo

HOXE

Imaxe
  Fonte: MINISTERIO DE CULTURA. Instituto de la Mujer ESPAÑA. UCD. Ministerio de Cultura, Juventud y Deportes. CNF. Centro Nacional para el Desarrollo de la Mujer y la Familia. Anos 80

VIII Premios á Excelencia Musical 2013

Imaxe
Desde a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa envíannos este lote de Cds, froito da grabación efectuada nos estudios de grabación Mans de A Coruña polos artistas noveles premiados no " VIII Premio á Excelencia Musical 2013 " que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou en colaboración coa Fundación Paideia Galicia durante o mes de decembro de 2013.  Estes premios tratan de impulsar a promoción daqueles alumnos que rematas estudos nos conservatorios superiores de música de Galicia coas máximas cualificacións, co fin de premiar o seu esforzo e colabrorar ao seu desenvolvemento profesional cunha formación artística de calidade.  Desde a Dirección Xeral esperan que estas interpretacións, que representan o traballo que se está a facer dende os conservatorios sexan do noso agrado.   Contido:   - On air : Pablo Díaz Mera - Ciclos : Ricardo Alves Pereira Canción: Diego Neira Sinde e Daniel Zaca

ENCONTROS PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES, 7 e 8 de abril

Imaxe
Fonte: Bibliotecas Escolares de Galicia   Os días 7 e 8 de abril próximos celebraranse en Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares do curso 2015/2016, coa asistencia de 145 responsables de bibliotecas integradas no programa, na primeira xornada, e representantes da totalidade dos centros (575) xa na segunda xornada.  Este encontro anual do profesorado que xestiona e coordina as bibliotecas integradas no PLAMBE, serve para avanzar na formación deste colectivo e constitúe un espazo de reflexión, intercambio de experiencias e propostas arredor dos ámbitos de actuación da biblioteca escolar: a lectura, a información, a aprendizaxe. Abordaranse os retos educativos que a biblioteca debe enfrontar e as posibilidades que ofrece para o cambio metodolóxico imprescindible. Entre outras experiencias de interese presentaranse varios dos traballos galardoados no II Concurso de Traballos por Proxecto, coordinados ou co apoio da biblioteca escolar.  Acompañarán a

O 28 DE FEBREIRO, NO PAÍS SEMANAL

Imaxe
" Más fuertes y mejores  En el dolor, en la ansiedad, en las esperas y las desesperaciones, si cuentas con una buena lectura estás al menos en parte protegido", Rosa Montero Enlace a este pequeno artigo: Más fuertes y mejores, por Rosa Montero     Fonte: google.es. Foto de André Kertész (Asilo de Beaune, Francia, 1929)     Fonte: google.es. Holland House, Londres, tras los bombardeos de 1940

RECOMENDACIÓN DE MARZO: ALONDRA DE LA PARRA, directora de orquestra

Imaxe
Directora Musical da Orquestra Sinfónica de Queensland (Australia) para o 2016   Fonte: Youtube.com   "La Orquesta Sinfónica de Queensland anunció el nombramiento de la aclamada directora Alondra de la Parra como Directora Musical después de una búsqueda global.  Éste es el primer nombramiento de un Director Musical que realiza cualquier orquesta australiana. “Este nombramiento es un punto clave para la Orquesta Sinfónica de Queensland (OSQ)”, declarou Sophie Galaise, CEO da OSQ, “Nos coloca a la par de otras grandes orquestas del mundo pero además con nuestra primera Directora Musical hemos sumado a nuestro equipo a una líder musical que bien podría elegir trabajar con cualquier orquesta del mundo”, agregó la CEO."  Fonte: www.alondradelaparra.com Por se queredes ler máis, enlazamos un artigo da NBC:  Alondra de la Parra

TRIVIAL MUSICAL. Concerto 28 de marzo

Imaxe
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro luns 28 de marzo. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “ TRIVIAL ”.   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as   A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro mércores 1

CLUB DE FANS DO PEQUE CORO

Imaxe
 Xa hai un club de fans do "Peque Coro " e esta é a súa presentación en sociedade que fixeron no vestíbulo do Conservatorio.  Para todos aqueles que estedes interesados en coñecelos máis e/ou colaborar con eles copiamos un enlace á súa carta informativa do atril.   Carta informativa e contacto

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Imaxe
Fonte: MINISTERIO DE CULTURA. Instituto de la Mujer ESPAÑA. UCD. Ministerio de Cultura, Juventud y Deportes. CNF. Centro Nacional para el Desarrollo de la Mujer y la Familia.    " No limites su educación. Es una mujer del siglo XXI ". Este foi o lema dunha campaña publicitaria dos anos oitenta do Ministerio de Cultura a través do Instituto da muller co que se  traballaba na igualdade de xénero no eido do acceso á educación. Moito avanzamos mais compre seguir a traballar.   Co motivo do vindeiro 8 de marzo,  Día da Muller (co lema "Por un Planeta 50-50 en 2030: Demos el paso para la igualdad de género") desde o blog da biblioteca do conservatorio, eliximos esta alegre e á vez poderosa imaxe para conmemorar este día.   E así enlazamos ca recomendación deste mes: la directora de orquestra mexicana Alondra de la Parra Fonte: eleconomista.com    Por se queredes ler mais sobre mulleres na dirección orquestral, copiamos o enlace " Las mejores